XUVENTUDE 2010/11
MARCADOR DE ENTRADAS
domingo, 3 de octubre de 2010
XUVENTUDE O - PONTECESO 2
Acabouse o liderato. Fixemos moi ben celebrar a festa o venres porque xa era previsible que un dia ou outra íamos pinchar. Unha vez máis os de Ponteceso gañaron en Cances e xa van........Está claro que nos teñen a medida tomada neste campo, gañaron ben porque foron máis listos e souperon aproveitar a súas oportunidades. Na primeira parte 0-1 a favor: Os 5 minutos Bernando quedouse só diante de Gerardo pero non acertou, o rebote caille a Iván, pero tampouco soupo resolver. Eles avisaron pola banda dereita unha vez e na segunda marcaron. Os últimos 20 minutos, despois de facer 7 cambios, intentámolo unha e outra vez, pero non foi posible, inclusive Vega mandou un tiro o pau pero ....non era o noso día.
Na segunda parte máis do mesmo eles a defender e sair en perigrosas contras que ben poideron costarnos una par de goles máis en contra. Mediada a segunda parte o 17 deles marcou o segundo e acabouse o partido. Nos intentámolo e inclusive fallamos un penalti.
Só queda felicitar o Ponteceso que sabe como xogarnos neste campo. Con respecto a nós fomo esta vez 18 ou 19, pero ser moitos a veces non é garantía de éxito. Se queremos gañar os partidos no Vinculeiro temos que aprender a xogar doutro xeito, aquí non temos espacio para florituras, así que haberá que pensar en cambiar, porque non nos poden coller as espaldas nun campo tan pequeno e por enriba con 7 cambios....
Pouco a pouco o tempo, como xa dixen no primeiro post, a de ir poñéndonos no noso sitio natural.
Polo demais a festa, como sempre, demasiado......churrasco, polo, viño, viño, .....en fin de todo un pouco.
Seguindo a senda aberto por outros compañeiros nos seus blogs, a dereita tendes a os colaboradores do equipo. ESPERO QUE POUCO A POUCO SE VAIAN INCREMENTANDO, non estaría mal un pequeniña axuda nestes tempos de crise.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
30 comentarios:
Lendo a crónica do partido, parecemos condenados a ser un equipo de metade de tabla e nada mais. Esta ben ser humildes, pero non vexo equipos moi superiores o Cances nesta liga. Hay que ter un pouquiño de orgullo e amor propio e aspirar sempre o máximo cando estas nunha competición.
Evidentemente lo del orgullo está muy bién, pero teniendo 6 o 7 jugadores en el banquillo y sabiendo que estamos en veteranos y todo el mundo tiene que jugar, es difícil mantener la competitividad. Todo el mundo tiene en mente el mismo equipo ideal, jugador arriba o abajo, pero madrugar un domingo con el día de perros que hacía para no jugar o hacerlos 10 minutos, no es de recibo para un grupo.
Non sei se acerto ou non coas crónicas. Eu fágoas desde o meu punto de vista e procuro abstraerme de toda emotividad posible, intentando ser o objetivo posible. Unhas veces acertarei e outras seguramente non. O que é unha realidade empírica é que de momento, nós o Xuventude de Veteranos, non gañamos nada de nada. Poida ser este o ano que menos se notan os cambios, porque os que están esperando turno para xogar están capacitados para facelo tan ben ou millor que os que están no campo, pero iso non garantiza que se gañen os partidos. No que non estou de acordo é que teña que existir un 11tipo, porque repito, para mín, a día de hoxe, pouco se notan os cambios, nin para ben ni para mal. Outra cousa e que debido a ter que sair e entrar non se colla o ritmo de partido adecuado. E como parafraseando a algún que aínda anda por ahí co bastón: sobre isto .....non teño más que dicir"
Tendes que facer convocatorias,uns dias dormen uns e outro dia dormen outros.
Peligro, algun dia podedes ser 8 no campo.
Xa empezamos o ano cos quedaben de sempre......
Non hai equipo que quera gañar a liga que non teña un once tipo, xogador arriba ou abaixo e vos nunca poderedes aspirar a iso porque preferides o grupo a gañar nada.
Tedes xente moi veterana que si mirase polo equipo e non as gañas de xogar cando hai xente dabondo non se deberia de vestir, e non porque sean mal xogadores nin moito menos, incluso non creo que nin a mitade da xente que xoga poda facelo a sua idade pero hai que ser mais realistas como foron outros antes e saber que contra o tempo non se pode xogar.
Estades en todo voso dereito de ser un grupo antes que nada e que todos xogen pero polo menos non seades tan cegos de pretender gañar algo desa maneira.
Os cambios notanse como a todo dios, e a idade pra alguns tamen, ademais tedes outro problema que co campo que tedes e practicamente imposible que poidades aspirar a moito mais porque ahi o mais pequeno vos pode gañar.
E verdade desde amiña opinion que non ahi moitos equipos con mellor equipo que vos pero hai catro ou cinco que queren gañar a liga e xogan os que xogan.
Eu prefiro o grupo a iso, porque non deixades de ser veteranos pero todo no saco non colle.
E non o tomedes coma unha critica porque repito penso que sodes moi bo equipo e que xogades bastante ben o futbol......
Estou totalmente de acordo co comentario anterior, pero pra min e mais importante en veteranos o grupo que gañar, pero visto desde fora o que non estaria de mais e que alguen puxera un pouquiño de orden en certas cousas.
Non e moi bo pra un equipo a menos que todos sean uns fenomenos que non e o caso que cada vez que ahi unha falta vaian sete a tirala, e si hai sete faltas tiren sete diferentes, o mesmo nos cornes, nos penaltis, etc..
Digo eu que habra dous ou tres por se algun partido non esta algun que lle pegaran mellor co resto nesas facetas como no resto dos equipos, igual que a hora de ir rematar as faltas ou os corners.
Non ahi mellor cousa pa un grupo que cada un sepa ben o que ten que facer en favor do equipo coma fan alguns e non buscar continuamente ese protagonismo egoista que teñen outros.
o conto esta servido.
Eu opino que en veteranos "antes o grupo e despois os titulos". Pareceme moi triste a estas alturas ver algúns equipos con xente sentada no banquillo todo o partido. Eu non me levantaría todos os domingos para pasar frío a estas alturas.
Seguide disfrutando do grupo e que lle den polo cú os trofeos
saludos
¿En que equipo xogas,Zurdita?
Opino eu que en veteranos os que se tiña que gañar xa se gañou pero ainda asi temos equipos medio profesionalizados que teñen no banco a moitos xogadores sin xogar un minutos, un exemplo son os dous primeiros da liga do ano pasado Bergantiños e San Román que usan a trece ou catorce como moito, cada un ve a competicion como quere, pa colmo iste ano corren rumores de que algun equipo ten nas suas filas xogadores semiprofesionais, va que cobran en especies ou cartos por xogar, non sei se eso e verdade pero algo ouin.
zurditadeoro,en que equipo xogas,non me contestaches
O nantón tamén abusa do once tipo. Algún casi non pisa o verde en todo o partido. Os equipos con esa filosofía mesmo podían xogar na 3ª rexional, tres cambios e andando
señores esto non fai mais q empezar,e a liga e moi larga e hay tempo patodo,pa gañar,pa perder,pa empatar.a cousa e non levar un jolpe jejeje aqui perdemos e gañamos todos,e todos temos q formar un grupo para o bo e para o malo.q ye quede claro os demais equipos o xuventude ta vivo moi vivo e vamos a dar moita gerra saludos xente
si señor perdese a batalla pero non a guerra,tedes un equipazo independientemente de quen xoge,este fin de semana non vos sairon as cousas pero eso suele pasar nun par de xornadas,sin quitarlle protagonismo o rival que plantou un partido serio polas ganas de puntuar,ahora non e momento de buscar culpables nin antes erades tan bos nin ahora tan malos.Un saudo
Para que se mova o bloc parece que tendes que perder ,a semana pasada ganastes en Corcubion e solo tubo 5 comentarios e o dia de hoxe van 14 comentarios.Estuben lendo e comentase temas como que tendes xente moi veterana ,teñen que dar paso os novos ,estou totalmente de acordo ,pero eses veteranos son os mismos que fixeron o ano pasao uha escelente campaña e cumpliron como cosacos todos os partidos e penso que o domingo perderon todos o partido,veterans e non tan veterans porque o equipo do Cances son todos un grupo polo tanto todos ganan e todos perden.Encanto a que son moitos a liga e moi larga teran lesionados, compromisos ,.......Tamen teñen un once tipo que son os primeiros que salta o terreo de xogo e despois vainos cambiando segun o crea o mister.
Como seguidor que son penso que tendes un bo equipo e daredes moita guerra nesta liga.
polo menos intentaredelo.
moita sorte para o domingo
estoy de acuerdo en algun comentario,como que esto acaba de empezar y que si vamos 18 ajugar es muy dificil mantener un ritmo de partido los 90minutos,porque si salen 5 o 6 cambios seguidos no se puede mantener el mismo ritmo que el rival que siempre tiene un once tipo,pero el que manda es el entrenador y es lo que hay.....
Querido anonimo, xogo nun deses equipos que non ten 11 titular nin titulos. E ti?,,,onde xogas?..quen es?....ay anonimos, anonimos....xente sen identidade....fume sen lume....vaitoooo
Deixádevos de mosqueos,e cada un que faga o que lle pete das bólas.O que non estea contento que se largue e deixe de dar a lata.
a verdade e que as veces parece que esto é un traballo en vez de un lecer. Non haberá abondo onde cabrearse sen facelo nos blogs, que son a alegría da liga
Eu son persona d dar a cara e o q m teñan q dicir q mo digan a cara,no e unha amenaza no no tomedes por ese lado,eu son asi moi claro.son novo nesta liga e coñezo moi pouco por non dicir nada pero zurdita falas dos anonimos pero ti qen es?donde xogas?cada un q faga o q queira e libre d facelo.eu cho digo non teño problema son fichaje novo do cances,e non son da coruña! son d arteixo! mais q nada e pa aclaralas cousas.xa oin rumores d q o cances somos todos da coruña e q?ai medo?as cousas do futbol se demostran dentro do campo e do falar das xentes q ven o futbol.señores non digo mais q este ano vaise falar moito do cances si non tempo o tempo un saludo
chuspo....non chuspas tanto oh, que non e pra tanto. pra ser novo vas ben acelerao!!
E logo que che fixen eu oh?...arre demo! xa non se pode opinar.
Eu repito que opino que en veteranos é mellor o grupo que os 11 figuritas de turno e punto. Se che gusta ben e senón tamén.
Cada un ten a súa opinión e a miña está sempre dentro do respeto a dos demais.
Nunca ofendín a nadie nos blogs e non penso facelo. Quen son ou non tanto che ten porque non nos coñecemos de nada, fijo. Que se den a coñecer todos os anónimos que se pasan tres pueblos de vez en cando e despois digoche tamén ata o menu dni se fai falta. Ou fodemos todos ou a chavala pro mar (con perdón).
Saludos e moita sorte, que o Cances como equipo ben a merece.
Guueeerrrraaaaaa....
Este si que un blog con salsa ....
ben falado zurdita, que eu sepa nunca che vin faltar, eso é verdá.
guerra non oh!...non fai falta, guerra xa temos no choio, eu polo menos. Esto é matar o tempo, o que se pique...allos come.
E hasta mañan que son boas horas!
O caso é que Sindo vai tendo éxito no blog. Cobra ben esa publicidade meu, que esto ten futuroooo
Mo di o q s fai chamar o maki,makinavajas je je je.M tocan un pouco os huevos os chistes faciles co meu apodo asi q pa ti son... va e igual chamame como ti queiras.un saludiño maki jejeje
zurditadeoro eu no che dixen q faltases a ningen,aqi o unico q faltou a alguen foi o teu amigo o maki pero bueno.e como dis ti xa m chega con ter a guerra no curro 6 dias a semana como pa ter guerra os domingos pola maña.e o dos anonimos solo qeren qentar os demais asi q cada un sabera.as millores guerras son dentro do campo e xogando a futbol o q sepa claro,maki jejeje
Bueno....bueno....esta semana os comentarios foron moitos e variados. Pero non vos enfadedes uns cos outros oh........que esto é para pasalo ben e non para cabrearse.....Veña a pasalo ben o domingo e despois do partido non vos olvidedes de botarlle uns digestivos para ir relaxados a comer....
O tempo pon a cada un no seu sitio
Publicar un comentario