XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

viernes, 14 de agosto de 2009

COMENZA A PRE-TEMPORADA: DOMINGO 16, NO VINCULEIRO STADIUM: XUVENTUDE----AT. MILAGROSA

Hola a todos. Antes de nada darlle as GRACIAS a todos aqueles que nos mandaron as más sinceras condolencias por la perda inesperada e irreparable do noso compañeiro JOSÉ-LUIS. ¡Gracias de todo corazón!.
Nun dos últimos post anunciaba a miña intención de abandonar as labouras neste blog, ofrecéndollo a quen quixera facerse cargo del, pero non apareciu nadie. Por outra banda os acontecementos ocorridos durante o mes de xullo fan que teña que reconsiderar esa postura. Sei certamente que se FACAL estivera físicamente con nós (porque sempre vai a estar nos nosos corazóns) non mi iba "permitir" abandonar esta faceta. Intentaríame convencer para que seguira adiante e seguro...seguro que o conseguiría, porque non tería argumentos para rebatilo. Así que o meu pequeno homenaxe para un dos millores amigos que teño (e digo en presente), é o de seguir informando nesta páxina. Cada unha das entradas que escriba irán adicadas a tí. ¡Vai por tí amigo!.
Durante toda a tempada está páxina lucirá un crespón negro na túa memoria.
Esta Asociación ten dúas seccións: CHAVE e FÚTBOL, e actualmente temos en proxecto organizar o MEMORIAL JOSÉ-LUIS GARCÍA FACAL para homenaxear a quen foi un dos grandes impulsores dos equipos de chave e fútbol en Cances. Non é fácil nunha aldea coma a nosa levar a cabo a formación e funcionamiento de movementos asociativos, nembargantes ahí están a Chave, que xa leva un montón de anos competindo, e o Fútbol que leva cinco anos. En total unas 50 ou 60 persoas entre directivos, xogadores, socios e colaboradores, e iso con unha población de menos de 900 habitantes. E de significar que FACAL foi un dos que fixo posible que naceran estos dous equipos, sen a súa colaboración, a súa dedicación, e a súa facilidad para xuntar o grupo, esto non sería posible. Así que agora tócanos a nós corresponderlle a él e a súa familia, e para iso temos a intención de organizar este evento.
Agora como a vida ten que seguir, e aínda que este ano nos costa máis ca nunca arrincar, vamos a comenzar a pretemporada e xogaremos contra os nosos veciños de Carballo, así que DOMINGO AS 11,OO NO VINCULEIRO STADIUM: XUVENTUDE--AT. MILAGROSA. Xa sei que algún aínda estades de vacacións, pero por favor, os que poidades acudide. ¡¡Ata o domingo!!.

5 comentarios:

suso xxl dijo...

Querido amigo alegrome que sigas co estupendo traballo que estas facendo neste bloc.
Quero decirche que tes un amigo e un colabor para axudarche no que faga falta co homenaxe do noso ben querido JOSE LUIS.
un saudo.

M@rko dijo...

Hola, son Marco (delegado Ponteceso) dende aqui temen quero felicitarte pola decision de seguir co blog en homenaxe a Facal. Temen quero poñer o noso grupo a vosa disposcion se en algo podemos axudar.
Un saudo e ánimos.

xuventude dijo...

Gracias pola colaboración de ambos. Esta semana estiven de viaxe e totalmente desconectado deste mundo virtual. Repetir novamente a grazas a Suso e a Marko, xa estaremos en contacto.

acsancampio dijo...

Ola, somos da Asociaciòn Cultural San Campio de Cances e brindamonos a colaborar con vos en todo o que sexa necesario para levar a cabo o homenaxe o noso veciño e ben querido Xose Luis Facal , asimesmo felicitarvos pola gran labor que facedes dende a vosa asociacion e dende este blog por dar a coñecer e dinamizar as actividades da nosa parroquia de Cances.

Un saudo e aqui estamos pa o que precisedes.

xuventude dijo...

Gracias pola vosa por ofrecer GRACIAS por ofrecer a vosa colaboración. Non sabemos aínda cando se celebrará pode ser que se pospoña de momento, pero indudablemente que nos gustaría que colaborarades con nós. E felicitavos pola grandísima labor que desempeñades ao frente de esa Asociación. Verémonos na festa do pichorro.