XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

martes, 28 de abril de 2009

LÍDERES DO GRUPO B: BÉRTOA 1 ---- XUVENTUDE 6

Quen nos ía dicir a nos co ano que levabamos que a estas alturas estariamos liderando o noso grupo?, pois sí, aproveitando as circunstancias acaecidas, e tendo en conta a derrota do Camariñas en Buño, depois de derrotar en Paisaco por 1-6 aos de Bértoa, atopámonos con que somos líderes con tres puntos de ventaxe sobre o segundo. En fin, cousas do fútbol, a verdade é que o grupo meréceo por saber sofrir durante a liga. Non poido contar nada do partido porque non estiven nel, só dicir que marcaron ao parecer Jorge, Vega e Ramón, éste último parece ser o descubrimento  do noso mister  Tino, que según as informacións colocouno de interior e é todo un crack. Só me queda felicitar ao grupo por saber manter o tipo e polo menos acabar o ano con unhas cuantas victorias, que por outro lado tanta falla nos facían para subir un pouco a nosa autoestima.
Por outra banda parece que nos está a invadir un "virus de posters" porque segundo fuentes ben informadas,  nos dormitorios, salas de estar, pasillos e inclusive nalgún baño de moitas casas, están a aparecer carteles coma este, todo parece indicar que e unha mensaxe subliminal dun grupo de mulleres cansas de estar os domingos "viuvas en vida"..

4 comentarios:

CARIOCA dijo...

noraboa, ben que o merecedes. Ide mirando o aloxamento en Verdillo por si acaso.....

Vinte Renqueante dijo...

¿falamos de Ramón, o que antes xogaba de lateral? ése sempre foi un crack, dentro e fora do campo. non é ningún descubrimento. e creo que si o pon de dianteiro centro arrasa, seguro. enhoraboa pola racha.

Anónimo dijo...

Gracias aos dous. Reserva no Hilton Verdillo non a vamos a facer, porque seguro que non nos fai falla, ainda que nos fixera o noso tesoreiro dixo que nada...de nada....de acampada.....porque con estos últimos triunfos inesperados, non lle queda un can....foiselle todo en pagar as primas pactadas en tazas de viño. E sí o novo descubrimento de Tinoskov o noso adestrador foi a Ramón de interior...que seique corria coma unha moto gp pola banda e case lle acaba ca rede da porteria contraria...jejejeje un fenómeno....

susoxxl dijo...

enhoraboa polo trinfo estades facendo uha copa estupenda.
o de berdillo ¿ porque non ?
saudos amigos.