XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

lunes, 11 de enero de 2010

CORCUBIÓN 0 --- XUVENTUDE 2

Nun día con moito frio acadamos unha nova victoria nun campo difícil como o de de Corcubión. Non sei quen dixo que o o fútbol é un estado de ánimo, creo que foi o filósofo Valdano, e analizando o que sucediu hoxe parece que é así . O Corcubión tivo tres ocasións clarísimas na primera parte non acertou, e cando foron no medio dos tres paus foi Cuba o que se encargou de paralas. Seguindo a máxima de que o que perdoa acaba pagandoo, nós na primera ocasión que tivemos marcamos o 0-1. Para mín golazo de BERNARDO desde a frontal da área, con rosca e pegado ao pao, alí donde non podía chegar o porteiro. A partires de aquí o partido cambiou totalmente e a pesares de que o Corcubión atacou e buscou o empate controlamos o partido ata o final. O 0-2 foi unha excelente xogada a contra na que Roberto vé o desmarque de Fidel que fixo un magnífico centro culminado novamente por BERNARDO, para mín o xogador do partido. pola súa efectividade, iso sí, sen desmerecer a todos os demás que despois do parón, do turrón e do champán, viñeron con gañas de xogar e dabofé que o fixeron ben, moi ben diría eu.
Hoxe foron 15 os que se vestiron, incluido Viliña que reapareciu despois de catro meses, e habiá outros dous xogadores máis na recámara, o que é unha novidade indo xogar a Corcubión, a donde tantas veces fomos só 11. Isto denota o compromiso de todos, pese as inclemencias metorolóxicas. O obxectivo está cada vez máis cerca, que é o de permanecer na elite outro ano más, e non pasar o calvario do ano pasado, aínda que para confirmalo necesitaremos uns puntiños máis, xa que quedan un feixe de xornadas. A incorporación de xogadores máis xóvenes en detrimento de nós, o vellio, está a dar os seus froitos, e confirma que fixemos o correcto aqueles que decidimos colgar as botas. ¡Temos que darlle paso aos trintaañeros! jejeje.
Non quero finalizar este post sin suliñar con orgullo que o equipo nestes momentos é unha piña. Todo Dios se sacudiu o seu "ego" e da igual sair no once que comenza, que xogar máis tarde, xogar 40 minutos ou 30, de momento (eu tamén sei que cando os resultados axudan é máis fácil) o importante e contribuir a que o equipo crezca e de verdade que o está a facer. Non é fácil xestionar un equipo de veteranos e que todos estean contentos, e algún seguro que no o estará, pero García, pese a que en algunhas ocasións foi criticado, penso que está a xestionar ben o grupo. e repito, non é fácil cando ten tantos galos no mesmo galiñeiro, e además obtendo bós resultados. Agora só nos faltaría gañarlle un partido a un dos "gallitos" de arriba e iso serviríanos moito moralmente.
Con respecto a xornada dicir que a liga cada vez está máis apretada que nunca. O San Román xa empatou a puntos co Bergan que pinchou, e é firme candidato o título. O Nantón gañou é está a espectativa. Os que estamos en terra de nadie facemos o que podemos, e a loita por non descender está centrada en Buño, Club de Mar, Bértoa e Vimianzo. Quedan aínda moitos partidos e aquí, repito unha vez máis, calquera pode gañar e perder con calquera.
Déixovos coa reportaxe fotográfica do partido:

7 comentarios:

O Bardo de Varcia dijo...

Sindo,é o momento de poñerse.Se se lle gañou ao Corcubión,quere dicir que se lle pode gañar a calquera do campionato.Ánimo e que non decaia...Tanta humildade por aspirar só a xogar outro ano máis en primeira paréceme excesiva:hai equipo,iso está claro.Ademais,isto tamén vale para calar desestabilidades...Repito:ÁNIMO!E algunha cea máis,claro.

Anónimo dijo...

Iso, iso deixadevos de tanta humildade que non se gañan seis partidos seguidos de casualidade. Agora hai que mirar pa arriba que non tedes nada que perder e eu penso que si seguides a este nivel vai a estar a cousa moi xustiña pero non imposible....
Animo Cances que tendes equipo

Anónimo dijo...

Ao carallo, ahi vai ese cances coma unha moto....e e mais, honestamente falando non creo que ninguen teña mellor equipo que vos, despois podedes gañar ou perder pero como minimo podedes xogar de ti a ti a calqueira. Asi que pa diante e votadelle huevos haber se lles dades un sustiño a os galiños da categoria...

sejidor dijo...

Estades millor que o ano pasado, sin duda millorastes moito, ainda que tuvestes unha racha de 5 partidos perdidos. Non tendes mal equipo e penso que non teredes problemas para conservar a categoria, pero tampouco vos creades que podedes aspirar a mais. Se mal non recordo tendes que xogar seguido contra Ponteceso, San Román e Bergantiños, aquí en donde vas a demostrar o voso nivel. Suerte de todas as maneiras.

Anónimo dijo...

Que eu sepa na primeria volta nin San Román,Nantón nin Bergantiños foron muy superiores e no caso de Bergantiños e Nanton incluso nos ainda fomos superiores asi que por que non se vai poder aspirar a algo mais?

Anónimo dijo...

Enorabuena por la vitoria en Corcubion teneis un equipo muy areglado podeis dar muchas sorpresas en esta liga eso espero y como yo muchos seguidores de esta liga de veteranos.

aficionao l. veteranos dijo...

Hola amigos do Xuventude, por casualidade estunben vendovos o
domingo e observei a un equipo moi ben posto no terreo de xogo, ademais con moitas ganas de facer futbol.
Quero decir que non se notan os cambios vexovos un equipo moy arreglado alegrome que estades nos postos de cabeza.