Un día ou outro tiñamos que perder outra vez, así que tocounos contra o San Román, equipo que se nos dá rematadamente mal e o que solo conseguimos gañarle un par de veces.
Na Porta Santa comenzou o partido ás 12,oo e eles sairon a por nós, máis posesión, máis empuxe, pero pouca efectividade, esta xente toma moi en serio os partidos. Despois de aguantar as primeiras acometidas, fixemos un par de contras. Froito delas un gran pase de Pallín a Iván que fixo un gran desmarque, salvou a saída de Cotelo e 0-1.
A partires de aquí o San Román notou o golpe e froito de eso nós tivemos un par de ocasións ou tres para sentenciar o partido, pero non era o día e non acertamos. A primeira parte finalizou 0-1 sin que eles houberan rematado unha sola vez entre os tres paus.
A segunda parte comenzou o mesmo que finalizou a primeira eles querendo pero non podendo, movian a pelota pero non profundizaban. Nunha xogada pola banda dereita con centro a nosa área conseguiron o empate con gol en propia meta de Pedro nunha xogada desgraciada, creo que era a primeira vez que remataban entre os tres paus.
A partires de aquí o partido tomou outros derroteiros. Nacho que xa tomara o mando e control do partido no centro do campo para o San Román, conseguiu o 2-1 con un gran gol desde fora da área no que a noso equipo non soupo defender porque lle dou tempo e avanzar e armar a perna sin que nadie o estorbara.
Co 2-1 o partido cambiou porque este tipo de equipos nunca ten fisuras, conseguimos atopalas na primeira parte, pero na segunda non. Por algo son sempre favoritos en todas as competicións: corren, meten o pé, non se descolocan, en definitiva, son uns gañadores empedernidos.
Desde o 2-1 nós intentamolo pero non puidemos, so un tiro de Malpica desde fora da área puido poñer o empate, pero xusto é dicir que eles poideron marcar 2 ou 3 goles, porque unha vez máis o noso equipo recuperou os fantasmas do pasado e cada un empezou a facer a guerra pola súa conta. Deixamos moitos espacios e eles poideron sentenciar pero igual que nos pasou a nós na primeira parte fallaron.
Ao final eles reclamaron un posible penalti do noso porteiro que aguantou a salida nun man a man cun dianteiro e o balón foise cara o corner caendo o dianteiro o chan.
Para min, victoria mericida do San Román porque soupo ser un equipo máis serio, máis compacto e máis gañador, pero sobre todo é un equipo que ten fé en sí mesmo. Xa o ano pasabo nos levantou o partido no minuto 85 pese a ir pendendo 1-0 e acabou gañandonos. Bó arbitraxe de Isidro con un excelente comportamento dos xogadores. Partido con poucas faltas e poucas protestas.
So nos queda felicitar o San Román porque no cómputo xeral foron millores ca nós.
Con respecto ao noso equipo que queredes que vos diga, caras de decepción ao final, porque tivemos cerca o primeiro título, aínda que sexa honorífico, xa que gañando hoxe case seriamos campións de inverno (repito título honorífco), algo impensable cando iniciamos a competición. Así que ánimos muchachos que seguimos estando de lideres e isto non estaba previsto cando iniciamos a temporada ¿ou é que algún de vós pensaba que estariamos de lideres a estas alturas da tempada? ¡Nin de coña!- Se poñedes a man no corazón e sodes honrados con vós mesmos a resposta non pode ser máis que NON. Así que seguide a disfrutar unha semana máis do LIDERATO, si....si DISFRUTADE porque o merecedes, ainda seguimos estando de primeiros, olvidarse do que puido ser e non foi, ademáis sabedes que o noso obxetivo é o que é, ¿sabedes cal é non?. Pois case está conseguido na primeira volta, todo o que veña demáis que sea benvido. ¡Animo!
Agora coma sempre as fotos do partido, ah! e como xa recuperei a cámara a partir do próximo partido vou a filmarvos en vídeo todos os partidos, e non me digades que da mal fario jejejejeej, a ver se agora vou a ter a culpa de que empecen os malos resultados jjejejeejee (temos por ahí algún que dí que cando grabo en vídeo perdemos, e iso non é certo, non señor) .
SAN ROMAN 2 - XUVENTUDE 1 |
10 comentarios:
uhmmmmm non sei non sei parece que contra os grandes flaqueades, un empate co Bergantiños, perdedes co S. Roman e agora inda vos queda o Nanton, espero que esto no sea o principio do soño. Sorte para os proximos partidos.
O primeiro comentario ten razón, en canto se complican as cousas, olvídasenos a nosa maneira de xogar, a que nos levou onde estamos. Empezan as ansiedades, as lorcheiradas, etc ...Neses momentos, dámos balonazos e todos a pedila en largo. O dito, de pena. Esperemos aprender dos errores e xogar o que sabemos hasta o final.
Bueno amigos .Non pasou nada perdiuse contra uns dos gallitos da liga ,nos fomos superiores na primeira parte e eles na segunda nos puidemos machacalos e non o conseguimos e eles sin embargo tuveron todo a favor co gol que metemos en propia meta.Este partido xa se acabou e temos que xa ir pensando no Vimianzo. Moitos animos a todos e en especial a Pedro.
¡¡¡QUE SOMOS LIDERES COÑO¡¡¡
Compañeiros despois de ver xogar onte o Barcelona creo xa o vin todo no fútbol.
¿que pasa esta semana como perdestes non tendes ganas de falar? Vos o mismo que todos cando se gaña moito cacaraca pero cando se perde parace que vos resentides. Se o que pretendedes e permanecer en primeira tal como decides non tendes porque baixar as orellas pois despois da temporadaza que estades a facer xa case o tendes arreglado.
pouco ai que decir despois do repaso que nos deron na segunda parte os de san roman,teñen unha marcha mais ca calquera equipo da liga e ainda encima se nos non xogamos a nada solo a pegarlle pa riba,darlles a enorabuena e xa esta.pero ainda queda moito e de momento seguimos ahi.por certo acabouse a racha de mou ,a ver se a hora dase conta que ten que xogar en banda,jaja ,pallin no es tu sitio.yo creo que tiene que jugar vega,jaja
Que ?seique esta seman no se vos da por escribir,non sempre se gana.
en banda tiene que jugar tu prima
ah por cierto garygar HALA MADRID
Sindo tes o resumen do partido do sabado na paxina e non fagas caso.
Publicar un comentario