Quen nos ía dicir a nós fai dous meses, despois de rozar case que o ridículo na liga regular, na que fomos o papatundas de case todo o mundo, que estariamos nesta "champions-copa" tantos partidos sen perder e con serias opcións de clasificarnos para a seguinte fase. Este domingo abandonamos o noso benquerido Vinculeiro Stadium e xogamos nas Eiroas. O partido non foi fácil aínda que o resultado diga o contrario, houbo que sudar e correr para gañar. Novamente Vega (que non sei cómo non aparece na clasificación de goleadores porque debe de levar marcados polo menos 6 ou 7 goles), Jorge e Bernardo (2) foron os goleadores. E de significar que só foron 12 e as Eiroas é un campo grande de carajo.......a ver si se van recuperando algúns lisiados e aparecen os "desaparecidos"...
O próximo domingo xogamos o partido máis importante da liguilla contra o Camariñas en Camariñas e ATENCIÓN NON VAI A SER AS 11, así que ollo porque segundo me informaron ou xogamos as 10,00 ou as 12,00. E digo o partido máis importante, porque se conseguiramos gañarlle aos da villa do encaixe, practicamente xa estariamos na seguinte fase xa que eles quedarían a 6 puntos e o golaverage ao noso favor, con só 6 puntos por disputar. Así que dende aquí eu pediríalle aos integrantes da plantilla que acudiran o domingo a Camariñas por aquilo de que despois non valen as excusas de que fomos sen xente. De todos é sabido que nos desprazamentos longos sempre hai algún que se escaquea e despois temos que xogar os "vellucas" os 90 minutos, co cal vos xa me diredes......onde vamos........ Mañán vaise a publicar a hora do partido que xa vos adelanto que o máis probable é que sexa AS DEZ DA MAÑÁN, porque senón metémonos nas tantas...polo tanto irse mentalizando para levantar os "mingos" da cama un pouquiño máis cedo. De todos os xeitos mañán confirmámolo.
Agora déixovos a clásificación que para unha vez que imos diante tamén da gusto disfrutar dela ¿ou non?:
JV.BERGANTIÑOS | 4 | 0 | CORCOESTO |
CAMARIÑAS | 6 | 2 | BERTOA |
VIMIANZO | 1 | 2 | BUÑO |
Equipos | Pts. | Jug. | Gan. | Emp. | Per. | GF | GC | |
1 | JV.BERGANTIÑOS | 17 | 7 | 5 | 2 | 0 | 26 | 8 |
2 | CAMARIÑAS | 14 | 7 | 4 | 2 | 1 | 23 | 9 |
3 | BUÑO | 13 | 7 | 4 | 1 | 2 | 14 | 12 |
4 | VIMIANZO | 7 | 7 | 2 | 1 | 4 | 18 | 19 |
5 | BERTOA | 6 | 7 | 2 | 0 | 5 | 15 | 26 |
6 | CORCOESTO | 3 | 7 | 1 | 0 | 6 | 5 | 27 |
2 comentarios:
Así me gusta Sindo!! Hai que sacar peito cando se pode.
Noraboa a todo o plantel pola copa que estades facendo porque isto no esperaba nin o máis optimista, de novo noraboa.
Saudos.
Si a verdade é que nós mesmos estamos asombrados, ainda que todo sexa dito, xogamos contra equipos que non sempre estaban ao completo de xogadores, pero por outra banda nós mesmos tamén xogamos moitos partidos da liga xogando con poucos xogadores, sen porteiro, etc, o importante é que polo menos démonos 7 fins de semana de festa, xa que os resultados nos acompañaron. O pasar ou non pasar non é importante o importante é que nos sentimos outra vez un equipo que poder competir e non perder sempre. Gracias Huntelaar.
Publicar un comentario