Antes de nada decirvos que a operación de Leo o noso benquerido compañeiro e amigo saiu ben, aínda que o periodo de convalecencia vai a ser máis longo do que pensabamos, xa que a rodilla estaba algo jodidilla. DESDE AQUI ANIMO AMIGO LEO, ¡COMO VOTAMOS DE MENOS AS TÚAS GALOPADAS POLOS CAMPOS DE FÚTBOL!. ¡ANIMO AMIGO! desexamosche unha pronta recuperación.
Bueno....bueno......¡por fin! volvemos a gañar outro partido, pese a que non empezamos con bo pé porque xa antes de comenzar lesionouse Antonio. Na nosa perigrinación fora de Cances, tocounos xogar en Carballo, no novo campo, e dounos sorte. Gañamos 2-0 ao Baio, que errou un penalti por medio de Braulio mediada a primeira parte. Chegamos ao descanso 0-0. Na segunda parte estivemos un pouco máis entonados e despois de fallar Pallín un penalti ao noso favor, conseguimos marcar por medio de Vega. O Pelat conseguiu o segundo cando faltaban cinco minutos para o final.
A victoria vennos que nin pintada porque así non non desengachamos do pelotón formado por Baio, Bertoa e nós, que somos os que ocupamos as posicións da zona morna. Quedanos tres partidos para finalizar a primeira volta e conseguimos recuperar xente coma Pallín e Roberto Mella, solo nos falta Viliña e Richard, porque como xa dixen arriba este ano o noso querido Leo vaino a ter imposible.
Con respecto aos demáis resultados dicir que o Nantón e Bergan siguen intratables, e siguen colleitando triunfos, que o Cabana está ahí e que o San Ramón vai perdendo algo de gas. Camariñas e Corcubión seguen a súa liña e despois vimos os da zona morna.
Agora déixovos coas fotas de hoxe:
XUVENTUDE 2 - BAIO 0 |
4 comentarios:
Quero darlle anoraboa a todos po la magnifica vitoria contra o Bayo ademais que nos facia moita falta , vainos dar moita moral pos siguientes partidos.
Espero que o de Antonio non sea nada, e para Leo que se recupere pronto que nos fai falta para o sabado e para o domingo como xogador e como amigo.
Saudos pra todos.
¡ánimo, Leo, que estés de volta aos campos o mais pronto posible. O mesmo para Antonio, cabaleiro como poucos e compañeiro de moitos domingos.
Bueno, despois dunha semana cargadiña de criticas de toda clase parece que fixo efecto e se retomou a sende das victorias que tanta falta facian.
E permitideme dicir que as cousas non son casualidade e que despois de algun reaxuste de xogadores, algun obrigado por lesion, a volta o futbol de toque e a recuperacion dalguns xogadores o equipo e mais forte en todalas liñas, atras, no medio e adiante e moito mais compensado.
Que todo siga asi que pronto andaremos por ahi arriba.
E por suposto un forte abrazo e animo para leo.....
Bueno anónimo 2, porque non che podo chamar doutra maneira, como ti ben dís despois de unha semana de críticas, a maioría constructivas, é importante que se recuperen xogadores que saben facer coa pelota e que asumen responsabilidades, pero o fútbol non é máis ca un xogo e se Braulio marcara o penalti, ao millor estabamos a falar doutra cousa. E verdade que sí se millorou, polo menos con respecto ao desastre do domingo anterior, pero tampouco é para tirarse flores, porque se gañau cando equipo contrario estaba tocado físicamente, e nós tiñamos os xogadores importantes frescos, por iso eu creo que é moi importante a xente que descansa no banquillo, non responden as pernas o mesmo se tes que xogar 70 minutos seguidos, que se xogas 35 e descansas 15 ou 20 e volves a xogar....Noraboa a todos os xogadores, que sodes os que gañades e perdedes, polo merecido triunfo e a seguir sendo un grupo no campo e nas churrascadas que non son menos importantes. Que de esto último tamén xa temos que falar..., digo, de ir pensado en facer outra comellada antes de Navidades, vamos digo eu.
Publicar un comentario