Sexta victoria da tempada nun campo moi difícil como é o do Camariñas. Xogamos as 12,oo en un día de vento e auga. O partido púxonos de cara sobre o minuto 20 cando Iván marcou o 0-1, no minuto 43 García enganchou un gran disparo desde fora da área que batiu no longueiro e despois de darlle na espalda do porteiro camariñán saiu a corner. Nesta primeira parte xogamos ben o fútbol unha media hora con fútbol control, nos últimos quince minutos os de Camariñas empezaron a apretar aínda que non crearon ocasións de gol. Final da primera parte 0-1.
Na segunda parte os camariñáns apretaron máis e máis, nós perdemos o control do centro do campo e capeamos o temporal como poidemos. No houbo ocasións claras de gol, pero tanto insistitron que sobre o minuto 30 marcaron o empate nunha xogada que empezaron na parte esquerda, trasladarona a parte dereita, centro e gol. Os últimos dez minutos seguiron a mesma tónica, nós con pouca precisión no centro do campo pero defendendo sen apuros, salvo algunhas incursións do número 9 e algunhas xogadas no número 20, sen embargo este ano o equipo ten fé en si mesmo e despois de lanzar dous corners seguidos nun balón que lle chegou a Rio dentro da área, cediullo atrás a Pallín que viña de frente e marcou o 1-2 con un tiro raso e pegado ao pao.
Partido difícil, moi físico, moi loitado por ambas partes, con poucas faltas, poucas protestas e moita deportividade. Unha vez más responderon os xogadores aínda que o final do partido as secuelas físicas do esforzo eran evidentes. Excelente traballo. Fomos 16 e fixemos todos moita falta. A destacar a recuperación de Pedro da súa lesión e as ausencias de Malpica, Oscar, Isidro e Vega.
Agora, unha vez recuperada a cámara, déixovos unhas fotos do partido:
CAMARIÑAS 1 - XUVENTUDE 2 |