Onte sábado foi un día moi ..moi emotivo. Celebrouse o Memorial de José Luis e aínda que o tempo no era o que nós quixeramos, o mundo do fúbol de veteranos e da chave non nos fallou.
Desde aquí darlles as grazas en primeiro lugar a todos e cada un dos xogadores que se vestiron de corto, así como a TODOS OS EQUIPOS DA LIGA DE VETERANOS DA COSTA e tamén ós de Bergantiños de veteranos de Santiago que nada máis rematar o seu partido viñeron para Cances, en segundo lugar aos árbitros (Cotelo, Pepe Novo e Luis) e finalmente a todos os que dalgún xeito quixeron deixar unha mostra de cariño para o noso compañeiro. Neste sentido temos que nomear especialmente ao Bergantiños F.C., ó Bergantiños de Veteranos, ao Ponteceso de Federados, á Asociación de Fútbol de Veteranos, á Asociación Deportivo Cultural Xuventude de Bergantiños de Carballo, ao Colexio de Árbitros de A Coruña, ó Concello de Carballo representado pola persoa do seu Alcalde Evencio Ferrero, e sin lugar a dúbidas a dous "artistas" a: Miguel Calvo que lle fixo un cuadro pintado a Facal, e a Paco Gárate que fixo unha auténtica obra de arte en pedra.
Unha especial mención para os colaboradores: Jorge Calabanda como entrenador da Selección e como non, a José Manuel Ferreiro que foi o que levou a voz cantante, nunca millor dito, deste acto, coa súa mestría no micrófono.
Non nos olvidamos do público en xeral que quixo acompañarnos neste acto tan importante para nós. E finalmente agraderlle aos amigos da ASOCIACIÓN SAN CAMPIO de Cances que estiveron ao noso carón axudándonos sempre. ¡Gracias amigos!..
Desde este humilde blog agradeceller dun xeito moi especial ás dúas fillas de José-Luis: Paula e María que nos honraron coa súa presencia, e facelo extensivo: a súa nai Elena, a súa avoa Dosinda e a súa tía Rosa, e en xeral a toda a familia.
O acto comenzou no campo do Vinculeiro saindo os dous equipos xuntos cara o círculo central onde se gardou un minuto de silencio en memoria de José Luis, logo Paco Gárate tocou xunto cos que o acompañaban o himno galego. ¡¡lástima que no houberamos grabado un video!!! Seguimos coa entrega de un ramo de rosas as fillas de Facal e saque de honra por parte de Paula, despois xogouse o partido entre o Xuventude e a Selección, resultado, que neste caso é o de menos: 1-3.
Aquí están as fotos no campo:
Rematado o partido desprazamonos o Centro Social en Cances da Vila, alí continuamos o acto con unha proyección. O primeiro foi unha filmación das poucas que tiñamos, de un partido contra o San Román en Payosaco, e o segundo un pequeno video da cea de fin de tempada do 30 de maio 2008. no que podemos observar a Facal facendo unha das labores que millor se lle daban, o de unir os compañeiros e traballar en prol do colectivo, neste caso vese servindolle café a todos.
Aqui parouse o acto e iniciouse a entrega de agasallos as fillas do homenaxeado, por parte das entidades arriba mencionadas e finalizamos o acto coa proyección de unhas fotos na que se podía ver a vida deportiva de Facal desde o seminario alá polo ano 65/66 ata os veteranos do Xuventude , pasando pola chave, a que tantos sábados lle dedicou.
Aquí están as fotos:
Como colofón ao acto servironse un pinchos para todos os asistentes que quixeron quedar.
A Asociación deportivo-cultural Xuventude de Bergantiños de Cances quere darvos as gracias A TOD@S os que dalgún xeito participastes e tivestes presencia neste acto, pero sobre todo por honrar a memoria de un magnifico compañeiro e un excelente amigo como é JOSÉ LUIS GARCÍA FACAL. ¡¡¡GRAZAS......MOITAS GRAZAS!!!
Aproveito este post para felicitar ao Bergantiños que este domingo conseguiu gañar a Copa, ¡¡¡¡FELICITACIÓNS CAMPIÓNS!!!, co cal conseguiron facer "o doblete", liga e copa.
6 comentarios:
Moitas gracias a todos!!!! foi unha tarde moi especial... non foi fácil pero si bonito... moi bonito!.
A súa filla:
Paula.
Gracias a vós por acudir aos actos. Sabemos que no vos resultou fácil y por iso aínda volo agradecemos máis. Era algo que lle debiamos a JOSÉ-LUIS por todo o que fixo por nós ao largo da súa vida que foi moito e bó. Onte máis ca nunca mostrariase moi orgulloso das dúas. Vou a facer unhas copias do vídeo e xa chas darei. Bicos.....Sindo.
Excelente acto,non era para menos.Noraboa a todos:Sindo,Cambón,familia,amigos...,foi duro, por momementos,pero pagou a pena.
Un dez para todos, foi verdaderamente moi emotivo e sentido.
Noraboa a todos os orgnizadores do acto do sabado,notase o cariño que lle tiñades o noso ben querido JOSE LUIS .
Cos pelos de punta....chapeau!!
Publicar un comentario