XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

miércoles, 8 de septiembre de 2010

CASTRIZ 1 --- XUVENTUDE 3

O sábado xogamos cos amigos de Castriz o resultado foi 1-3 a noso favor, con tres goles do debutante Iván. Outra vez fomos xustos pese ás incorporacións de Vila, Javier, Rioboo e Joaquín, pero faltaron os demáis, ó Castriz tamén le faltou xente. Nestes partidos o importante non é o resutado é ir facendo perna e sudar un pouco. Despois do partido os de Castriz fixeron un magnífico churrasco que compartimos ambos equipos, venme a memoria cando empecei a xogar en veteranos a finales dos oitenta, partido o sábado e despois comida ou cañas co equipo contrario....tiempos aqueles.
O DOMINGO DIA 12 XOGAMOS NAS REDONDAS: CABANA --- XUVENTUDE, AS 11.00.
esperamos que veñades todos os que poidades, e que os NOVOS FICHAXES traian unha fotocopia do DNI e 2 FOTOS tipo carnet.
Con respecto a ASAMBLEA CELEBRADA O VIERNES 3 en Malpica, nada novo excepto que este ano sí baixan os dous equipos de primeira: Buño e Club de Mar, porque non houbo novos equipos.
O Comité xa tiña o seu traballo feito e o desenrolo da sesión foi o de sempre. Salvo nós nadie fixo propostas. Estas eran as nosas:
1.-Deixar unha xornada en cada volta por si acaso temos que suspender algún partido (nós temos campo de herba e case que todos os anos temos algún problema, sobre todo tendo en conta a escasez de campos que temos os domingos)-
2.-Xogar a Copa o último domingo de cada mes.
3.-Poder xogar os sábados como algo normal e non excepcional.
Ante o rexeitamento dos delegados nin siquiera se chegaron a votar, así que as cousas discurriron coma sempre.
So o Sofán fixo outra proposta pero era relativo a o horario dos partidos.
Despois non non queixemos, se non se fan propostas pouco vale houbear durante o resta da tempada. Nós espuxemos o noso punto de vista......así que agora todos seremos consecuentes co acordado.
O Comité xa nos remitiu o calendario completo. A primeira xornada e na casa contra o BÉRTOA, e o segundo partido é en CORCUBIÓN.
No blog do Comité podedes baixar o calendario completo

2 comentarios:

Anónimo dijo...

¿Alguén podría dicirme como foi o partido contra o Cabana?

Anónimo dijo...

Pois o resultado final foi 1-4 a favor do Cances no que fácilmente podría haber máis goles especialmente por parte do Cances cun algun man a man fallado.Con mayor posesión do Cances aínda que cando o balón o tiña o Caban intentaba atacar con moito criterio pero a veces con pouco acerto.