XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

domingo, 19 de septiembre de 2010

XUVENTUDE 7 - BÉRTOA 1

Hoxe empezamos a nova temporada no Vinculeiro Stadium. Non se puido comenzar de millor xeito, goleada ao Bértoa 7-1. O primeiro tempo rematou 2-0 goles de Iván e Vega. Na segunda parte acortou distancias Gonzalo 2-1 despois de transformar un penalti. A partires de aquí houbo os clásicos minutos de toma e daca que remataron cando Bernardo marcou o 3-1. Ata o final fomos os donos do partido, sobre todo por ocasións. Marcaron eles en propia meta e despois Joaquín de falta, e Garcia que conseguiu dous goles. Non pensedes que o partido foi un coser e cantar, ao contrario, foi disputado por ambos equipos, só se rompiu cando marcamos o 3-1, ahí foi cando o Bértoa se veu un pouco abaixo, pero a pesares do resultado creo que teñen un equipo ben armado. A anecdota é que visto os demáis resultados estamos de líderes. Xa é a segunda vez que ocupamos esa posición. Fai anos comenzamos gañando ó Vimianzo 9-0 e tamén ocupamos a primeira posición, desgraciadamente ese ano pouco nos durou. Non deixa de ser unha particularidade pero é bonito verse ahí durante unha semana polo menos, dado que as nosas pretensións son, coma sempre, salvar a categoría. Dos novos xogadores hoxe solamente contamos con Iván, aínda nos faltan os outros que espero que aparezcan a maior brevedade.. A sorpresa da xornada dirona os dous recien ascendidos de segunda división. O At. Milagrosa empatou 1-1 co Bergantiños na casa do Bergan e o Castriz gañoulle ao San Román. Está visto que non aquí non existe enemigo pequeno e calquera lle pode gañar a calquera. O Camariñas e Nantón golearon a Vimianzo e Baio. O Corcubión gañou en Cabana e o Zas en Ponteceso. Darlle as gracias a SUSO da cafetería GARYGAR de Villarrodrís (recoméndovos que paredes por alí algunha vez, vale a pena) pola donación dunhas sudaderas, agora só falta que as leve todo o mundo para que parezcamos un equipo de verdade. ¡¡¡¡Gracias Suso!!!!.
Aquí vos deixo unhas fotos coas sudaderas:

E aquí unhas fotos do partido:

XUVENTUDE-BERTOA 7-1

3 comentarios:

Zurditadeoro dijo...

Goleada e liderato, si señor, a ver se vai ser este ano!! Sorte na nova tempada

xuventude dijo...

Gracias a verdade e que nos saiu todo ben. O do liderato é unha casualidade aínda que é satisfatorio. Non vai a dura moito seguramente porque non é o noso sitio natural, pero que nos quiten o bailado. Saudos.

SUSOXXL dijo...

Noraboa a todos polo triunfo do domingo,averdade e que merecemos ganar.Quero darlle animos os compañeiros do Bertoa esto acaba de comenzar.
SAUDOS PRA TODOS