Pois ahí estamos, segundo me manifestou Pelat Sorribas, o próximo día 21 de agosto, sábado, ás 18,00 horas xogaremos o primeiro partido de pretemporada en OSEIRO. Toca sacar as botas do armario e poñerse a correr.
Estou intentando poñerme en contacto cos xogadores, pero con algúns non o consigo, seguramente porque estarán de vacación, así que os que vexades o blog, chamádame para saber quen ten libre e vai a ir xogar. Xa sei que é tempo de vacacións e o primeiro é o primeiro, pero unha vez ou outra temos que comenzar.
Onte unha representación da Asociación acudiu a Cances da Vila, con motivo da presentación por parte do Concello de local social. Estivemos presentes varias asociacións de Cances e quedamos para a segunda quincena de setembro. Unha vez máis os amigos do Asociación San Campio xa tiñan feito o seu traballo e posto unhas mesas e unhas sillas. ¡¡¡¡¡Sodes grandes, compañeiros, sodes grandes!!! . O local para mín é un auténtico lujo, con maiúsculas. Gracias novamente aos compañeiros da Asociación San Campio, porque sin eles non sería posible este soño feito realidade.
4 comentarios:
hola
Se non hai partido dos veteranos de Santiago, contade conmigo.
saúdos Alberto
O mesmo digo que Alberto ,si non temos partidillo o sabado ,contade conmigo.
saudos para todos.
suso
Parece que non hai partido dos veteranos dos sábados, así que esperamosvos o sábado en Oseiro, así xa poderes ver a novas incorporacións.
si que hai partido .as 18 h
Publicar un comentario