Hoxe comenzou a liga e tocounos de xogar en Cabana. O resultado 2-2 fai que no plano positivo teñamos os mesmos puntos que tiñamos o ano pasado na xornada 10, no plano negativo dicir que novamente apareciu a Pantasma das Redondas. Neste maravilloso campo (¡que envidia sana campañeiros!) normalmente solemos facer grandes encontros (0 ano pasado sen ir máis lexos, pese a perder) e este ano non ía a ser menos. Primeira parte con dominio alternativo que fixo que eles se adelantaran no marcador con un disparo desde fora da área. Reacción nosa que conseguimos empatar por medio de Pelat Sorribas despois dun gran cabezazo de Bernardo. Nada máis empezar a segunda parte marcamos o segundo, un gran gol de Vega a centro de Jesús. A partires de aquí un carrusel de ocasións que unha vez máis fallamos de forma inexplicable (por iso me refiro más arriba a pantasma das Redondas). E increíble que un equipo que xenerou tantas ocasións non conseguira marcar dous ou tres goles máis. Como no fútbol o que perdoa sole pagar os seus errores, eles empataron de penalti sobre Mino. Vai ser norma deste blog non falar das arbitraxes.
En definitiva resultado totalmente engañoso no que o normal sería un resultado de 2-4 ou 2-5, pero señores temos que metela. O positivo que os novos fichaxes parecen compenetrarse moi ben cos compañeiros e mentras vamos a ver si se recuperan os lesionados. Sorte para o novo adestrador Garcia, que está poñendo toda a súa vontade e saber.
Agora déixovos coas poucas fotos que quitei. O partido era tan entretenido que en vez de atender a este novo cometido fixen más ben de espectador, así que disculpade que non quitara máis, o próxima vez estarei máis atento. Ahí vos quedan:
No hay comentarios:
Publicar un comentario