O domingo dia 7 tócanos xogar en BAIO á hora de costumbre: 11. Quedan catro partidos, a nós un máis que é o aprazado, así que a liga case que está finiquitada. Para o ano xogaremos en primeira división, que era o obxectivo primordial.
Con respecto aos resultados da xornada anterior destaca a goleada do Bértoa ao Club de Mar por 0-11, que xunto coa derrota do Buño fronte o Nantón, fai que o equipo de Carballo tome un respiro importante. O San Román gañoulle ao Cabana pola mínima e o Bergantiños gañou en Ponteceso, co cal o domingo na Porta Santa en Paiosaco podería decidirse más de media liga, porque se gañan os "rojillos" poranse a 5 puntos e se gañan os "azuís" serían líderes con un punto por enriba. Partido de infarto, sorte para ambos e que se vexa un bo partido de fútbol. Polo demáis o Camariñas, que gañou en Corcubión, xa se convertiu no equipo revelación por excelencia e marcha disparado no terceiro posto. Ollo que este equipo pode ser o xuiz da liga posto que deberá de disputar os dous últimos partidos co San Román e Bergantiños, respectivamente, casí nada. Nos postos de descenso o Club de Mar xa o consumou e o Buño se non espabila ándalle cerca.
Na segunda división sigue a loita entre At. Milagrosa, que é o líder, o Castriz e o Coristanco, que se xogarán as dúas prazas de ascenso. E de destacar que tanto o At. Milagrosa coma o Castriz son novos nesta liga e están facendo as cousas moi ben.
No hay comentarios:
Publicar un comentario