Onte xogamos as 12 nas Eiroas contra o Buño. Eles eran 12 pero mediada a primeira parte nunha xogada desafortunada chocaron o Porteiro deles e Vega (vese a xogada completa nas fotos) e como consecuencia o Porteiro tivo que retirarse lesionado nun brazo. Esperamos que a non sexa nada importante. Na segunda mitade outro xogador deles disputando un balón dividido tamén se lesionou, igualmente lle desexamos que non sea nada grave. A verdade é que cando se ceba a mala sorte con un equipo non só lle afecta aos resultados senón tamén os xogadores, o Buño é un exemplo claro de que cando as cousas se torcen, torcénse en todos os aspectos. O dito que lle desexamos unha pronta recuperación aos dous xogadores lesionados.
En canto o partido, pódese dicir que eles coa lesión do porteiro eran 11 xustos. Na segunda parte expulsaronlle a un xogador o que unido a lesión de outro quedaron no campo con 9, xogando así uns 15-20 minutos. Aguantaron bastante ben alí atrás.
O 1-0 fixoo Roberto mediada a primera mitade, así fomos ao descanso. O Buño replegouse e non foi ata o minuto 80, eles tiñan 9, cando conseguimos poñer o 2-0 no marcador. Un boa contra iniciada por o noso porteiro circunstancial Javier, que rematou Joaquin. Ao final do partido o porteiro deles intretúvose coa pelota despejou contra Vega e entrou na porteria.
Partido raro. Moito toque, pero pouca efectivade, e cando chegamos arriba non soupemos aproveitar. E un deses partidos no que non das marcado o segundo e que en calquer rebote pode marcar o contrario e acabar o partido empatado. Non fixemos un gran partido, pero o importante e meter outros tres puntiños na buchaca, que siga a racha.
En canto ao resto da xornada nada que significar, os tres que temos por arriba gañaron os seus partidos, o Corcubión tamén lle gañou ao Cabana, e todo sigue o mesmo.
Agora como sempre déixovos coas fotos do partido:
6 comentarios:
Enoraboa polo triunfo, en verdade foi o mellor do partido.
moitas gracias polos vosos animos un saudo fortee moita sorte para o que quede de liga.
polos lesionados, todo ben.
o porteiro, pablo,ten unha contusion no brazo, e o dianteiro, diego un forte esguince(grado 2-3)
os veteranos do buño
Animos para Pablo e Diego,e que teñades moita sorte pos siguientes partidos. Ainda non esta todo perdido.
saudos
eu creo que nadie e un santo!!!e que diga o contrario minte.
dentro do campo pasan cousas,dinse palabras non moi adecuadas,pero cando o arbitro pita o final,acabouse, polo menos da miña parte.
seguro que algun dos teus mellores amigos saio dalgunha discusion ou disputa no campo.
eu estou agradecido o cances polo seu comportamento e o trato que nos deron.
veteranos de buño
Acabo de entrar fai un momento no blog e desgraciadamente acabo de ver un comentario despectivo que de ningún xeito vou a admitir mentras eu sea o administrador de este blog. Aquí, pódese discutir, e opinar, pero nunca vou a permitir que se insulte a ninguén. Non sei que foi o "hacha" que fixo o comentario, nin me interesa sabelo, pero por ese camiño, neste blog vai ter poucas oportunidades de plublicar ninguna opinión. Disculpas ao Buño polo desafortunado comentario que xa borrei.
Publicar un comentario