XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

domingo, 31 de mayo de 2009

CHURRASCADA O DIA 29 DE MAYO DE 2009

O prometido é deuda así que aquí vos deixo as fotos do venres 29.¡¡¡MENUDA CHURRASCADA!!!
Imagen

¡¡NON PUIDO SER!!!. XUVENTUDE 0 --- CORCUBION 1

Mañán infernal nas Eiroas pola calor que facía. Non nos sentou ben a churrascada do venres e por primeira vez en dous meses perdemos un partido. ¡E tiña que ser agora precisamente! O Corcubión gañounos 0-1 nun partido que eles dominaron na primera parte, sobre todo nos últimos quince últimos minutos donde conseguiron o gol por medio dun centro perfecto do seu interior dereita que rematou impecablemente Domingo. Xogada algo tonta na que non anduvemos pillos porque tocamos a pelota tres veces e non conseguimos quitala da área. Na segunda parte a posesión foi nosa, e creo que dominamos gran parte deste tempo, pero xogamos demasiado polo centro e pouco polas bandas. Faltounos profundidade e ainda que o dominio en algún momento foi intenso, pouco perigro creamos. Solamente contabilizar un par de ocasión que o porteiro circunstancial deles soupo atallar. Cerca do final eles poideron sentenciar a eliminatoria nun erro noso que afortunadamente non chegou a entrar. A nota negativa do partido foi a expulsión tonta de O Pelat Surribas que lle impedirá xogar a volta en Corcubión. A veces non comprendo aos árbitros....non señor..... . Non confundirse eh, nadie está dicindo que perderamos por culpa do árbitro, fomos nós os que non xogamos ben, pero mentras a algún xogador contrario o árbitro lle permite que lle meta a lengua na orella ata romperlle os tímpanos, e que lle protesten unha ...e outra, e outra vez......... a nós énchennos de tarxetas. Pese a éste revés aínda non damos a eliminatoria por perdida, quedan noventa minutos e non vamos a tirar a toalla fácilmente, non señor, quedaremos eliminados pero vamos intentar darlle a volta a tortilla o domingo. Esperemos que nos veñan más efectivos para o próximo encontro. Pronto vou a publicar as fotos do festorro do venres para que as disfrutedes. ¡¡Ánimo que aínda quedan noventa minutos de loita!!.

martes, 26 de mayo de 2009

INVICTOS NA FASE PREVIA: BUÑO 1 --- XUVENTUDE 1

Último partido da fase previa na que no nos xogabamos nada ningún dos dous equipos. Partido descafeinado que rematou con empate. 1-1. O noso gol, según me contan marcauno  o reaparecido Pallin de penalti, e parece que fallamos, outra vez, unha foliada de ocasións, pero iso é o de menos. Por primeira vez na curta historia de este equipo estivemos dez partidos sen perder. Que eu me acorde é a racha máis longa de partidos sen perder, ou sexa a balanza equilibrouse, porque case todos os anos temos os mesmos partidos gañados que perdidos, e este ano despois de estar once xornadas sen coñecer a victoria, agora levamos dez sen coñecer a derrota, e dicir na nosa línea. Vamos a ver o que nos depara o ano que ven en segunda división.
En cuartos de final tocounos o CORCUBIÓN un ex-campeón co que disputamos partidos memorables. Estoume a acordar dalgún partido no noso benquerido Vinculeiro Stadium no que non tivemos que ir a buscar a pelota nin unha sola vez o monte, e xa é difícil, eso fala moito e ben do trato dado ao balón. Esperemos que sean dous partidos bonitos, onde intentemos xogar o fútbol o millor posible. Se temos a sorte de pasar, outra semifinal, se non a temos, xa está máis que cumprida a tempada.
Recordar iso sí que esto xa é copa e que a eliminatoria e de polo menos 180 minutos.
XOGAMOS O DOMINGO AS 11,OO 
XUVENTUDE----CORCUBIÓN
CAMPO  DAS EIROAS (CARBALLO)
Para que quede para posteridade a única vez que somos campión de algo ainda que sexa dun grupo, ahí queda a clasificación, porque que coño ¿a quén non lle da gusto verse ahí arriba?
BUÑO
1
1
JV.BERGANTIÑOS
BERTOA
0
2
CORCOESTO
VIMIANZO
4
2
CAMARIÑAS
Equipos
Pts.
Jug.
Gan.
Emp.
Per.
GF
GC
1
JV.BERGANTIÑOS
24
10
7
3
0
31
10
2
BUÑO
20
10
6
2
2
20
14
3
CAMARIÑAS
15
10
4
3
3
26
15
4
VIMIANZO
10
10
3
1
6
24
27
5
BERTOA
9
10
3
0
7
18
32
6
CORCOESTO
7
10
2
1
7
9
30

viernes, 22 de mayo de 2009

ULTIMO PARTIDO DA CLASIFICACION: BUÑO -- XUVENTUDE EN BUÑO AS 11,00

O domingo toca xogar o último partido da liga clasificatoria do noso grupo no que realmente todo está decidido.  Partido propicio para xogar relaxados porque nin gañando nin perdendo se alterarán las posicións. Así que a disfrutar todo o mundo. Ata o domingo.

martes, 19 de mayo de 2009

XUVENTUDE 3 --- VIMANZO 1: CAMPIÓNS DE GRUPO

Este domingo tiven a sorte de presenciar e inclusive participar na victoria do equipo. No campo das Eiroas, campo grande donde os haxa, xogouse o domingo ás 10 da mañán un partido pasado por auga....inclusive o campo estaba encharcado nalgúns sitios....Sorte tiveron os rapaces que xogaban despois...porque ao xogar nós antes xa "lle pasamos o cilindro" e achicamos a auga da pozas. A última que quedaba no campo encargouse o noso benquerido Viliña de deixala coma o Sahara de seca ao espatallarse nela..aquilo parecía un "sunami". Indo ao partido marcamos por medio de Vega e eles empataron despois de recoller un rechace de Cuba como consecuencia de una falta directa. Primeira parte 1-1 aínda que as ocasións que tivemos de gol diante do porteiro deles foron un feixe ...Na segunda parte o mesmo tivemos 8 ou 9 ocasións de gol solos diante do porteiro pero non eramos capaces de metela no medio dos tres paus, ou a paraba o porteiro ou a tirabamos fora.  Finalmente foi Jorge o que marcaou outra vez dous caracolillos e puxo as cousas no seu sitio. Pouco máis tivo que contar  este partido no que fallamos más de 10 ou 15 ocasións de gol....foi de escándalo....O positivo é que volvemos a gañar e por primeira vez vamos a quedar de primeiros en algo, aínda que sexa nunha clasificación parcial de Champións-copa, pero menos da unha pedra, e desde logo para a traxectoria que levabamos este ano sinceramente é toda unha proeza ¿ou non?. De todo isto ten gran culpa o noso adestrador TINOSKOV que sempre creiu neste equipo pese aos malos resultados, pero tamén sempre estivo ahí, ao noso lado nos momentos malos, aguantando o chaparrón, sen desfallecer, e pouquiño a pouquiño, con uns sinxelos retoques nalguns posicións, pero cos mesmo xogadores que empezaron a liga, os froitos a súa tenacidade chegaron e ahí están os resultados. ¡¡¡¡¡GRAZAS MISTER POR ESTAR SEMPRE AO NOSO LADO!!!!! Para tí vai dedicada esta crónica e ésta entrada, así como a foto.
Volvemos a poñer a clasificación porque é de ben nacidos ser agracecidos e a copa estase a portar ben con nós, así que a disfrutar deste liderado que  nadie nolo vai a quitar xamaís..
JV.BERGANTIÑOS
3
1
VIMIANZO
BUÑO
3
0
BERTOA
CORCOESTO
1
1
CAMARIÑAS
Equipos
Pts.
Jug.
Gan.
Emp.
Per.
GF
GC
1
JV.BERGANTIÑOS
23
9
7
2
0
30
9
2
BUÑO
19
9
6
1
2
19
13
3
CAMARIÑAS
15
9
4
3
2
24
11
4
BERTOA
9
9
3
0
6
18
30
5
VIMIANZO
7
9
2
1
6
20
25
6
CORCOESTO
4
9
1
1
7
7
30
Finalmente, co voso permiso, queríalle adicar todos estes triunfos a JOSÉ-LUIS, o noso Tesoureiro (vós xa sabedes de quen falo), e darlle ánimos para que gañe por goleada ese partido tan importante que estaba previsto que disputara hoxe..¡¡¡¡¡ÁNIMO, COMPAÑEIRO!!!!¡¡¡¡¡ÁNIMO AMIGO!!!!! porque todo o Xuventude está contigo.

miércoles, 13 de mayo de 2009

O DOMINGO PARTIDO AS 10 NAS EIROAS: XUVENTUDE --- VIMIANZO

O domingo toca madrugar outra vez, xogamos NAS EIROAS (CARBALLO).
XUVENTUDE  --   VIMIANZO
DOMINGO AS 10,00
NAS EIROAS (CARBALLO)

lunes, 11 de mayo de 2009

XA ESTAMOS EN CUARTOS: CAMARIÑAS 0 -- XUVENTUDE 1

O fútbol é un deporte raro porque cando non dábamos un peso por nós mesmos (futbolísticamente falando eh), resulta que agora a falla de dúas xornadas, xa estamos clasificados matemáticamente para disputar a seguinte fase desta "champións-copa". Onte segundo me contaron os meus, porque eu volvín a escaquearme, presentámonos en Camariñas xustiños...xustiños......11 ao principio e despois chegou outro máis. Se a esto lle engadimos que parece que "facia unha calor de carallo", xa vos podedes imaxinar o que sofriron os compañeiros (¡grazas polo voso esforzo!). O resultado final foi 0-1 ao noso favor, aínda que eles parece que tiveron as súas oportunidades ( dous tiros ao pau), e nós tamén parece que fixemos algunha que outra contra boa. Segúndo o meu confidente algún xogador deles dixo que xogabamos estilo Chelsea, é dicir, todos atrás e salindo a contra. Non é por xustificarme, pero con 11 e dada a media de idade do noso equipo, é o máis intelixente que podemos facer en case que todos os partidos. Na liga regular intentamos xogar e pasaronnos por enriba. Sexa como fora o importante é que o equipo, aínda que diezmado, parece que volviu a senda da competitividade,  porque xogar nunca se nos olvidou, pero competir, ser competitivos, aguantar o resultado e non desfallecer, iso sí que xa o tiñamos algo esquencido.
Noraboa a todos os que acudiron onte a xogar, en especial a aqueles que estaban algo "pachucos", e vamos a ver si recuperamos xente, non coa pretensión de chegar a non sei donde que iso é o mesmo, pero sí polo menos para que haxa cambios e a xente non sufra no campo.
Agora vamos a deixar a clasificación porque o mesmo que dixen a semán pasada, poucas veces temos o privilexio de estar de primeiros e invictos en oito partidos:
CAMARIÑAS
0
1
JV.BERGANTIÑOS
BERTOA
3
1
VIMIANZO
BUÑO
2
1
CORCOESTO
Equipos
Pts.
Jug.
Gan.
Emp.
Per.
GF
GC
1
JV.BERGANTIÑOS
20
8
6
2
0
27
8
2
BUÑO
16
8
5
1
2
16
13
3
CAMARIÑAS
14
8
4
2
2
23
10
4
BERTOA
9
8
3
0
5
18
27
5
VIMIANZO
7
8
2
1
5
19
22
6
CORCOESTO
3
8
1
0
7
6
29

miércoles, 6 de mayo de 2009

NIN AS 10 NIN AS 11. O DOMINGO: CAMARIÑAS --- XUVENTUDE AS 12,00

Pois nin as 10, nin as 11, o partido do domingo xógase as
12,00
CAMARIÑAS --- XUVENTUDE
así que podemos durmir un pouco máis y tomar uns viños menos....é o que toca.......
Segundo nos informou o Presidente do Camariñas tocáballe escoller a hora o Porteño e decidiron xogar as 10, polo que a nós non nos queda máis remedio que xogar as 12,00, polo tanto xa non hai disculpas para non levantarse e calzarse as botas........¡ata o domingo!

martes, 5 de mayo de 2009

SEGUE A RACHA DE TRIUNFOS: XUVENTUDE 4 -- CORCOESTO 0

Quen nos ía dicir a nós fai dous meses, despois de rozar case que o ridículo na liga regular, na que fomos o papatundas de case todo o mundo, que estariamos nesta "champions-copa"  tantos partidos sen perder e con serias opcións de clasificarnos para a seguinte fase. Este domingo abandonamos o noso benquerido Vinculeiro Stadium e xogamos nas Eiroas. O partido non foi fácil aínda que o resultado diga o contrario, houbo que sudar e correr para gañar. Novamente Vega (que non sei cómo non aparece na clasificación de goleadores porque debe de levar marcados polo menos  6 ou 7 goles), Jorge e Bernardo (2)  foron os goleadores. E de significar que só foron 12 e as Eiroas é un campo grande de carajo.......a ver si se van recuperando algúns lisiados e aparecen os "desaparecidos"...
O próximo domingo xogamos o partido máis importante da liguilla contra o Camariñas en Camariñas e ATENCIÓN NON VAI A SER AS 11, así que ollo porque segundo me informaron ou xogamos as 10,00 ou as 12,00. E digo o partido máis importante, porque se conseguiramos gañarlle aos da villa do encaixe, practicamente xa estariamos na seguinte fase xa que eles quedarían a 6 puntos e o golaverage ao noso favor, con só 6 puntos por disputar. Así que dende aquí  eu pediríalle aos integrantes da plantilla que acudiran o domingo a Camariñas por aquilo de que despois non valen as excusas de que fomos sen xente. De todos é sabido que nos desprazamentos longos sempre hai algún que se escaquea e despois temos que xogar os "vellucas" os 90 minutos, co cal vos xa me diredes......onde vamos........ Mañán vaise a publicar a hora do partido que xa vos adelanto que o máis probable é que sexa AS DEZ DA MAÑÁN, porque senón metémonos nas tantas...polo tanto irse mentalizando para levantar os "mingos" da cama un pouquiño máis cedo. De todos os xeitos mañán confirmámolo.
Agora déixovos a clásificación que para unha vez que imos diante tamén da gusto disfrutar dela ¿ou non?:
JV.BERGANTIÑOS
4
0
CORCOESTO
CAMARIÑAS
6
2
BERTOA
VIMIANZO
1
2
BUÑO
Equipos
Pts.
Jug.
Gan.
Emp.
Per.
GF
GC
1
JV.BERGANTIÑOS
17
7
5
2
0
26
8
2
CAMARIÑAS
14
7
4
2
1
23
9
3
BUÑO
13
7
4
1
2
14
12
4
VIMIANZO
7
7
2
1
4
18
19
5
BERTOA
6
7
2
0
5
15
26
6
CORCOESTO
3
7
1
0
6
5
27

viernes, 1 de mayo de 2009