Dia de auga en Paiosaco. Segunda victoria consecutiva, esta vez gañamoslle ao Bertoa con 2 goles de Pelat Sorribas, 2 de Vega, 1 de Isidoro e 1 de Suso. Na primeira parte poidemos solucionar o partido, pero una vez máis a falta de punteria fixo que iniciada a segunda parte eles acurtaran distancias e chegaron a poñerse 1-2. Incluso poideron empatar pero o noso porteiro Javier puido co dianteiro deles nun mán a mán. A partires de aquí, despois dos minutos que temos sempre na segunda parte, esos 15 ou 20 de caraja que nos invaden en todos os partidos, soupemos retomar a senda e fomos poñendo terra de por medio. Veñennos ben estos seis puntos para manternos no medio da tabla.
No resto da xornada o Bergan sigue intratable, a verdade é que a súas estadísticas asustan, levan máis de 30 goles a favor, pero só 5 en contra, esto pinta ben para eles. O Nantón pinchou ante o San Román, e de significar o resultado do Baio-Corcubión 5 a 8, e a victoria do Ponteceso e do Vimianzo, pechan a clasificación o Club del Mar e o Buño.
Agora, coma sempre déixovos coas fotos da xornada quitadas en Paiosaco:
4 comentarios:
Noraboa a todos, a seguir asi, temos equipo pra non pasar a puros, e quero decir que o equipo somos TODOS.
ABRAZOS COMPAÑEIROS
MOI BEN AMIGOS ,TEMOS QUE SEGUIR NESTA LINEA , QUE NON SOMOS TAN MALOS COMO NOS PARECIA. CON REAXUSTES OU SIN REAXUSTES, TODOS PRA UHA E UHA PRA TODOS, E DECIR TODOS GANAMOS E TODOS PERDEMOS, ASI QUE , ANIMOS PRA TODOS.
SAUDOS
Non diredes que nun estuven atento eh? Conseguin fotografiar tres goles. Vou a ter que revisar a ficha porque senón hai penique voume para outra agencia....jejejeje.
Andan a dicir que ,os do outro equipo,tiñan os caxatos e os cans-lazarillo amarrados á entrada do campo de fútbol...Noraboa!
Publicar un comentario