Fíxose unha restructuración da plantilla e as espectativas eran as de nos pasalas putas como o ano pasado, pero as cousas torcéronsenos nos últimos cinco partidos.
Hoxe perdemos merecidamente en Vimianzo, onde o sempiterno MANIN nos apuntillou marcándonos o terceiro gol con un espléndido cabezazo alá polo minuto 80 de partido. Non vou facer comentarios do partido só dicir que non merecemos gañar. Rematou a primeira parte 0-1, empataron 1-1, puxémos por diante 1-2, e despois 2-2 e finalmente 3-2.
O único positivo que poido deducir deste partido é que polo menos non imos de almas errantes por esos campos de dios, e este ano polo menos temos 5 ou 6 no banquillo, así que por cambios non é, agora por actitude, xogo, e cabeza.....vaia por dios......
Este equipo nunca foi resultadista, por iso nunca soupo aguantar un resultado, e repito, empezamos moi be en Cabana onde fixemos un bo partidos, despois chegaron as victorias contra o Corcubión e Ponteceso, con algo de sorte, é verdade, pero iso tamén conta no fútbol. En Buño empatouse e creo que merecemos gañar, inclusive se xogaron ven os 20 primeiros minutos contra o San Román, e contra o Bergan e Nantón tamén se dou a cara.
Lamentablemente nestes dous últimos partidos a nosa actuación foi penosa.
Non sei o que pasa, non é que teñamos xente para gañar ninguna liga, pero tampouco para levar pasadas todos os domingos...
Un pouquiño de tranquilidade, reflexión, e nada de prisas.....e sobre todo disfrutar xogando ao fútbol....porque se o facemos así.....disfrutando, aínda que perdamos polo menos teremos algo gañado.. que é o de pasalo ben, disfrutar do fútbol.
¡¡¡¡Muchachos!!!!! esto tocou fondo así que agora temos que erguernos, ¡joder que tampoco sodes tan malos!, e nun mes non se vos debiu de olvidar xogar ao fútbol.
Así que unión entre todos e a pensar no próximo partido do domingo en Cances......veña que entre todos temos que sacar isto para adiante, sen poñerse metas máis alá do siguiente partido. ¡¡¡Ánimo e para adiante!!! agora cando están as cousas difíciles temos que remar todos no mesmo sentido.
Despois da filípica esta que vos escribín aquí, déixovos coas fotos de hoxe, e
non olvidarse: "na unión do grupo esta a forza", así que todos como un piña, cabeza alta e a mirar para adiante.
¡¡¡¡¡¡¡ARRIBA XUVENTUDE, ARRIBA!!!!!
20 comentarios:
Segun as linguas cercanas o cances esto e un desastre. Un dos poucos equipos que gañase ou perdese sempre trataba ben a pelota e intentaba xogar o futbol agora parece ser que son un feixe de polos sen cabeza correndo polo campo sen expoñer nada de nada. Hipoteticamente e eu creo que na realidade tamen esta e a mellor plantilla que ten o cances dende que se fundou e parece que iso e signo de non xogar o futbol. Quen o entende?
E sinceiramente non creo que ninguen se levante un domingo pola maña dilubiando para ir xogar o futbol senon se teñen ganas.
Penso que deberiades de reflexionar e sobre todo os mandamais do club tomar cartas no asunto porque e unha pena ter a xente que tedes e polo menos ainda que perdades (cousa que facedes igual) non xogar, divertirse e tratar ben a pelota cousa que eu teño vido e faciades bastante ben.
Tedes unha mistura de forza e calidade que por desgracia non estades aplicandoa ben.
Non sei cal e a razon e oxala teñades sorte e encontredes esa formula.
Tes moita razon e indo un pouco mais ala creo que hay varios xogadores que estan moi por debaixo do que se espera deles e outros fora do seu lugar co que tampouco dan o mellor de si. O pan pan e o viño viño. Un defensa e un defensa, un centrocampista e centrocampista e o dianteiro igualiño. Menos experimentos e que cada un faga o que sabe....
Hay que tirar pa diante e recuperar e animar os xogadores e o entrenador que isto e veteranos non a champions e se todos poñemos da nosa parte con boa voluntade seguro que os resultados saeran.
Animo cances
O central que tendes é bastante bo...Os churrascos que organizades deben ser a "ostia"...Ánimo,e a ver se hai unha mellora,que fai boa falta!
Tedes xente importante en baixa forma e algun lesionado tamen que cando os recuperedes subiredes un escalon.
Hay que animar a xente e recuperalos e xunto co que xa hay faredes un gran grupo.
veña home, que queda un mundo. Ese grupiño da gusto velo, de verda, polo menos desde fora. E esto do futebol xa sabedes que cambia dunha hora pra outra rapidamente.
O mellor é vervos nesas churrascadas: ahi sodes de champions!! Sorte
Temos que asegurar mais os partidos.
onde vai o equipo que tocou tan ben o balon en cabana?
Ese e o xogo en equipo que temos que recuperar.
Ademais das comilonas( que son estupendas) temos que intentar dar un pouquiño mais todos, temos que animarnos e nos somos os que temos que sacar esto para diante.
E IMOLO SACAR.
ANIMOS PARA TODOS
Hay que animar e recuperar a xente como joaquin, pallin, leo, etc... esa xente fai xogar e xunto cos demais tedes unha plantilla de carallo. Xente forte ( alberto, suso, moises, pedro, riobo, isidro ), xente de toque ( joaquin, pallin, leo, fidel, javier, susiño ) e xente rapida ( bernardo, sorribas, jorge, vega ).
Que carrallo queredes deixadevos de queixar e xogade o futbol que con esta xente xa me diredes.....
Non podedes desmorarizarbos e tedes que seguir loitando pra non caer no pozo da segunda.......malo será
As casas empezanse por abaixo e ainda que e verdade que fallades moitas ocasions atras sodes moi blandiños. Un dos dous pelaos que tedes na miña honesta opinion deberia ir pa atras co central novo que fichastes e o outro no medio con alguen mais de toque claro que esto e unha opinion e eu non son o mister que sinceiramente quitando este apunte creo que o esta a facer moi ben e deberiades de axudalo poñendo un pouquiño mais da vosa parte todos.
Animo e mirade pa diante que queda moita liga......
Xa era hora de que se vos dira por escribir no blog, porque mirar sei que o mirades case todas as semanas. E como pasa nestes casos temos opinións para todos os gustos. Todas moi constructivas, e iso é importante. Aquí do que se trata é de divertirse xogando a fútbol, claro que se se perde un domingo sí e outro tamén a xente desmoralízase, pero vouvos dicir unha cousa, se queredes gañar tendes que facelo os que xogades, soamente os que xogades, a fórmula tendes que buscala entre todos, porque os demás poderemos contribuir e axudar ao equipo a subsistir, podemos poñer traballo, más traballo, máis traballo; podemos intentar recaudar e achegar xente que axude ao equipo, podemos organizar festas e intentar recaudar para que sea posible facelas, podemonos levantar todos os domingos para papar frio vendo o partido, sofrindo con vós, pero o que non podemos facer os "colaboradores" (porque aquí como sabedes non existen mandamaises, aquí existe xente que traballou e traballa para que isto siga adiante, para disfrutar do fútbol e das festorras, e calquera pode dar un paso adiante e comprometerse no que queira), dicía anteriormente que quen tedes que gañar os partidos sodes os XOGADORES, todo o GRUPO DE XOGADORES, e se se intenta e non se consigue pois mala sorte. O único importante é que a xente teña os pes no chan e cando caen do revés (como é nestes momentos) apretar os dentes, tirar para adiante, e axudar aos demás compañeiros. O demás non ten sentido, e digovos algo más as victorias, saben e gustan, as derrotas doen, pero tanto unhas coma as outras son efímeras e esquencense rápido no tempo, pero o que nunca se vai a esquencer son as persoas, esas, as persoas que forman o grupo e o patrimonio máis grande de calquer equipo, por enriba de títulos, descensos, e caralladas.
CREO QUE NECESITAMOS OUTRAS FESTA XAAAAAA...........Así que se queredes festa xa sabedes a vender todas as rifas da cesta. Se non é así nin festa nin hostias.............
Estou de acordo con casi todo o que se esta a poñer neste bloc.
Os partidos gananse desde atras,temos que axudarnos defensa -media,media -defensa para si non marcamos que sea complicado marcarnos.
Pero sobre todo somos un equipo de veteranos,compañeiros e amigos .
Temos que animarnos todos.
AMIGOS QUE NON PASOU NADA
Estou totalmente de acordo co que di Sindo.
Se ahi xente que esta en baixa forma polo que sea ahi que animala e axudala e non señalarla porque os que estan ben pos xa estan ben e mellor pa eles e pa o equipo pero como moi ben dice Sindo esto e un grupo e un equipo e os que estan ben necesitan dos que estan mal e dicindo nomes e señalando a xente non creo que sea a solucion.
E evidente polo que falades que a xente que toca un pouco mais a pelota esta baixa pois hay que subila e pa subila non hay que falar aqui e si os domingos no campo arrimando o lombo con eles que seguro que cando lles faga falta os demais tamen o faran e senon e asi entonces non sodes un grupo como dice sindo e entoces teredes moito perdido.
Animo pa todos e digo todos.....
Antes de nada decir que es la primera vez que escribo en este bloc y que soy de la coruña y tengo muchos y buenos amigos que juegan en el xuventude con los que he jugado alguna vez. Estoy leyendo todas estas opiniones que se escriben aqui que no puedo juzgar porque desconozco al resto de jugadores y tampoco veo los partidos pero si habeis hablado de algunos jugadores, y que si mi informacion no me falla creo que alguno de ellos incluso tiene bastante culpa de que muchos de los que ahi juegan esten ahi y que y eso si lo puedo decir con conocimiento de causa, esten como esten ya me gustaria a mi jugar al lado de ellos por buenos amigos y buenos jugadores que son, eso si sin menospreciar ni mucho menos al resto de lo cual repito no conozco y no opino.
No se si leen esto pero si es asi haber cuando pagan unas cañas en la catedral jabalius..... me imagino que ahora ya sabreis quien soy.
No queria entrometerme pero los amigos estan pa algo.
Un abarzo y que la suerte os acompañe...
Esta semana rompemos o record de comentarios, e iso é bó, agora ben eu non estou de acordo en que se personalicen os resultados en ningùn xogador, nin no adestrador, ni en ninguén. Aquí somos todos, ou debemos ser unha piña, todos gañamos e todos perdemos. Non me gusta, repito que alguien pretenda señalar, además a quen ¿qué é iso de non estar en forma? ¿Acaso somos profesionais ou qué? Aquí cada un que viste a camiseta da todo o que ten, unhas veces sae millor, outras veces sae peor.
Se non temos millores resultados é porque os outros son millores ca nos no campos, e punto. Agora o que temos que pensar e intentar facelo millor, e se non tampouco pasa nada, xa dixen antes que o importantes deste equipo son as persoas o demáis é todo relativo. Así que tranquilidade coño que isto non é máis que un xogo, e por enriba estamos en veteranos, para pasalo ben....pasalo ben....
Así se escribe,Sindo.Si señor!Veteranos ao poder!Por certo,mañá fai 5O anos de...Saúdos para todos!
Si señor Sindo, si señor esa e a realidade.
Eu non coñezo ningun maradona no cances, si vos xogadores e boas persoas pero non maradonas.
Esto e veteranos e unhas veces se esta acertado e outras non e tampouco coñezo a nadie que sempre este acertado.
Hay quen corre mais e quen lle da millor a pelota pero todos fan falta e todos fallan.
Todo esto acabase se o domingo se lle gaña o baio.
Ei Bardo, refrescame a memoria, fai cincuenta anos de qué? ¿que pasou fai 50 anos?. Por certo, onde coño andas metido, desapareceches de todos os lados, nin viñeches a comellada de Cances, ¿estás de retiro espiritual ou qué? Home unha cousa é que nos prives do teu toque de balón, pero outro moi distinta é que te esfumes. Da sinais de vida oh....que xa vai sendo hora ¿non che parece?
vamos a ver sr,sindo si tanto opina ponte las botas y no hables tanto que desde fuera se ve todo muy bonito. el mister que cambie el chip y que ponga la gente donde tiene que jugar y que no haga experimentos. por el bien del cances no hagas tantos comentarios tontos y defiendelos mas y hablas mejor de ellos que cuando tu intentabas jugar no les iba mejor. por lo tanto en vez de criticar tanto apoya un poco mas y todo ira mejor chavalote. un saludo y abrazos donde mas te gusta y como dijo el jabali de ... ala lalin.
Publicar un comentario