XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

sábado, 27 de febrero de 2010

ATENCIÓN: SUSPENDIDO O PARTIDO DE MAÑÁN DOMINGO

Debido as inclemencias do tempo que fixeron que o campo este anegado de auga:
SUPENDIDO O PARTIDO DESTE DOMINGO 27
XUVENTUDE --- VIMIANZO

miércoles, 24 de febrero de 2010

DOMINGO NO VINCULEIRO STADIUM: XUVENTUDE --- VIMIANZO (se o tempo o permite)

As previsións meteorolóxicas para o fin de semana son adversas, por iso intentamos conseguir o campo de Carballo para disputar o partido do domingo. Agora a xestión leva o Patronato Deportivo Municipal, que nos solicitou que presentaramos un escrito. Tal como nos pediron presentamoslle o escrito, non no nome do equipo de veteranos, senón en nome da "Asociación Deportiva Cultural Xuventude de Bergantiños de Cances" , na que está integrada o equipo, entidad legalizada e dada de alta no registro de Asociacións. Tal como era previsible non nos concederon ningún campo porque parece que están ocupados por equipos federados e por outros equipos. Ou sea rien....de rien...., dame a impresión de que a partires de agora,no vai ser fácil conseguir campo nas Eiroas...hummmmmmmmmm..............en fin. que se o tempo o permite (igualito que nos toros) toca xogar no:
VINCULEIRO STADIUM DE CANCES
DIA: 28 DE FEBREIRO, HORA: 11
XUVENTUDE --- VIMIANZO.
ATENCIÓN: Por coincidencia de colores co contrario tendes que traer TODOS as camisetas AZUL MARINO.....

martes, 23 de febrero de 2010

lunes, 22 de febrero de 2010

CAMARIÑAS 1 --- XUVENTUDE 1

Onte no campo das Hermanas Patiño empate entre Camariñas e Xuventude, dous equipos que están a ser en certo modo unha das sopresas da tempada. O Camariñas o ano pasado salvouse con certos apuros, e o Xuventude, nun ano nefasto, quedou de último e só una decisión administrativa, por incorporación de máis equipos, fixo que se salvara do descenso. Este ano as cousas parece
que cambiaron e no só están salvados os dous equipos, senón que o Camariñas pode ser o "xuiz" desta liga xa que se ten enfrontar aos dous primeiros. Xa conseguiu gañarlle o Bergan en Camariñas.
Do partido de onte, polo que me contaron, foi un partido de poder a poder, no que se adiantou o Camariñas e cerca do final o noso goleador Vega conseguiu empatar. Coma sempre un dos protagonistas parece ser que foi o vento. Como non fun ao partido pouco más podo dicir.
O resto da xornada deparou o importante empate do Ponteceso en Paiosaco contra o San Román, a sorprendente derrota do Cabana 3-9 frente o Bértoa (sobre todo polo amplo do marcador), os demáis resultados nada que non se esperara, victoria do Bergan ante un diezmado Buño que xunto co Club de Mar parece ter todas as bazas para descender. Respira o Vimianzo que marca distancias cos de abaixo..
Na segunda segue a loita encarnizada entre os tres primeiros polas plazas de ascenso e ata o final non creo que haxa nada resolto.
Como non teño reportaxe fotográfico vou a deixarvos unhas fotos de cando o noso equipo: O Xuventude de Bergantiños de Cances estaba federado (son as fotos de arriba). En ambas vese ao noso recordado FACAL defendendo a camisola do equipo no que seu pai era Presidente e "alma mater" do mesmo, tamén se vé ao noso capitan O Pelat Sorribas, aínda imberbe, con unha "melenaza de ahí te espero". Asemesmo está José-Antonio Cambón entrenador de tantos equipos da Costa (Ponteceso, Cabana, Baio, Bergantiños) e actualmente no Villabés, Paco "Gárate" un dos millores rematadores de cabeza que houbo na Costa, Chicho do Couto (que tamén nos deixou fai uns anos), O noso Manolo Sorribas, Soneira, Cancela de Buño......¡¡que tempos aqueles!!! foto do ano 1980., parece que foi onte.....haberá máis.
Estamos recopilando fotos nas que apareza Facal, se algún ten algunha por ahí, (sei que xogou no Ponteceso, e no Deportivo Carballo), por favor poñerse en contacto con nós no correo electrónico: xuventudebergan@gmail.com, a nosa idea e facer un albúm.

viernes, 19 de febrero de 2010

DOMINGO EN CAMARIÑAS: CAMARIÑAS ----- XUVENTUDE

O domingo toca desprazamento largo ata Camariñas, así que non temos máis remedio que madrugar. Espero que NON pase como sempre que cando toca xogar lexos só van os xustos. ¡¡A levantarse toca!!!!
EN CAMARIÑAS, CAMPO: HERMANAS PATIÑO
HORA: 11,00
CAMARIÑAS ---- XUVENTUDE

domingo, 14 de febrero de 2010

A LIGA É COUSA DE DOUS. HOXE NO VINCULEIRO STADIUM: XUVENTUDE 4 - NANTÓN 2

Voltamos o noso querido Vinculeiro Stadium onde os partidos son unha ruleta rusa. As medidas do campo fan que a balanza se poida inclinar en calquera momento para calquera equipo, non importa o seu pontencial. Hoxe para mín foi un gran partido de fútbol de veteranos. Loita, sacrificio, bo xogo dentro o que que permite este campo. Os dous equipos intentaron non xogar ao patadón, froito de eso é que poucas veces fomos polos balóns a chousa.
Primeira parte 1-2 a favor do Nantón que se adelantou con 0-2, resultado que a o meu entender non reflexaba o que estaba a suceder no campo. O Nantón un dos millores da categoría, aínda que mermardo pola ausencia de xogadores importantes, cando chega arriba é difícil que erre. Duas oportunidades 0-2. Nós tres ou catro oportunidades 0 goles. Ao final da primeira parte Alberto marcou o 1-2 con un espléndido testarazo.
O comenzo da segunda parte foi fulgurante no primero minuto balón ao pao do Pelat en xogada individual. Minuto dous empate con gol de Vega. Alégrome por este gran xogador porque levaba unha mala racha, pero a base de constancia conseguiu marcar. Mediada a segunda parte 3-2 obra de Suso que recibe de espalda dentro da área, dá a volta e fusila ao porteiro. Éste antes quitoulle a Vega dous balóns que xa quixeran firmar algúns porteiros de primeira división: o primeiro un testarazo de Vega na área pequena e o segundo chegou desde o pau contrario cando todos cantabamos gol.
O 4-2 novamente Vega. Triunfo merecido que puido ser máis abultado.
Resultados de hoxe en Primeira e Segunda:
BERTOA
4
1
BAIO
CLUB DEL MAR
2
4
VIMIANZO
ZAS
1
4
CAMARIÑAS
JV.BERGANTIÑOS
4
2
NANTON
CORCUBION
1
6
BERGANTIÑOS
BUÑO
1
4
SAN ROMAN
PONTECESO
4
2
CABANA
Equipos
Pts.
Jug.
Gan.
Emp.
Per.
GF
GC
1
BERGANTIÑOS
46
20
14
4
2
56
12
2
SAN ROMAN
46
20
14
4
2
47
16
3
CAMARIÑAS
37
20
11
4
5
55
41
4
NANTON
36
20
11
3
6
56
34
5
JV.BERGANTIÑOS
33
20
10
3
7
41
33
6
CORCUBION
31
20
9
4
7
52
43
7
CABANA
* 30
20
10
2
8
48
48
8
PONTECESO
29
20
9
2
9
41
35
9
ZAS
26
20
7
5
8
35
39
10
BAIO
22
20
6
4
10
38
48
11
VIMIANZO
19
20
6
1
13
39
63
12
BERTOA
17
20
5
2
13
39
57
13
BUÑO
15
20
4
3
13
24
53
14
CLUB DEL MAR
9
20
2
3
15
22
71

* 2 puntos menos por sancion

LEILOIO
2
1
AGUALADA
U.D.CERQUEDA
1
3
AT.MILAGROSA
MALPICA
1
1
DP.CARBALLO
SAN LORENZO
3
0
CORCOESTO
CASTRIZ
2
1
CORISTANCO
PORTEÑO
1
1
CORME
SOFAN
DESCANSA
Equipos
Pts.
Jug.
Gan.
Emp.
Per.
GF
GC
1
AT.MILAGROSA
40
18
12
4
2
34
15
2
CORISTANCO
39
19
11
6
2
45
23
3
CASTRIZ
36
17
11
3
3
40
21
4
U.D.CERQUEDA
31
19
9
4
6
34
26
5
CORCOESTO
30
19
9
3
7
33
30
6
CORME
26
19
7
5
7
37
31
7
SAN LORENZO
25
17
7
4
6
37
32
8
SOFAN
22
18
5
7
6
22
22
9
PORTEÑO
19
18
5
4
9
21
28
10
MALPICA
19
19
5
4
10
29
42
11
LEILOIO
19
19
4
7
8
23
36
12
DP.CARBALLO
16
18
4
4
10
18
30
13
AGUALADA
6
18
1
3
14
16
53

Tal como se pode deducir polos resultados acadados en primeira, co permiso do Camariñas que está a facer un mágnifica campaña e que gañou en Zas, a liga é cousa de Bergantiños que arrollou ao Corcubión, e San Román que gañou en Buño, pola parte baixa ardelle o eixo, o Club do Mar volviu a perder e parece serio candidato a descender e o outro posto están a xogalo entre Buño, Bértoa que gañou e Vimianzo que tamén gañou.
En Segunda o At. Milagrosa, Coristanco e Castriz son serios candidatos ao ascenso. No outro lado da balanza está o Agualada que só gañou un partido.
Agora déixovos coa reportaxe fotográfica do partido contra o Nantón:

OS COMPAÑEIROS DA CHAVE EN PLENA FAENA E DESPOIS COCIDO

Por primeira vez neste blog vamos a ver unha reportaxe dos compañeiros da Chave. As imaxes son deste sábado. Antes de nada pedirlles disculpas por tardar tanto en publicar a súa actividade a que levan dedicados moitos anos. Pero como dí o refrán nunca é tarde...........-
Como poderedes apreciar despois do partido cocido monumental. A título persoal podo decir que hoxe comín as millores filloas a pedra que probei na miña vida...felicidades Tino eres o Ferrán Adriá das filloas a pedra......¡¡¡¡boísimas!!!! non fai falta máis que ollalas na foto.
Ahí vos deixo as fotos, con carnaval incluido....jejejeje:

viernes, 12 de febrero de 2010

DOMINGO 14: XUVENTUDE --- NANTÓN AS 11.00 NO VINCULEIRO STADIUM

Volvemos ao noso benquerido VINCULEIRO STADIUM, non foi posible conseguir campo en Carballo e tócanos xogar en CANCES, así que :
HORA: 11:00
CAMPO: VINCULEIRO STADIUM DE CANCES
XUVENTUDE ---- NANTÓN.
Para este partido non poderemos contar con JOAQUÍN sancionado polo Comité con UN PARTIDO.

lunes, 8 de febrero de 2010

A LIGA ESTÁ QUE ARDE, TANTO POR ARRIBA COMO POR ABAIXO: BERGANTIÑOS 1 --- XUVENTUDE 1

Bloque entrecomillado
Hoxe o cronista e retratista non puido acudir ao partido, así que desde aquí emprazo a algún dos nosos que estivera no campo para que remitan unha crónica do partido, podédelo facer escribindo en comentarios e logo eu xa o pasarei a páxina principal.
Só podo dicir que na Porta Santa de Paiosaco empatamos 1-1 co líder, e que segundo me contan fomos gañando 0-1, con gol de Suso. O empate deles ao parecer foi unha xogada desgraciada na que Alberto introduce o balón na nosa portería. É todo o que podo dicir.
Con este resultado o Bergantiños e o San Román empatan a puntos no liderato, seguido a distancia polo Nantón (o noso próximo rival do domingo) que hoxe empatou o seu partido. Así que a liga está que arde entre estes dou equipos e a próximas xornadas van ser quentes.
Na zona baixa o Buño tomou un respiro porque leva 6 puntos seguidos. O Vimianzo tamén apretou e por contra o Bértoa e Club de Mar seguen loitando para evitar o descenso.
Na zona morna o Camariñas leva unha boa racha e os demáis andamos por ahí todos xuntiños.
Aquí vos deixo os resultados do domingo 7 de Febreiro, póño as dúas divisións e a partir de agora que xa estamos no medio da segunda volta, tamén faceremos comentarios da 2ª División:
CABANA
3
2
BAIO
VIMIANZO
4
2
BERTOA
CAMARIÑAS
1
0
CLUB DEL MAR
NANTON
1
1
ZAS
BERGANTIÑOS
1
1
JV.BERGANTIÑOS
SAN ROMAN
3
1
CORCUBION
PONTECESO
0
1
BUÑO
Equipos
Pts.
Jug.
Gan.
Emp.
Per.
GF
GC
1
BERGANTIÑOS
43
19
13
4
2
50
11
2
SAN ROMAN
43
19
13
4
2
43
15
3
NANTON
36
19
11
3
5
54
30
4
CAMARIÑAS
34
19
10
4
5
51
40
5
CORCUBION
31
19
9
4
6
51
37
6
JV.BERGANTIÑOS
30
19
9
3
7
37
31
7
CABANA
* 30
19
10
2
7
46
44
8
PONTECESO
26
19
8
2
9
37
33
9
ZAS
26
19
7
5
7
34
35
10
BAIO
22
19
6
4
9
37
44
11
VIMIANZO
16
19
5
1
13
35
61
12
BUÑO
15
19
4
3
12
23
49
13
BERTOA
14
19
4
2
13
35
56
14
CLUB DEL MAR
9
19
2
3
14
20
67
DESCANSA
AGUALADA
AT.MILAGROSA
0
0
LEILOIO
DP.CARBALLO
1
3
U.D.CERQUEDA
CORCOESTO
3
1
MALPICA
CORISTANCO
1
1
SAN LORENZO
CORME
1
2
CASTRIZ
SOFAN
2
1
PORTEÑO
Equipos
Pts.
Jug.
Gan.
Emp.
Per.
GF
GC
1
CORISTANCO
39
18
11
6
1
44
21
2
AT.MILAGROSA
37
17
11
4
2
31
14
3
CASTRIZ
33
16
10
3
3
38
20
4
U.D.CERQUEDA
31
18
9
4
5
33
23
5
CORCOESTO
30
18
9
3
6
33
27
6
CORME
25
18
7
4
7
36
30
7
SAN LORENZO
22
16
6
4
6
34
32
8
SOFAN
22
18
5
7
6
22
22
9
MALPICA
18
18
5
3
10
28
41
10
PORTEÑO
18
17
5
3
9
20
27
11
LEILOIO
16
18
3
7
8
21
35
12
DP.CARBALLO
15
17
4
3
10
17
29
13
AGUALADA
6
17
1
3
13
15
51

Ante a cantidade de comentarios realizados esta semana e co fin de facilitar a participación e a lectura dos mesmos, podedes velos TODOS a continuación deste post FACENDO DOBLE CLIC SOBRE 00:35.