O domingo non fun ao partido, así que todo o que aquí poño é de oidas. Antes de nada darlles ánimos a JAVIER o xogador do Club del Mar que tivo unha lesión desgraciada. ¡¡¡ÁNIMO JAVIER E QUE PRONTO POIDAMOS DISFRUTAR DAS TÚAS LECCIONS MAXISTRALES DE FÚTBOL!!.Nas Eiroas tocou madrugar porque o partido comenzou as 10,00, parece que o campo no estaba todo o ben que debía de estar. A primeira parte seica rematou con 0-0. Na segunda o Club de Mar adiantouse no marcador, pero nos últimos 20 minutos poidemos remontar e polo tanto conseguir a terceira victoria consecutiva, nestes momentos ocupamos a octava posición con 17 puntos. Non está mal, o obxectivo como ben dixen moitas veces e non pasar moitos apuros e a partires de ahí disfrutar do fútbol, que para iso estamos en veteranos.
Esta vez non hai reportaxe gráfica porque o retratista estaba quentiño na cama e non se levantou para facer o seu traballo, por unha vez vamos a disculpalo.
Decir que parece que o domingo estaban todos os xogadores, con excepción de Antonio que sigue lesionado, é de Suso que está desaparecido en combate, por iso este administrador do blog quere fecilictar a todos e cada un dos xogadores fichados por ser unha piña tanto dentro como fora, o fútbol é un pretexto para pasalo ben, pero se ademáis como é neste caso formamos un grupo no todo o sentido da palabra, entón moito millor. Repito, felicidades, e gracias a todos pola vosa implicación e polo voso compromiso.
O Bergantiños sigue o seu paseo pola liga, este domingo gañoulle ao seu perseguidor o Nantón por 3-0, e cada vez está máis claro que salvo unha hecatómbe na segunda volta...isto teno moi ben. O San Román vaise recuperando, o Cabana caiu na casa diante do Zas, o Ponteceso gañoulle ao Vimianzo, o Buño aprazou o partido que lle tocaba disputar co Baio, e o Corcubión gañoulle ao Bértoa.
Finalmente dicir, como xa consta nun comentario da entrada anterior, neste blog non se censuraron ata o momento ningunha clase comentarios, agora ben se alguén quere tocar os cojo.....e armar as de dios.....para perjudicar ao Xuventude, non dudarei en suprimir o comentario fulminantemente. Admitense, que duda cabe, as críticas e os distintos pareceres, pero o que intente perjudicar ao grupo por medio de comentarios que por enriba veñen como "anónimos", nun dubidarei nin un segundo en eliminalos do blog.
8 comentarios:
¿Qué pasa aquí? Xa se acojonou todo o mundo?. Vamos quero comentarios ¡coño! FESSSSSSSSSSTAAAAAAA.
hola,os quiero felicitar por que sin hacer mucho ruido estais ahi y me consta que en cances sois todos una piña,lo que me pregunto por que no teneis mas gente de cances como arturo,jesus cotelo,francisco(hermano de arturo)angel,marcos,ovidio,javier,javier antelo ...........toda esta gente creo que ya jugaron juntos en alguna epoca del cances y despues algunos como angel,fran y javier antelo federados y no eran malos precisamente.ehhhhhhhhhhhhhh que esto no os parexca una crtica yo creo que seria una buena idea.saludo y a mallar por los campos pero sobre todo a pasarlo bien
Pola miña idade case que non coñezo a ningún deles, pero se queren xogar no Xuventude non teñen máis que dicilo e unirse ao grupo, sería estupendo volver a contar con xente de Cances. Temos que ter en conta que este ano, por unhas circunstancias ou por outras, faltan no equipo varios xogadores de Cances, pero xa temos xogado no sete ou oito: Antonio, Ramón, Facal, Sorribas Manolo, José Manuel Sorribas, Suso, Victor Novo, Toniño, Sindo, Blas, Tino (que é coma se fora de Cances) e non sei se me queda algún, pero xa xogamos todos xuntos no mesmo partido. Agora que a idade non perdoa ten que vir outra xeneración para dar o relevo. Que eu saiba aquí nunca se votou a nadie e moitas veces temos que recurrir aos amigos para completar a plantilla e pedirlles nos voten unha man. Se realmente temos en Cances tantos xogadores en edad de veteranos e queren xogar no Cances ¿a que esperan?
Pois parece que hai xente que non esta contenta co equipo. Primeiro un di que si son moitos da coruña e agora outro que hai montons de xogadores en cances e porque non se conta con eles.
Parece que agora que van as cousas ben sobra a xente de fora e aparecen xogadores en cances por todos lados.
Esto e de coña, cando facia falta xente resulta que non aparecia ningen, e cando ven xente de fora pa completar o equipo e as cousas van ben resulta que cances este cheo de xogadores.
Os de cances deberiades de estar ben agradecidos a esa xente que non e de ahi e defende esa camiseta porque as envidias non son boas e con esa dinamica o millor o dia de mañan nin dios quere xogar no cances e quedades bos soiños co voso equipo.
Animo xuventude que tendes o millor equipo dende que se fundou mal que lle pese algun....
perdonade eu non queria crear polemica con nadie foi unha percecion miña e cances e de todo o mundo ou ahora tamen somos vascos ou catalans e sopoño que o equipo esta pa pasar un domingo divertido con amigos e punto digo eu,e outra vez non queria ofender a nadie,PERDON
tanto cances ,tanta coruña .o que fai o amor é ir a cances todos os venres .mirar a lista de convocados e non estar nela .eso si que jode
je ne peux pas.traducido xa me inchan os mingletes .eso si que é duro. nin a diretiva nin o mister ninguen conta conmigo.
graciñas MINERVA,gracias Patricia sin vos non seria o mesmo
deixadevos de carallos e disfrutemos do domingo .eso si a partires das 12 que outros antes non poden
Ahí está...ahí está o Vila.....tés toda a razón, vamos ter que falar co "mister" porque leva un lote de partidos sin convocarte...jejejejejeje ¿por qué será? seguro que é porque non vas ás concentracións dos viernes...jejejejejeje, iso sí que é discriminación.jejejejeje....Garcy(¿que ben me quedou así o nome non?), temos que recuperar o noso Mauro para o fútbol, así que a partires de xaneiro temos que poñelo a xogar, que nós non pagamos a ficha para que este home estea todo ano de vacacións.jejejejeejeje...E con respecto ás outras lerias eu non teño máis que dicir....A xogar e a disfrutar. Forza Xuventude.
Enorabuena por el gran partidazo en Zas buen trabajo defensivo,gran control en medio campo y letal en ataque.Tenemos un equipo muy bien compensado y creo que vamos a dar muchas satisfaciones a los seguidores del xuventude y todos trabajaremos para que asi sea.
saludos
Publicar un comentario