Sexta victoria da tempada nun campo moi difícil como é o do Camariñas. Xogamos as 12,oo en un día de vento e auga. O partido púxonos de cara sobre o minuto 20 cando Iván marcou o 0-1, no minuto 43 García enganchou un gran disparo desde fora da área que batiu no longueiro e despois de darlle na espalda do porteiro camariñán saiu a corner. Nesta primeira parte xogamos ben o fútbol unha media hora con fútbol control, nos últimos quince minutos os de Camariñas empezaron a apretar aínda que non crearon ocasións de gol. Final da primera parte 0-1.
Na segunda parte os camariñáns apretaron máis e máis, nós perdemos o control do centro do campo e capeamos o temporal como poidemos. No houbo ocasións claras de gol, pero tanto insistitron que sobre o minuto 30 marcaron o empate nunha xogada que empezaron na parte esquerda, trasladarona a parte dereita, centro e gol. Os últimos dez minutos seguiron a mesma tónica, nós con pouca precisión no centro do campo pero defendendo sen apuros, salvo algunhas incursións do número 9 e algunhas xogadas no número 20, sen embargo este ano o equipo ten fé en si mesmo e despois de lanzar dous corners seguidos nun balón que lle chegou a Rio dentro da área, cediullo atrás a Pallín que viña de frente e marcou o 1-2 con un tiro raso e pegado ao pao.
Partido difícil, moi físico, moi loitado por ambas partes, con poucas faltas, poucas protestas e moita deportividade. Unha vez más responderon os xogadores aínda que o final do partido as secuelas físicas do esforzo eran evidentes. Excelente traballo. Fomos 16 e fixemos todos moita falta. A destacar a recuperación de Pedro da súa lesión e as ausencias de Malpica, Oscar, Isidro e Vega.
Agora, unha vez recuperada a cámara, déixovos unhas fotos do partido:
CAMARIÑAS 1 - XUVENTUDE 2 |
15 comentarios:
Bueno,bueno estades que vos salides
norabuena e a seguir asi.
A verdade é que non esta saindo mal a cousa, ata o momento a cousa vai fenomenal pero isto non fixo máis que comenzar, agora toca de disfrutar do momento e nada máis.
foi o partido mais dificil do que vai de tempada,e sacamolo adiante,estamos ahi de momento que nos quiten o bailado,hai que seguir asi partido a partido e despois xa se vera se podemos loitar por estar arriba ou non.pallin xa era hora de que lle pegaras ven o balon,de todas maneiras na banda estas un pouco perdido,dille a mou que o teu sitio e mediapunta.
parabens rapaces segides demostrando q aia baixas ou non e falte quen falte segides sacando os partidos adiante en campos q e moi dificil sacar puntos... xa me estou pensando si volver ou non,igual chego eu e jodo a racha... señores un saludo e a segir asi ata o domingo sin non hay novedad
Noraboa a todos ,en especial a Ivan e a Pallin por os goles.
Foi un partido que tuvemos que luchalo a fondo.A seguir asi amigos.
P. D.Para que nadie diga que Susoxxl e o queda bens de sempre o meu presidente dos sabados o señor don Antonio Vila Lema fixo un partido de merda.Presi toma.toma e toma ¿que gustache ahora ?. saudos a todos.
Eu xa vos dixen que que ese caso ten que dedicarse mais a mediciña
Estades que vos salides noraboa, aproveitar o momento e penso que podedes ganar a liga
sorte para o domingo amigos estadelo a facer de marabilla.
janar a ligaaaaaaa. non estos non janan a lija porque cando lle cheje a ora de xojar cos jrandes Bergan, Nanton e San Roman vaise ver que estan un pouco por baixo deles e senon tempo o tempo. va que se van a acojonar ji,ji,j
eeeeeiiiiiii ti tempo o tempo xa se vera como van as cousas poden ser millores q nos pero acojonarnos no na creo as comer as palabras o tempo esto no campo non aqiala q che medre
Boas noites a todos, en primeiro lugar susogary espero que despois de ver o golpeo do gol tomaras recortes como se fai e non embarcar todos os balons como fas ti, xa te pareces a moi, jajaja,por outro lado o partido foi o mais traballado dos que xogamos ata agora, e un bo equipo o camariñas que conta con posiblemente con un dos mellores xogadores da liga o Nº20(tono) e un equipo moi correoso, por eso a victoria ten moito merito eu creo que si xogamos asi de serios sempre poucos partidos imos perder, pero xa sabemos que as nosas pajaras son frecuentes, estamos ai e haber que acontece contra os grandes, non temos que pensar na liga senon quedar entre os cinco primeiros.Susoxxl eres moi grande e ti segue poñendo o que queiras que os animos sempre nos veñen ben a todos, un abrazo a todos.
O peloteo non ten xeito
O peloteo non ten xeito
de momento que nos quiten o bailado,e o que si conseguimos e que,os 3 grandes da liga,nos tomen en serio o xogar ntra nos,e non coma estes anos que xa sabian que ivan a gañar antes de xogar o partido,esta vez van ter que correr mais ca nos e loitar se queren gañar
A ese do poste que teña cuidado que non lle vaia a caer o travesaño en encima.Vexo que este non debe ser do xuventude.Ahi que ter fe amigo.....
Publicar un comentario