XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

domingo, 21 de noviembre de 2010

XUVENTUDE 4 ---- AT. MILAGROSA 1

Octava victoria da liga, esta vez fronte o At. Milagrosa por 4-1.
1-0 gol de Bernardo de cabeza ao sacar unha falta Malpica. Empatan eles 1-1 con un golazo desde fora da área ante o que non pudo facer absolutamente nada o noso porteiro Chuspo. A partires de aquí eles adiantaron líneas e puxeronos en moitos apretos, froito desa presión conseguiron lanzar un trallazo que deu no longueiro e que ven podía significar o 1-2.
O 2-1 fixo Vega nunha xogada que se peleou pero na que non estivo moi acertada a defensa contraria.
O 3-1 gol de Suso que se aproveitou dun rexeite do porteiro. Así rematou a primeira parte 3-1.
Na segunda eles comenzaron a empurrar pero foi Joaquin quen marcou o 4-1 nunha pelota que lle caiu morta o borde de área, e emulando o máis puro estilo de Martin Vázquez aquel xogador do Madrid e do Depor que lle pegaba a pelota como ninguén co exterior do pé, pois Joaquín desde fora da área co exterior marcou un gran gol. A partir de aquí eles viñeronse un pouquiño abaixo e nós gozamos de varias ocasións para incrementar o marcador, sobre todo por parte de Iván que tuvo tres claras que non acertou a marcar. Non me disgustou o At. Milagrosa, equipo combativo non exento de calidade que co 1-1 tivo as súas opocións. O fútbol é capricho e nós que sempre peleamos nos postos baixos ben o sabemos, a este equipo estalle a pasar o mesmo que a nós fai dous anos, xogabamos ben, quizais fixemos millores partidos que este ano, pero por circunstancias que nadie sabía entender perdiamos e de feito fixemos un punto na primeira volta, así que compañeiros ánimos porque esto en calquera momento pode dar a volta, seguide loitando. Con respecto a os demáis resultados o San Román perdiu en Cabana 1-0, o Nantón empatou, o Bergan empatou co Baio o Bertoa empatou e o Vimianzo empatou co Ponteceso, o Castriz gañoulle o Camariñas, é dicir, nesta xornada todo nos foi de cara e aumentamos a ventaxe sobre o segundo en cinco puntos.
Agora déixovos coas fotos de partido. As primeiras que se ven son unhas fotos dunha excelente parada de Oscar-Chuspo, poucas veces se poden recooller estas instantáneas tratándose dun afeccionado a fotografía coma mín, por favor disfrutade delas..
XUVENTUDE 4- AT. MILAGROSA 1

19 comentarios:

susoxxl dijo...

Quero ser o primeiro en felicitaros polo triunfo acadado contra o Milagrosa ,xa vexo que non me votastes de menos ou si?, reitero a miña noraboa temos un vo equipo e temos que seguir asi humildemente e pasiño a pasiño.saudiños
Quero aproveitar a paxina para darlle tamen a noraboa os meus compañeiros do sabado pola victoria ante o Pino 3-2,estes seguro que non me votaron de menos temos un equipo con moito MERO.
Biquiños para todos eles para o MERO bicos e apertas .

O ADMINISTRADOR dijo...

SUSO XXK ti tamén es partícipe nesta victoria aínda que non poideras participar físicamente.

Anónimo dijo...

De verdade que,cada vez máis,me parecedes unha ONG.

Un de Monteneme dijo...

E este ANÓNIMO de que carajo vai? Por qué che parecemos unha ONG, porque formamos un grupo unido que nos xuntamos catro ou cinco veces ó ano diante dun prato de cocido ou de churrasco? Non ten porque joderlle eso a nadie ¿ou sí? Si eso, xunto co de ser educados (dentro do posible) os uns cos outros, si eso é ser una ONG, millor que millor, VIVA A ONG XUVENTUDE DE BERGANTIÑOS DE CANCES ¡¡¡VIVA!!!! ESTA ONG, a pesar de que non fondo a algún lle joda moito. ¡¡Felicidades muchachos pola temporada!!! disfrutade mentras poidades.

garygar dijo...

mal pardito ,mellor resultado.esa e a miña cronica do partido.o partido do san roman vai ser outra historia,ounos poñemos as pilas ou vamos a sufrir moito.pero hai seguimos partido a partido.........buen partido pallin,jaja,kini como le pegas,di la verdad la pegaste mordida,jaja.ah .por cierto hay ñque destacar la actuaciones de chuspo,inmenso,enorabuena,auque ya era hora,jaja.fue el mejor del partido

vega dijo...

tienes razón bonitas paradas,en una de ellas cuando cayó pense que habia un terremoto,me temblo hasta los empastes,Pallin tranqui el domingo hacktrick,por cierto acabo de montar una asociación se llama "CENA YA",quien se apunta,y me habia olvidado ¿ayer jugamos??

un de cances dijo...

Quixera que o anonimo da ONG que se explicara un pouquiño mais ,como somos da aldea non o entendemos ben.
O que si sabemos e que seguiremos sengo lideres outra semana mais polo menos ,sendo un equipo da ONG.

Anónimo dijo...

Pois nin máis nin menos,iso,unha ONG.Digo,con sana envexa,polo ben que vos levades.Non hai que ser tan mal pensados...Dá a sensación de que algún só pensa en que "non sei que"...

Anónimo dijo...

O da ONG igual ven porque tendes moitos no equipo que son de cances, pero non se sabe de que cances,uns de aqui e outros de ala,parecedes o manchester city todos estranxeiros

un do cances dijo...

Entendido o da ONG perdoa e que hay moitos que andan adescentrarnos,por exemplo o siguinte anonimo.
Si non hay mais xogadores que sean de Cances e por que non teñen os 30 ou non queren xogar ,no Xuventude non se lle cerraron as portas a nadie, e menos os do pueblo.

O DO LONGUEIRO dijo...

xa tamos outra vez co de que non hai xente de cances no equipo...jejejejejje, ou oh por unha vez que poden disfrutar de estar ahí arriba unhas xornadas, cousa que case nunca pasaou, parece que a algúns debe de joderlles, eu que os levo seguindo fai tempo xa vin que sempre tiveron 5 ou 6 da zona da Coruña, que por certo levan con eles desde o primeiro día, e creo que xa se consideran de Cances. Polo que vexo os domingos despois de xogar deben de estar a gusto en Cances porque toman un "aperitivo" todos xuntos, cousa rara noutros equipos...SE A ENVIDIA FORA TIÑA......

Futeboleiro dijo...

PO DO LONGUEIRO:Pois que sepas que o do aperitivo fano mais equipos,en eso non sodes primicia,pero os demais fano coa maioria de xogadores do pobo,en eso sí que vos sacan ventaxiña,pero o importante e non levar un trastazo,non?que por certo,todo dios fala de xogadores de fora,de que uns gastan os cartos así e andando,que non pitan ben,que o comité asi e asado,que os horarios patatín,que as sancions,etc,etc,e nadie amañou ainda o tema dun seguro de accidente,por si hai unha fatalidade,que pode pasar a calquer hora,e vendo como "xogan" alguns....Pois a ver si esto sirve de aviso,/un mais),pa que vos poñades dacordo en algo,moito mais importante ca rifar todolos dias dos demais.Pensaredelo oh.Saudos pos futeboleiros

Anónimo dijo...

Efectivamente ,eu non teño nada que ver co que ten tantos problemas con ser ou non ser de Cances...En todo caso,coido que é un problema menor xa que aí non cobra cartos ninguén que eu saiba.Trátase de unha actividade para adultos que están a levar moi dignamente os que decidiron dar ese paso.Xa está ben,un pouco de respecto.Sindo,eu non son de Cances;son dunha parroquia que está preto de Cances,mellor dito,dun lugar que pertence a dita parroquia...Agora estou apartado disto do fútbol este...,pero non me parece xusto que se fagan comentarios que o único que pretenden é desfacer a armonía que tendes,ben gañada por certo.Xa sabes quen son?Sí,home,sí:o que encadea as palabras,ás veces,daquela maneira...

SINDO dijo...

Sí xa sei que es. Grazas por participar no blog. Non teño por norma censurar comentarios salvo que conteñan insultos o faltas de respeto moi graves. O de que non temos xogadores de Cances e un vella cantinela que estamos oíndo xa fai tempo e como ves non lle damos a menor importancia. E algo consustancial coa naturaleza, os vellos roqueros temos que ir abandonando, uns pola idade, otros por amargas circunstancias; e a xeneración dos trinta anos en Cances é moi escasa e os poucos que son futboleros ou pasan ou xogan noutros sitios porque alí teñen os seus colegas de toda a vida. Afortunadamente nós cando comenzamos fixémolo acompañado de un tipos da Coruña e alrededores, algún con fortes vinculacións familiares en Cances, e mira tí por ondo que resultaron ser un tipos caralludos, non só futbolisticamente falando, senón como persoas, compañeiros e eu diría que amigos. Resulta tamén que son xente con unha vida social plena e que nalgún momento lle dixeron a algúns dos seus amigos que unha aldea cerca de Carballo había un equipo que xogaba os domingos, non gañaba títulos, pero divertíanse e incluso os trataban ben. E resulta que algún deses amigos probou e gustoulle o conto
e así chegamos ao ano 2010, con poucos xogadores de Cances e moitos que non naceron en Cances, pero que se sinten a gusto con nós. E colorín colorado. Parece que algúns non lles gusta, pero nós estamos encantados con eles e espero que eles con nós, e como por enriba non miramos se son comunitarios ou extracomunitarios, nin lles exigimos o pasaparte, ni cobramos fielato a ningún.....por dáselle a xente por dicir que somos unha ONG......¡QUE DIGAN O QUE QUEIRAN! pero nós seguimos ao noso e tan contentos.
Joder vaia discurso ¿non?. Espero que despois de perder o tempo lendo esto non veña o listo de turno dicindo que non entendiu nada. SAUDIÑOS "ARTISTA XUNTADOR DE PALABRAS" E GRACIAS POLA PARTICIPACION.

SINDO outra vez dijo...

Ah! tamén temos ou tuvemos xogadores nacidos en Buño, Leiloiyo, Carballo, Laracha, Coristanco, Malpica, Cabana, como se pode ver Cances é unha aldea moi cosmopolita....jejejejejejjje, con un centro neuralxico moi definido que é o FONDAL, onde destaca a famosa MEDIA MILLA DE DIAMENTES (Si, si....xa se que a coñecedes, estades no certo, desde a de Manolo o Fergo, ida e volta)

un amigo dijo...

Sindo que rosario nos meteches,con latanias e todo.
faltache escribir do Vinculero Estadiun.

Anónimo dijo...

todos os equipos de veteranos teñen algun xogador que non e da zona,pero fijo que si ten vinculacion coa mesma,sinon xa me diredes si hai algun xogador en veteranos que os demais lle teñan que falar no idioma universal,esto e un pasen e desfasen señores...Do xuventude pa baixo,os demais so nos queda felicitalos pola tempada que estan a realizar e non quererlles tocar o carallo,eu precisamente non xogo no equipo de onde son pero pasame coma moitos a familia tira o tempo de competir cobrando xa o tivemos e ahora cada un ten que xogar cos seus.Enorme pola tempada señores

garygar dijo...

tendes razon nos somos de cances pero gracias a xente de ali sentimos como se o fosemos e non nos importa facer os kilometros que faga falta pa poder pasar un bo dia con esa xente,que e moi grande,o futbol e moi bonito pero nin de nos vai a vivir de el,o importante e a bondad que ten esa xente e a amistad que poidamos ter. o que pasa e que hai moita envidia.pero nos o noso,que mentres falan de de nos eso quere decir que o seguimos facendo ben. domingo partidazo,san roman quizas el equipo mas compacto de la liga,suerte para los dos ,hai que ir a verlo a la 12 en paiosaco

o enfermeiro dijo...

o do seguro de accidentes está moi fácil: cada un chama a Sanitas, ou Asisa, ou vidacaixa...ou non sei cantos mais e fai o seu, así de fácil. como colectivo olvidadevos, non estades federados.