XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

domingo, 29 de noviembre de 2009

BERTOA 2 -- XUVENTUDE 6

Dia de auga en Paiosaco. Segunda victoria consecutiva, esta vez gañamoslle ao Bertoa con 2 goles de Pelat Sorribas, 2 de Vega, 1 de Isidoro e 1 de Suso. Na primeira parte poidemos solucionar o partido, pero una vez máis a falta de punteria fixo que iniciada a segunda parte eles acurtaran distancias e chegaron a poñerse 1-2. Incluso poideron empatar pero o noso porteiro Javier puido co dianteiro deles nun mán a mán. A partires de aquí, despois dos minutos que temos sempre na segunda parte, esos 15 ou 20 de caraja que nos invaden en todos os partidos, soupemos retomar a senda e fomos poñendo terra de por medio. Veñennos ben estos seis puntos para manternos no medio da tabla.
No resto da xornada o Bergan sigue intratable, a verdade é que a súas estadísticas asustan, levan máis de 30 goles a favor, pero só 5 en contra, esto pinta ben para eles. O Nantón pinchou ante o San Román, e de significar o resultado do Baio-Corcubión 5 a 8, e a victoria do Ponteceso e do Vimianzo, pechan a clasificación o Club del Mar e o Buño.
Agora, coma sempre déixovos coas fotos da xornada quitadas en Paiosaco:

domingo, 22 de noviembre de 2009

XUVENTUDE 2 -- BAIO 0

Antes de nada decirvos que a operación de Leo o noso benquerido compañeiro e amigo saiu ben, aínda que o periodo de convalecencia vai a ser máis longo do que pensabamos, xa que a rodilla estaba algo jodidilla. DESDE AQUI ANIMO AMIGO LEO, ¡COMO VOTAMOS DE MENOS AS TÚAS GALOPADAS POLOS CAMPOS DE FÚTBOL!. ¡ANIMO AMIGO! desexamosche unha pronta recuperación.
Bueno....bueno......¡por fin! volvemos a gañar outro partido, pese a que non empezamos con bo pé porque xa antes de comenzar lesionouse Antonio. Na nosa perigrinación fora de Cances, tocounos xogar en Carballo, no novo campo, e dounos sorte. Gañamos 2-0 ao Baio, que errou un penalti por medio de Braulio mediada a primeira parte. Chegamos ao descanso 0-0. Na segunda parte estivemos un pouco máis entonados e despois de fallar Pallín un penalti ao noso favor, conseguimos marcar por medio de Vega. O Pelat conseguiu o segundo cando faltaban cinco minutos para o final.
A victoria vennos que nin pintada porque así non non desengachamos do pelotón formado por Baio, Bertoa e nós, que somos os que ocupamos as posicións da zona morna. Quedanos tres partidos para finalizar a primeira volta e conseguimos recuperar xente coma Pallín e Roberto Mella, solo nos falta Viliña e Richard, porque como xa dixen arriba este ano o noso querido Leo vaino a ter imposible.
Con respecto aos demáis resultados dicir que o Nantón e Bergan siguen intratables, e siguen colleitando triunfos, que o Cabana está ahí e que o San Ramón vai perdendo algo de gas. Camariñas e Corcubión seguen a súa liña e despois vimos os da zona morna.
Agora déixovos coas fotas de hoxe:
XUVENTUDE 2 - BAIO 0

sábado, 21 de noviembre de 2009

O XUVENTUDE --- BAIO XÓGASE EN CARBALLO, NO CAMPO DAS EIROAS AS 12,00

O novo querido campo non da máis de sí e por iso temos que emigrar.
XUVENTUDE ---- BAIO
DOMINGO AS 12,00
EN CARBALLO, CAMPO DAS EIROAS

domingo, 15 de noviembre de 2009

CAIDA LIBRE E EN PICADO: VIMIANZO 3 ---- XUVENTUDE 2

Empezamos esta liga de forma genial facendo 8 puntos en 4 partidos. Nos siguientes cinco partidos CERO PUNTOS. Estamos en caida libre e en picado, tal como describe a foto da esquerda, así somos nós. O ano pasado gañamonos o descenso a segunda división, pero finalmente esos caprichos da diosa fortuna fixeron que quedaramos en primeira.
Fíxose unha restructuración da plantilla e as espectativas eran as de nos pasalas putas como o ano pasado, pero as cousas torcéronsenos nos últimos cinco partidos.
Hoxe perdemos merecidamente en Vimianzo, onde o sempiterno MANIN nos apuntillou marcándonos o terceiro gol con un espléndido cabezazo alá polo minuto 80 de partido. Non vou facer comentarios do partido só dicir que non merecemos gañar. Rematou a primeira parte 0-1, empataron 1-1, puxémos por diante 1-2, e despois 2-2 e finalmente 3-2.
O único positivo que poido deducir deste partido é que polo menos non imos de almas errantes por esos campos de dios, e este ano polo menos temos 5 ou 6 no banquillo, así que por cambios non é, agora por actitude, xogo, e cabeza.....vaia por dios......
Este equipo nunca foi resultadista, por iso nunca soupo aguantar un resultado, e repito, empezamos moi be en Cabana onde fixemos un bo partidos, despois chegaron as victorias contra o Corcubión e Ponteceso, con algo de sorte, é verdade, pero iso tamén conta no fútbol. En Buño empatouse e creo que merecemos gañar, inclusive se xogaron ven os 20 primeiros minutos contra o San Román, e contra o Bergan e Nantón tamén se dou a cara.
Lamentablemente nestes dous últimos partidos a nosa actuación foi penosa.
Non sei o que pasa, non é que teñamos xente para gañar ninguna liga, pero tampouco para levar pasadas todos os domingos...
Un pouquiño de tranquilidade, reflexión, e nada de prisas.....e sobre todo disfrutar xogando ao fútbol....porque se o facemos así.....disfrutando, aínda que perdamos polo menos teremos algo gañado.. que é o de pasalo ben, disfrutar do fútbol.
¡¡¡¡Muchachos!!!!! esto tocou fondo así que agora temos que erguernos, ¡joder que tampoco sodes tan malos!, e nun mes non se vos debiu de olvidar xogar ao fútbol.
Así que unión entre todos e a pensar no próximo partido do domingo en Cances......veña que entre todos temos que sacar isto para adiante, sen poñerse metas máis alá do siguiente partido. ¡¡¡Ánimo e para adiante!!! agora cando están as cousas difíciles temos que remar todos no mesmo sentido.
Despois da filípica esta que vos escribín aquí, déixovos coas fotos de hoxe, e
non olvidarse: "na unión do grupo esta a forza", así que todos como un piña, cabeza alta e a mirar para adiante.
¡¡¡¡¡¡¡ARRIBA XUVENTUDE, ARRIBA!!!!!