XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

lunes, 21 de diciembre de 2009

A PESARES DO FRIO SEGUE A RACHA: XUVENTUDE 2 --- CABANA O (XOGADO NAS REDONDAS -CABANA-)

Eran as 10,30 máis ou menos cando empezaron a chegar os xogadores do Cabana e do Xuventude e isto que vedes a esquerda foi co que se encontraron: parecia un campo da estepa rusa, foi tal a xiada que caiu que estaba todo cuberto de blanco neve.
Ante o risco de sofrir calquer clase de lesion, os dous equipos de común acordo decidiron que era millor non xogar en Cances e se o árbitro non poñia ningún impedimento ir para as Redondas. Os de Cabana nun xesto que os honra, ofreceron o seu campo que estaba libre. En cinco minutos xa estaba todo dios metido dentros dos "aigas" e camiño das Redondas. Así de sinxelo e de efectivo.
Pola nosa parte darlles as grazas aos compañeiros de Cabana polo sua xenerosidade, e tamén ao árbitro Miguel.
No magnífico campo das Redondas comenzou o partido sobre as 11,30 máis ou menos. Empezaron dominando a pelota eles os primeros 15-20 minutos, toque e máis toque pero sen profundizar. A partires do minuto 20 a cousa cambiou e nós empezamos a chegar a súa porteria. Foi Joaquin sobre o minuto 30 quen marcou un mágnifico gol desde fora da área. E digo que foi magnífico non só pola súa execución (que tamén foi magnífica), senón tamén pola súa celebración. Tal como prometera o gol foi adicado a.......alguen que tanto votamos en falta cada domingo......sí .....a ese que todos pensades. Foi un xesto que aínda que sabía que ía ocurrir, me emocionou moito....moito...¡gracias amigo Joaquín! ¡gracias polo detalle!-
Continuando coa crónica do partido, sobre o minuto 40 unha boa contra que terminou en penalti. O encargado de tiralo Suso encontrouse coa millor versión do Jato que conseguiu pararllo. Primero tempo 1-0.
No segundo tempo eles intentaron apretarnos, pero fomos nos na "porteria de abaixo", os que tivemos as primeiras ocasións que solucionou un inconmensurable Carlos (¡vaya partidazo se largou o Carlos, felicitación!). Sobre o minuto 15-20 nun errro no despexe deles, Suso colliu un gran tiro desde fora da área ao que esta vez non chegou o Jato, así tamén se resarciu do penalti. Noraboa.
A partires de aquí, eles cambiaron o sistema de xogo, e con só tres defensas puxeron en marcha o xa famoso "arreón das Redondas". O ano pasado co mesmo sistema en 10 minutos marcaronnos catro goles, pero esta vez a nosa defensa e medio campo pechou os dentes e a base de traballo colectivo non só se anularon os intentos do Cabana, senón que una vez lle roubamos o balón, chegamos catro ou cinco veces solos diante do porteiro, pero unha vez más a nosa visoñez goleadora saiu a relucer e en vez de terminar un partido tranquilo, tivemos que sofrir ata o final. Carioca mandou un tiro ao pau faltando 10 minutos que se chega a entrar.......
Creo que victoria moi merecida e curta...moi curta para os méritos acadados. A verdade é que estasenos a dar ben este campo e ainda que perdemos nel varias veces, case sempre xogados dignamente.
Agora un descanso ata Xaneiro....así que coidado co turrón....co champan.....en fin ¡¡¡¡BOAS FESTAS PARA TODOS!!!! A volta empeza un Tourmalet de carajo.
Este e a reportaxe gráfica do evento acaecido hoxe en Cabana, que o disfrutes:

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Enorabuena a todos otro partidazo en Cabana y recortando puntos con los de la parte alta de la clasificacion. ¿Por que no apretarlos un poquito ? Tenemos equipo para eso y mas. Despues de la gran primera vuelta toca descansar y disfrutar de la familia.


¡¡ feices fiestas para todos¡¡

Anónimo dijo...

Sigo pensando que tenemos equipo para quedar entre los cuatro primeros, en estos ultimos partdos lo estamos demostrando. Con esfuerzo y trabajo llegaremos lejos, porque al futbol nuestro equipo sabe jugar. Ahora, a disfrutar con nuestra familia y seres queridos de estas fiestas, sin comer ni beber mucho para no perder la forma. El dia 10 nos vemos para jugar contra el Corcubion, que aunque quede lejos, espero y deseo que todo el equipo vaya para seguir demostrando todo lo que somos capaces de hacer.No me enroyo mas. FELIZ NAVIDAD.

Anónimo dijo...

Uy ,uy .uy como se esta poniendo esto
el proximo dia 10 de enero nos vamos a jugar una importantisima baza para ponernos en el trio de cabeza,con orden y sin prisas podemos sacar algo positivo,pero eso lo dejaremos para enero ahora toca disfrutar de estas fiesta.
Enorabuena por el partido del domingo.
BON NADAL