Hoxe tocou madrugar porque iamos xogar a Corcubión. Esta vez os compañeiros xogadores portaronse porque foron 17, algo nunca visto ata agora. ¿Será o efecto do liderato? Se é así é un un bó aliciente.
O partido non puido comenzar de millor xeito, aos 10 minutos marcou Iván tras recibir un gran pase e dentro da área cruzouna a o pao esquerdo do porteiro. Cinco minutos máis tarde Isidro marcou de cabeza un gran saque de corner lanzado por Joaquín. Ese sería o resultado final.
Que nadie pense que pese a ir gañando aos 15 minutos o partido foi fácil. Nin moito menos, porque aos 35 minutos os de Corcubión puxeron a proba a Oscar o novo fichaxe na porteria, que precisamente debutou con nós e que respondiu con dúas grandes paradas. Uns minutos máis tarde tocounos vivir o susto da mañán, porque nunha salida, Oscar recibiu unha plancha que nos fixo temer por la súa perna dereita. Afortunadamente non foi máis que un golpe.
No descanso 0-2, pero nós perdemos o control do partido, sobre todo no medio campo, no que Isidro se tivo que multiplicar para tapar os ocos que deixabamos.
Mediada a segunda metade tivemos dous libres indirectos dentro da área contraria que non aproveitamos e tamén dúas grandes xogadas nas que nos quedamos solos diante do porteiro, pero non acertamos.
Eles, agora con fútbol directo, intentaban poñernos en apretos e Domingos tivo un man a man contra Oscar que sacou novamente. Cara o final unha falta directa ao borde da área fixo que novamente Oscar se lucira salvando un gol seguro.
En resumen partido bronco, regularmente xogado pero que creo que gañamos merecidamente , sobre todo pola firmeza defensiva y pola pegada, porque nas tres primeiras chegadas marcamos dous goles.
O millor a presencia de 17 xogadores e os callos en Coristanco...jejejeje.....
En canto a xornada en primeira os dous favoritos S. Román e Bergan empataron, o Baio goleou o Bértoa, o Castriz gañoulle o Vimianzo, o Nantón o Camariñas e o Cabana ó Ponteceso
En segunda comandan a clasificación Corcoesto, San Lorenzo, Coristanco e Buño con seis puntos.
O VIERNES DIA 1 A HORA DE COSTUMBRE PRIMEIRA CEA DA TEMPORADA NO CLUB SOCIAL DO BAR FERGO DE CANCES. O MENÚ SERÁ O DE SEMPRE....ESPEREMOS QUE ACUDADES TODOS OS QUE POIDADES.
Agora déixovos unhas fotos do partido, perdoade a calidade porque son feitas con un equipo prestado: