XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

martes, 26 de enero de 2010

ACABOUSE A RACHA: PONTECESO 3 -- XUVENTUDE 0

Acabouse a racha, despois de 7 victorias seguidas caemos en Ponteceso por un contundente 3-0. Sen quitarlle méritos o rival parece un resultado excesivo, máximo cando só tiraron 5 veces entre os tres paus, pero xusto é dicilo da mesma maneira que nós gañamos non Vinculeiro Stadium sen merecelo na primeira volta, hoxe as cousas voltaron ao seu lugar.
Non fixemos un gran partido. O 0-1 foi un regalo do árbitro (¿de dónde coño saiu este tipo?) que se inventou un penalti que só viu él. Rios caiu e a pelota dalle na mán, pero fora da área. O trencilla que xa nos había jodido dous ataques cortandoos con fora de xogo imaxinarios (un está recollido nunha foto na que se ve como se ían cara a portería Roberto e Vega), non dubidou en pitar o más rápido posible. Sen tempo de reaccionar caiunos o segundo nun regalo da zaga e que pillou a Cuba a media saida. Co 0-2 arriscamos e puxemos 3 defensas soamente, a cousa empezou a a millorar e aceramonos con perigro, pero o porteiro deles non estaba pola labor. Sobre o minuto 40 penalti de libro sobre Isidro que se tragou o referee que non nos dou tempo nin a quitar o corner..Tiña prisa o home.
Na segunda parte no primeiro minuto Pelat Sorriba puxo a proba ao cancerbeiro deles, pero estaba visto que non ía ser fácil. Empezamos o acoso da portería contraria pero a magistral actuación do seu porteiro impediu que poideramos márcar. Conteille non menos de sete ou oito intervencións nas que salvou ao seu equipo, pero creo que podiamos xogar tres horas máis e non seriamos capaz de marcalle- Ao contrario aló polo minuto 15 eles a primeira vez que conseguiron acercarse a nosa área marcaron o 3-0 e partido sentenciado. De nada serviu seguir tirándolle a portería porque o seu cancerbeiro parounas todas.
Cara o final aínda tivemos sorte non levar un par deles máis porque o equipo xa era unha caricatura de equipo no sentido táctico.
Victoria merecida do Ponteceso que soupo xogar as súas bazas. En canto a nós intentámolo por todos os medios, pero non foi posible.
Do árbitro só dicir que millor que non se nos cruce no camiño outra vez porque do mesmo xeito que os xogadores fallan goles, eles poden tamén equivocarse....pero o que no se pode admitir e unha persecución continua e un "vacile", iso nón, e claro que desde as gradas se lle dixeron cousas fortes (sobre todo "burro"), pero ter que aguantar iso creo que vai implícito no soldo ¿ou non?, non facía falla ir quentarlle a orella ao final do partido porque él ben o escoitou (e eu ben sei porque o digo), e viu perfectamente quen lle recriminaba a súa "actuación". Deixando a un lado o seu partidismo e falta de respeto polo Xuventude e os seus xogadores (seguen considerandonos un equipo menor) teño que engadir que non mirou o reglamento, senón a que coño ven enseñarlle unha tarxeta a un xogador do Ponteceso cando ía sacar un falta, e o mesmo fixo con un dos nosos..... O dito millor non encontralo nos campos.
O domingo partido contra o San Román e despois o Bergan..¡¡¡casi ná!!!!-
Estas son as fotos da derrota:
TAL COMO PROMETIU O PRESIDENTE O VIERNES DIA 29 DE XANEIRO A PARTIR DAS 22,OO HORAS
NO SITIO DE SEMPRE, E DICIR, NO LOCAL SOCIAL DO BAR FERGO
GRAN CHURRASCADA.

22 comentarios:

Anónimo dijo...

eii !!!! donde tan as fotos?

en canto a cronica chégache ben, despois eliminades comentarios que non vos gustan. se eso non é desprecio ufff

xuventudedebergan dijo...

Aquí tes a fotos e pode ser que sí que sexa un crónica dura....nada comparado co que él fixo no campo. E sí vou seguir eliminando comentarios nos que se insulte a calquera, así de claro......Non creo no contido da crónica haxe ningún insulto.

Anónimo dijo...

De donde saiu ese tipo e chamarlle burro e unha desconsideracion e dicir que non o volvamos a encontrar no camiño e un detalle.Eres todo un hacha,nin que os outros non tivesen problemas de arbitraxes....fenomeno

Anónimo dijo...

Unha cousa e arbitrar mal por que teñan que toma-las decisións en decimas de segundo e sin que lles axude ninguén(e refirome tamén os xogadores) e outra cousa e rirse na túa cara como fixo este señor

aviator dijo...

O "anónimo este" parece que ten ferida a súa sensibilidade jajjajaja.debe de ser familiar del o arbitro jajajaj

todo eu dijo...

Sí parece que esta semana saiunos un "valiente anónimo" como novo Robin Hood dos árbitros...jejejejeje...¿cómo che chamou hacha?..iso sí que é delicadeza.....igualito que Mimosin...

Anónimo dijo...

Averdade e que o arbitro non estuvo moy acertado ,quero pensar aque pitou o que a el lle pareciou o mais xusto,de todas formas o Ponteceso fixo un partido moy serio ,encanto o Xuventude non tuvo o seu dia.

o vila dijo...

o que me fode é que se rian de mín.e o domingo rironse.un dentro do campo e outro fora.ganounos ben o ponteceso,non hai nada que facer se o equipo contrario saelle todo ben.fixeron bo partido en conxunto ,tres ases pro porteiro.
mais sego a dicir que alguen se riu de min e dos meus e non me levanto un domingo para iso .tocame o carallo. non sei ,ponme incomodo .supoño que xa me pasara .probable que me pase o venres no churrasco

Anónimo dijo...

Roubo a man armada.........
Escandoloso...
Parece que alguns coma ese que lle chama acha a xente, lles molesta que o cances este ahi arriba dando guerra e se lle de, ademais de non ter nin puta idea do que fala de dicir tonterias.....
POIS SI FENOMENO SI FOI UN ROUBO EN TODA REGLA PORQUE SO PITANDO A MITAD DO QUE TIÑA QUE PITAR HOUBERAMOS GAÑADO O PARTIDO PORQUE FOMOS MOIS SUPERIORES O PONTECESO E ESTO CHO POÑO EN MAYUSCULAS PA QUE O LEAS BEN CHE GUSTE OU NON IMPORTAME UN CARRALLO FENOMENO...

o vila dijo...

si non hai mais que ver barrio sésamo.
dentro -fuera ,fuera -dentro
agora estou fora ,agora estou dentro
isto é fora ,isto é dentro
o do domingo foi patético .pasounos coma a seleccion de futbol sala

do outro lado dijo...

sinto discrepar, pero tanto como que foches superiores e que o colexiado gañou o partido sintoo pero nonn eso si que non, non digo que algunha decision se equivocara pero deso a que foches moi superiores non te columpies meu neno..

Anónimo dijo...

Mira meu neno,o ponteceso en todo o partido tirou cinco veces a gol e o xuventude unhas vinte polo menos, e dicir mais ou menos igual, eso sin dicir que a maxima estrela do ponteceso foi o porteiro, casualidade porque sera, e eso de que se equivocou en algunha decision dame a risa, equivocouse practicamente en todas e en contra, penalti que se inventa en contra, dous moi claros non pitados a favor, foras de xogo de risa, etc....
Penso meu neno que o que se columpia es ti e tes un sentido da realidade un pouco equivocado.

Anónimo dijo...

E mais meu neno se queres entras na paxina do ponteceso e mira o que eles mismo escriben que creo que saben mais que ti do conto ou polo menos saben ver a realidade. Informate antes de falar meu neno......
e se ti estuveches no campo dende logo necesitas urxentemente ir unha optica a graduar a vista meu.....

Anónimo dijo...

Solo basta ver como escriben para saber como juegan......animo

Anónimo dijo...

Tranquiliños que como sabe todo o mundo os arbitros unha vez danche e outras quitanche asi que non fajades tanta festa.A todolos equipos lle pasa alguha vez a nos pasounos fai duas semanas,acabou o partido e fomos pra casa,punto e pelota,porque todolos comentarios que fagades en contra dos arbitros non vos van devolver os puntos.Eu digovolo por experiencia,asi que se meterades as ocasions que fallastes non tariades falando asi do arbitro.Que quede claro teño moi bos amigos no voso equipo pero eu creoque esta non e a maneira de arreglar os temas arbitrales pois non me parecedes un equipo que hasta ahora vos queixarades dos arbitros,e con isto non quero que se aumente o follon e solo a miña humilde opinion.Un saludo moi forte atodos os de Cances,ata outra.

Anónimo dijo...

Estoume leendo os comentarios,e creo que o arbitro do encontro si ten a conciencia tranquila mellor para el.
Encanto o Xuventude ten que pasar borron e conta nova e non entrar nesta polemica,os de Cances saben ganar e saben perde.
solo queda felicitar o Ponteceso e prepararse para o domingo contra o San Roman.
Saudos pra todos

el follonero dijo...

Se gardaradela forza po campo e non gastala en comentarios que non van a ningun lado.

Sindo dijo...

Bueno...algún xa conseguiu o que se propoñía que era encender a mecha, iso sí, sempre baixo a manta da cobardía escudándose no anonimato, como é normal nesa clase de seres raros, así que compañeiros nin puto caso. O Ponteceso gañou merecidamente porque conseguiu meter tres goles. O árbitro para nós estivo horroroso, pero agora o que temos que pensar é NA CHURRASCADA DO VENRES. Non entredes ao trapo porque ese depredador das letras o único que pretende é deixarnos quedar como uns malos perdedores. ¡Xa hai que ter...mala hostia!.Non anónimo non non o vas a conseguir nós xa perdemos 10 partidos seguidos aguantamos e seguirmos estando aquí (os mesmos...os mesmos), xogando, gañando e perdendo, sempre con dignidade e con orgullo tanto nas derrotas coma nas victorias. ¿tí tés de iso?...Pola túa verborrea vese que non.....¡¡¡COMPAÑEIROS O VENRES CHURRASCOTE!! y a otra cosa mariposa.

o vila dijo...

para min cando acaba o partido acabase todo.pero repito ,o domingo rironse de nos
unha cousa é engañarse e outra facelo a posta.levo xogando (ou algo parecido )moitos anos e o outro día notei cousas raras .falamos de xogadas de metros non de cm .bueno , escribindo ,penso que xa me pasou a carraxe .é boa terapia isto ,carallo.
un saudo a todos

Lolo dijo...

Os anónimos con mala fe vaiselle acotando o espacio pero inda asi sacan a cabeciña de vez en cando para tentar tocar as bolas cobardemente. Esas bullas nos blogs non valen para nada, solo para enmerdar o ambiente. Xa quedou claro nas cronicas dos dous equipos como foi todo, de ahi para diante sobra todo. Qué aproveiten esas tiras de churrasco, levadelas ben ganadas este ano!!!

Anónimo dijo...

la verda es que cuando perdemos suben los comentarios.
saludos

Anónimo dijo...

Señor Sindo a mecha encendestela vos poñendo o arbitro a parir.Eu non falto o respeto a nadie solo fago un comentario sobre o que vos puxestes no blog. As miñas palabras son claras e non mal intencionadas,e sigo pensando que os arbitros dan e quitan e non me equivoco porque levo xogando o futbol 26 anos e teño moita dignidade.Tampouco son un ser raro nin un depredador.Nos meu comentario que por certo son o que empeza coa palabra tranquiliños non existe ningundescalificativo hacia vos asi que por favor non poñades palabras que ofenden e se non tes que señalar hacia quen dos dous anonimos van dirixidas.Moita sorte no que resta de temporada e non lesionarse de gravedad polo menos que e o mais importante e non estos comemtarios.