XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

domingo, 31 de mayo de 2009

¡¡NON PUIDO SER!!!. XUVENTUDE 0 --- CORCUBION 1

Mañán infernal nas Eiroas pola calor que facía. Non nos sentou ben a churrascada do venres e por primeira vez en dous meses perdemos un partido. ¡E tiña que ser agora precisamente! O Corcubión gañounos 0-1 nun partido que eles dominaron na primera parte, sobre todo nos últimos quince últimos minutos donde conseguiron o gol por medio dun centro perfecto do seu interior dereita que rematou impecablemente Domingo. Xogada algo tonta na que non anduvemos pillos porque tocamos a pelota tres veces e non conseguimos quitala da área. Na segunda parte a posesión foi nosa, e creo que dominamos gran parte deste tempo, pero xogamos demasiado polo centro e pouco polas bandas. Faltounos profundidade e ainda que o dominio en algún momento foi intenso, pouco perigro creamos. Solamente contabilizar un par de ocasión que o porteiro circunstancial deles soupo atallar. Cerca do final eles poideron sentenciar a eliminatoria nun erro noso que afortunadamente non chegou a entrar. A nota negativa do partido foi a expulsión tonta de O Pelat Surribas que lle impedirá xogar a volta en Corcubión. A veces non comprendo aos árbitros....non señor..... . Non confundirse eh, nadie está dicindo que perderamos por culpa do árbitro, fomos nós os que non xogamos ben, pero mentras a algún xogador contrario o árbitro lle permite que lle meta a lengua na orella ata romperlle os tímpanos, e que lle protesten unha ...e outra, e outra vez......... a nós énchennos de tarxetas. Pese a éste revés aínda non damos a eliminatoria por perdida, quedan noventa minutos e non vamos a tirar a toalla fácilmente, non señor, quedaremos eliminados pero vamos intentar darlle a volta a tortilla o domingo. Esperemos que nos veñan más efectivos para o próximo encontro. Pronto vou a publicar as fotos do festorro do venres para que as disfrutedes. ¡¡Ánimo que aínda quedan noventa minutos de loita!!.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

en todos os equipos os xogadores protestan habra uns mais ca outros pero eso non e obice pra criticar un arbitraxe xa que esto eche a cancion de todos os domingos polo demais sorte pro partido de volta

SINDO dijo...

Que eu saiba nadie lle está botando a culpa da derrota ao árbitro e ademáis creo que o deixo moi claro..moi claro no post. Se tí fas unha intrepretación subxectiva do que puxen, iso é outro cantar. Non somos os do Xuventude os que máis nos queixamos das arbitraxes porque ademáis non serve de nada. O que está claro é que uns equipos caen máis simpáticos que outros. A este equipo gustalle gañar coma a calquera pero non tampouco nos comemos o tarro se perdemos.

SINDO dijo...

AH! e grazas polo do partido de volta, pero a verdade é que se non o facemos millor ca o outro día....vamos a descansar ¡que falta nos fai!. Saudos.

Bergantiños veterans dijo...

Sindiñooo!! VAi acabar a temporada e a miña engargha sen facer. Mala chispa te coma, jajaja.
A ver se enderezades o rumbo en Corcubion que tampouco o tedes imposible, como dicia Arsenio: "hai que marcar un gol mas que el contrario".
Un saudo e atalogo.

Bergantiños veterans dijo...

Boas Sindo, botalle un ollo o mail que che mandei unhas fotiños para que as poñas no blog. E a ver se comentas algo no noso que tamen lle fai falta, jajaja. Atalogo.