COCIDO 21--01-11 |
En canto o resultado de hoxe o mesmo que o cocido: excelente. Partido xogado en Cabana con pouca historia xa que o Cabaninter só aguantou os treinta primeiros minutos nos que inclusive mandou un trallazo ao poste. Xa sabemos que cando un equipo está en horas baixas non lle sae nada e por enriba a sorte non cae para o lado de un.
Despois de tirar ao poste eles, tres minutos máis tarde, sobre o 35 boa xogada de Vega pola banda que centrou e Joaquín cruzou moi ben a pelota. No minuto cuarenta nun despiste defensivo dos contrarios marcou Pallín un bonito gol pegándolle con efecto. Ao final da primeira parte 2-0.
Na segunda parte aos 10 minutos gol de Alberto de cabeza a saque de corner. Aquí acabouse o partido practicamente. Sobre o minuto 20 e 25 marcou Iván o cuarto e quinto gol. Acortaron eles distancias sobre o minuto 35. Partido xogado con moita deportividade por ambos equipos, intentando xogar o fútbol, sen patadóns.
A xornada deixounos poucas sorpresas e destacamos o triunfo contundente do Bergantiños contra o Nantón 0-4, co cal os de Carballo seguen ao fronte da clasificación e parece que xa non pensan abandonala. Gran campaña dos German-boys que están intratables e son o candidato número un a gañar a Liga na que permanecen unha vez máis invictos. Con respecto aos demáis resultados o Zas empatou co San Román, o Corcubión segue a súa escalada imponente, o Baio perdiu co Ponteceso, o Bértoa e Castriz fixeron taboas, e o Vimianzo practicamente sentenciou ao At. Milagrosa.
En Segunda o San Lorenzo e o Buño escapanse dos demás e son firmes candidatos ao ascenso.
Agora déixovos coas fotos do partido de Cabana.
XUVENTUDE 5- CABANA 1 |
11 comentarios:
está parado esto non?
O Cabana con ese equipo está en segunda. Da pena jorda
Penso que tes razon,e menos mal que solo descenden 2 que senon......a este paso hai varios equipos que teñen os mesmos problemas.Anque da mais pena o comportamento nalguns partidos,que os resultados.Esperemos que todo remate ben,seria unha pena perder de xogar nese campo,¿ou non?
Pos ARBITROS.A ver cando se sanciona cunha amarilla por menosprecialo,ou por berrarlle algunhas decisions e non por agarrar un home do equipo contrario da camiseta no medio do campo,ou por desplazar o balon un par de metros,(por exemplo);a ver se nos paramos mais en deixar xogar e non aplicar normas cando interesan,eu creo que e mellor aplicar segun se ve que transcurre o partido.Sera porque as tarxetas se teñen que pagar?Creo que o baremo e moi pouco equitativo,¿que pensades?Un saudo pos seguidores desta interesante liga
En cabana temos 6-7 lesionados que son xogadores claves, e mais a importantísima baixa de Mino por ese problema para o que lle mandamos un fuerte abrazo de ánimo.
De todas formas, Sejidor, aínda non estamos en segunda, de momento seguimos en Primeira 2 puntos por encima dos postos de descenso. Ata o rabo, todo e toro.
Eu son o primeiro que quero que sigades en primeira, pero tendes que espabilar e sobre todo respetarvos.
Animo e a sacalo pa diante e un abrazo a tod@s que sufran ese problema que por desgracia hai moitos.
No nome propio e no nome da familia do Xuventude de Cances desde aquí darlle ánimos a Mino e a súa familia nestes momentos. O verdadeiro problema non é gañar ou perder senon sentir o apoio dos amigos, compañeiros e coñecidos, en xeral, nos momentos en que un necesita palabras de alento. O demáis é todo carece de importancia. ¡¡ANIMO!!!
ánimo e forza para Mino e a súa Dona.
O certo é que o cabaninter ten baixas claves pero aínda así creo que podían facer moito mais. A ver si lle chega para quedar en primeira.
O bergantiños vai lanzado hacia o título de liga e este ano, como non sexades vos non sei quen lla vai disputar. Noraboa pola campaña, a ver si pinchan os de carballo e temos algo de emoción
Canto se lle quere os do Bergan,jejejeje,saen bos desexos por todalas esquinas,¿seran malos tipos pa que todos se acorden deles?Bueno,pois a ver se o remediades,todos,que esto non solo e cousa do Cances,ala,animo a todos,uns pa gañar algo e outros pa non perdelo.
Recollen todo o cariño que van sembrando. Ni mas ni menos
OS XOGADORES DO BERGAN FAN MOITO MAL. PARECEME QUE MOITOS PODIAN APRENDER DELES
Publicar un comentario