que cambiaron e no só están salvados os dous equipos, senón que o Camariñas pode ser o "xuiz" desta liga xa que se ten enfrontar aos dous primeiros. Xa conseguiu gañarlle o Bergan en Camariñas.
Do partido de onte, polo que me contaron, foi un partido de poder a poder, no que se adiantou o Camariñas e cerca do final o noso goleador Vega conseguiu empatar. Coma sempre un dos protagonistas parece ser que foi o vento. Como non fun ao partido pouco más podo dicir.
O resto da xornada deparou o importante empate do Ponteceso en Paiosaco contra o San Román, a sorprendente derrota do Cabana 3-9 frente o Bértoa (sobre todo polo amplo do marcador), os demáis resultados nada que non se esperara, victoria do Bergan ante un diezmado Buño que xunto co Club de Mar parece ter todas as bazas para descender. Respira o Vimianzo que marca distancias cos de abaixo..
Na segunda segue a loita encarnizada entre os tres primeiros polas plazas de ascenso e ata o final non creo que haxa nada resolto.
Como non teño reportaxe fotográfico vou a deixarvos unhas fotos de cando o noso equipo: O Xuventude de Bergantiños de Cances estaba federado (son as fotos de arriba). En ambas vese ao noso recordado FACAL defendendo a camisola do equipo no que seu pai era Presidente e "alma mater" do mesmo, tamén se vé ao noso capitan O Pelat Sorribas, aínda imberbe, con unha "melenaza de ahí te espero". Asemesmo está José-Antonio Cambón entrenador de tantos equipos da Costa (Ponteceso, Cabana, Baio, Bergantiños) e actualmente no Villabés, Paco "Gárate" un dos millores rematadores de cabeza que houbo na Costa, Chicho do Couto (que tamén nos deixou fai uns anos), O noso Manolo Sorribas, Soneira, Cancela de Buño......¡¡que tempos aqueles!!! foto do ano 1980., parece que foi onte.....haberá máis.
Estamos recopilando fotos nas que apareza Facal, se algún ten algunha por ahí, (sei que xogou no Ponteceso, e no Deportivo Carballo), por favor poñerse en contacto con nós no correo electrónico: xuventudebergan@gmail.com, a nosa idea e facer un albúm.
1 comentario:
Vaia melena se gastaba o Pelat pero Cambón tampouco se quedaba atrás......¿onde van aqueles tempos?
Publicar un comentario