Pois sí......colorín colorado.......esta copa y este sueño se ha acabado. O domingo o Corcubión pasounos por enriba e gañounos 4-1, segundo me dín os compañeiros quedamos eliminados con todo merecemento. O positivo desta "copa" é a fase de clasificación que nos fixo moito ben para que recobraramos a autoestima. De todos os xeitos, todo hai que dicilo, cecais o partido máis importante xogámolo en Camariñas, porque a realidade é que a maioría dos outros encontros foron "descafeinados", por así dicilo, ó non contar os contrarios moitas veces con toda a súa artillería. Agora só queda traballar para incorporar novos xogadores, xa que os vellos pasounos a fecha de caducidade e temos que dar paso a nova xente, iso sí, xente que ademáis de xogar o fútbol tamén sepa quedar cos compañeiros para tomar algo de vez en cando, e asistir a algún que outro churrasco, porque sen iso o fútbol non tería sentido.
Felicitar aos catro equipos que pasaron a semifinales, en particular aos nosos "verdugos" jejejejejeje de Corcubión , e dexesarlles sorte a todos.
Finalmente despedirme momentáneamente destas labouras de administrador do blog e ofrecerllelo a algún do equipo que queira continuar con él, porque tamén aquí se necesita un relevo. Se alguén está disposto a seguir non ten máis que poñerse en contacto por medio do correo do club, alí eu lle darei as claves para que poida seguir esta pequena testemuña da actualidade do fútbol de veteranos. Lamentar non haber aprendido a manexar o photosop ou como se chame, e felicitar aos dous millores e máis "cachondos" blogs desta liga: os de Cabana e Malpica....,que nos teñen en vilo ata que non publican as súas imaxinativas "noticias"....¡¡¡felicidades!!!.
Antes de finalizar quero darlle ánimos e desexarlle sorte ao amigo que todos temos en mente a diario.....
E vou rematar este post do mesmo xeito que o comencei......colorín.......colorado......isto...........
6 comentarios:
pero ¿quén vai a querer tomarche o relevo e traballar gratis e polo morro? como non lles ofrezas un soldo...veña, home, que ainda tes moita guerra que dar (tanto no campo cómo nos blogs). eu vou a seguir entrando neste blog, como nos outros que hai. para aburrirse xa está a TV.e espero que siga habendo novas pola tua parte.
Espero que sigas co estupendo traballo que comenzaches fai tempo,que seria o xuventude sin persoas como ti?
antes de nada felicitarvos pola gran actuacion que fixechedes na copa , e depois animarte a que sigas escribindo no blog , ainda ca xente non se anime moito a facer comentarios eu sei que son moitos os que leen os blogs para informarse dos partidos asi que non o deixes oh faime caso un saudo dende Nanton .
Hola
Terás que seguir co blog porque senón quen me mantén informado do que pasa??
Así que eso de abandonalo nin de coña.
Nin sequera unhas vacacións, hai que informar do qeu se move polo verán.
Saúdos
Ehhhhh....de retirarse nada !!!
Fai un descansiño no vran e verás como en septiembre xa tes janas de escribir outra ves. Todos os anos por esta época a un cóstalle mais manter o ritmo, pero con unhas vacacións enseguida volve a cabeza a furrular de novo. Que non controlas co fotoshop?....tampouco controlabas cos videos e ofrecéchesnos uns documentales de puta madre, así que vai probando que pouco a pouco vai salindo, como fixemos os outros. Cando empezei eu a facer as trancalladas estas recortaba as caras da xente, pejabas nun recorte dunha revista e escaneabas, foi dicirme un amigo como iba un pouco o fotoxop ese e ¡zasca!...pachanga montada!
Ahora non podes fallarlle a todos os seguidores que te visitan cada semana, que como di edu, aínda que non todos escriben son moitos os que veñen. Non tes mais que poñer un contador deses pra comprobalo.
Noraboa pola copa, polo teu lecer, e moito moito ánimo a ese home que os demais tamén temos en mente e queremos ver patear un balón canto antes.
Hola,hola
Eu son un dos que nunca escribo, fixeno hoxe por primeira vez no blog malpicán pra felicitalos tamén.
Compañeiro de cances, non sei cal deles eres pero é igua,. Sigue se tes algo de tempo con esto ou que o faga outro, somos moitos os que vos seguimos e pasámolo xenial. Esto dos blogs foi un invento caralludo, o mellor desta liga.
Noraboa e a seguir.
Publicar un comentario