Este domingo tiven a sorte de presenciar e inclusive participar na victoria do equipo. No campo das Eiroas, campo grande donde os haxa, xogouse o domingo ás 10 da mañán un partido pasado por auga....inclusive o campo estaba encharcado nalgúns sitios....Sorte tiveron os rapaces que xogaban despois...porque ao xogar nós antes xa "lle pasamos o cilindro" e achicamos a auga da pozas. A última que quedaba no campo encargouse o noso benquerido Viliña de deixala coma o Sahara de seca ao espatallarse nela..aquilo parecía un "sunami". Indo ao partido marcamos por medio de Vega e eles empataron despois de recoller un rechace de Cuba como consecuencia de una falta directa. Primeira parte 1-1 aínda que as ocasións que tivemos de gol diante do porteiro deles foron un feixe ...Na segunda parte o mesmo tivemos 8 ou 9 ocasións de gol solos diante do porteiro pero non eramos capaces de metela no medio dos tres paus, ou a paraba o porteiro ou a tirabamos fora. Finalmente foi Jorge o que marcaou outra vez dous caracolillos e puxo as cousas no seu sitio. Pouco máis tivo que contar este partido no que fallamos más de 10 ou 15 ocasións de gol....foi de escándalo....O positivo é que volvemos a gañar e por primeira vez vamos a quedar de primeiros en algo, aínda que sexa nunha clasificación parcial de Champións-copa, pero menos da unha pedra, e desde logo para a traxectoria que levabamos este ano sinceramente é toda unha proeza ¿ou non?. De todo isto ten gran culpa o noso adestrador TINOSKOV que sempre creiu neste equipo pese aos malos resultados, pero tamén sempre estivo ahí, ao noso lado nos momentos malos, aguantando o chaparrón, sen desfallecer, e pouquiño a pouquiño, con uns sinxelos retoques nalguns posicións, pero cos mesmo xogadores que empezaron a liga, os froitos a súa tenacidade chegaron e ahí están os resultados. ¡¡¡¡¡GRAZAS MISTER POR ESTAR SEMPRE AO NOSO LADO!!!!! Para tí vai dedicada esta crónica e ésta entrada, así como a foto.
JV.BERGANTIÑOS | 3 | 1 | VIMIANZO |
BUÑO | 3 | 0 | BERTOA |
CORCOESTO | 1 | 1 | CAMARIÑAS |
Equipos | Pts. | Jug. | Gan. | Emp. | Per. | GF | GC | |
1 | JV.BERGANTIÑOS | 23 | 9 | 7 | 2 | 0 | 30 | 9 |
2 | BUÑO | 19 | 9 | 6 | 1 | 2 | 19 | 13 |
3 | CAMARIÑAS | 15 | 9 | 4 | 3 | 2 | 24 | 11 |
4 | BERTOA | 9 | 9 | 3 | 0 | 6 | 18 | 30 |
5 | VIMIANZO | 7 | 9 | 2 | 1 | 6 | 20 | 25 |
6 | CORCOESTO | 4 | 9 | 1 | 1 | 7 | 7 | 30 |
6 comentarios:
Noraboa polo primeiro posto do grupo, ahora que xa está conseguido a polo título de copa,...
Sindo cuidame o presi Viliña, que non está para andar tirandose nas pozas, jejeje
saúdos
O noso Presi dos sábados con tal de aforrar agua na casa non sabe o que facer e embórcasenos nas pozas..jejeje. vamos ter que comprarlle un flotador para que non nos afogue...jejejeje. Saudos e grazas
Dede o Bergan. Santiago. queremos darlle moitos animos a JOSE LUIS.
Seguro que ese partido vai a ganalo por goleada.
ANIMO AMIGO
moito ánimo para voso compañeiro e amigo desde Malpica. e a vos felicitarbos polo ven que o estades a facer nesta copa.
Noraboa. Esto demostra o que sodes como grupo. Merecedes a copa.
E a J.Luis UN ABRAZO E MOITO ÁNIMO
non haberá que facer o trenecito na churrascada non???
Vamos J.luis que ese partido o tes gañado por goleada,esperamos verte o vintanove
Publicar un comentario en la entrada