Victoria moi traballada en Zas onde hoxe gañamos por 0-1 nun partido moi complicado e difícil. O campo en algún sitios estaba encharcado debido a auga caida. Comenzamos pasadas as 12 e na primeira parte no fomos capaces de crear máis ca unha ocasión por medio de un tiro lonxano de Iván, que sacou moi ben o porteiro deles. Os de Zas tamén tuveron a súa oportunidade por medio de un cabezazo do número 10 que saiu fora por moi pouco. Primeira parte 0-0 na que non xogamos ben, xogamos con moitas prisas con balóns moi verticais que facilitaban a labor destructora dos contrarios xa que os recibían de frente, fútbol pouco combinativo.
Na segunda parte máis do mesmo ata que no minuto 15 marcou Bernardo, despois de que sacara Moi unha falta, rebotara na barreira e o rexeite cabeceouno Vega, o porteiro deles rechazou e o caiulle aos pés de Bernardo que se xirou e marcou por abaixo. Gol protestado por lo equipo contrario por suposto fora de xogo. Non sei se protestaron a posición de Vega ou de Bernardo, sinceramente con tanto rexeite non podo opinar sobre ela porque había un montón de xente dentro da área.
A tónica seguiu igual, pouco toque el moita verticalidade. No minuto 25 produxose a xogada desgraciada, na que o número 10 do Zas, a saída de un saque de esquina saltou e chocou contra Isidro producindose unha brecha na nariz, pola cual tivo que abandonar o partido. A partires de aquí xogamos con máis soltura en ataque e de non ser polas imprecisións, debido principalmente a precipitación e tamén ao estado do campo, ben que poidemos marcar un par de goles máis. Eles tamén tiveron no minuto 85 a súa oportunidad que sacou Pedro.
O positivo a victoria e a incorporación ao equipo de Leo que pouco a pouco vai collendo a forma. Destacar que habia un feixe de cambios o cal é bo para o equipo.
Agora coma sempre que vou aos partidos déixovos coas fotos sacadas
2011-01-30 ZAS 0 - XUVENTUDE 1 |
35 comentarios:
no entiendo por que meteis a todos los jugadores del bergan yo veo que muchos de ellos en todos los equipos tienen grandes amigos.
pero que le pasa ahora a los del bergan? siempre con los del bergan a vueltas, que le den a los del bergan
Victoria moi traballada pero moi pouco futbol e un pouquiño de sorte polo que me dixeron.
O pelat ultimamente parece que aposta mais polo futbol de forza que de toque....e si a iso lle sumamos que a pouca xente que a toca ben non vai o a poñen fora do seu lugar donde non fai dano pois mal vamos.
Esta vez saiu ben pero con este sistema non habedes de tardar moito en pinchar...
Xa está algun metendo presion.
tranquilos oh, que gañades a liga
Contra o Ponteceso xogouse mal seguidor?
Non sei se xogachedes ben contra o ponteceso, sei que polos partidos que eu vin, tedes tres ou catro xogadores que son fundamentais para vos, e polo que me din levades varios partidos xogando muy discretiño para o que vos soledes xogar, e iso confirmame mais o que eu digo porque nos ultimos tres partidos algun destes tres ou catro que eu digo non foron e incluso algun partido algun tamen xogou fora do seu sitio por culpa dalgunha baixa ou carencia nese posto.
Non vos piquedes que so e unha opinion dun seguidor voso.
Eu penso que en veteranos o principal e facer un pouco de deporte, e sobre todo divertirse. Algun ainda pensa que pode vivir do futbol, ala vos. Estades a preocuparvos mais dos resultados que de xogar coma vos sabedes, tocando a pelota, e unha pena.Tendes xente para xogar ben, e gañar, pensadeo.
O 2 anónimo....xa dis que clase de tipo eres falando e opinando asi do que non tes nin p.... idea,menos mal que coma ti hai poucos,gracias a Dios.
Que che dean a ti o que desexas pos demais,solo eso mereces.
Oxalá sexa certo que o Bergantiños recolla o que vai sembrando,anque o terán dificil,a verdade e que merecen algo de premio o final da liga,e se non son eles os que o merecen,¿quen debe ser o agraciado?
o comentario do anonimo 2 demostra o que hai: comentario quente, semana de monton de comentarios quentes, tan quentes coma absurdos e pouco constructivos. Se non hai follón xa non se escribe nada, coma a semana pasada. Veteranos?...vaitoooooo
A verdade é que onte non xogamos ben, pero quero recordarlle aos queridos contertulios que o Zas presentouse neste partido con 4 partidos perdidos o mesmo que nós. Non sempre se pode xogar ben porque os contrarios aprentan de carajo e calquera equipo lle pode gañar a calquera. Home sería ideal xogar ben e gañar pero a dia de hoxe solo existe un equipo que fai iso, e por enriba son profesionais...xa sabedes de quen estou a falar non? do Barça. Así que vamos a disfrutar o que poidamos xogando que é do que se trata o demáis se ben benvido sexa e senón pois non pasa nada.
E para o iluminado ese que se fai chamar seguidor quen son eses catro fantasticos que son tan bos que teño curiosidade por si o mouriño repesca algo oh......
Pa o 2º anonimo non metas a todo un colectivo no teu comentario.si algo contra algien en especial nombrao a el
Queridos amigos noraboa polo partido que fixestes en Zas un abrazo po meu querido Bernardo polo golazo que marcou,quero tamen darlle a venvida o compañeiro de moitas batallas Leo.
saudiños pa todos
Ese de cances que parece que se pica un pouco cando lle dicen que hay tres ou catro ou cinco xogadores que marcan un pouco as diferencias e que non ve moito futbol ou non o quere ver, porque coma en todos os equipos que estan arriba na clasificacion hay xente que lle da un plus de xogo e calidade pa estar ahi, preguntadelle o bergantiños, san roman, nanton, corcubion, ect.. si lles quitan a tres ou catro xogadores vos se estarian ahi arriba.
Non hay que ser envidioso, e ser mais realista porque un pobo coma cances senon fora pola xente que tedes de fora non estariades ahi na vida, e deberiades de estar orgullosos que xente de fora quera xogar ahi tendo a maiores o peor campo de toda a liga.
E esa xente lle guste ou non a alguns ten nome e apelidos que non se din por respeto os outros pero que todos os que vos ven saben moi ben quenes son, incluindo os propios compañeiros que xogan con eles.
Tamen e de dicir que estes catro ou cinco sen o resto tampouco son nada por eso se chama equipo, pero non quita que os hay mais decisivos e menos decisivos.
Sorte rapaces e senon fora por vos a liga estaba finiquitada....
Un de fóra: para ti pode ser o peor campo que hay na liga,pero cando non está encharcado pódese xogar perfectamente e incluso en mellores que outros.
E se os de fóra veñen ao xogar ao equipo de Cances será porque vén o ambiente que hai e que os tratan moi ben e tamén se queren involucrar en ese gran ambiente e se por encima hay suerte cós resultados pois moito mellor
David ti chamalle como queiras pero o campo e o peor da liga e non dudo que os de fora veñen porque hay boa xente e os tratan ben pero por iso mesmo hay que ser mais humilde e realista e os de ahi en vez de picarse cando se di que hay tres ou catro que marcan diferencias, estar contentos e agradecidos que esa xente xogue con vos.
E eu non teño problema por dicir nomes pero repito por respeto os demais que son igual de importantes ca estos que eu penso que marcan un pouco as diferencias me calo.
DAVID: O campo e do peor que hai meu rei,non seas cego,anque dabondo se fai por mantelo asi,hai que ser realista,e senon....¿que campo e peor co do Cances?
Este de Cances que di que Mouriño poderia levar a 3 ou 4....se os ten que levar o portugues e que daquela valen pouco,ou secadra e que xogan como xogan os do Madrid,que a verdade e que xogan pouco.Pero que os leven,que os equipos fanse de mais ca 4 xogadores,porque cando eses non poden ir os partidos,os demais teñen que sacar as castañas do lume,ou ¿acaso se suspendiu algun encontro porque eles non podian ir xogar?Saudos
Saludos para un central do Cances xa sabe por que o digo.
Vemonos o domingo en Bayo prohibido faltar.
Ollo co Baio, que leva ganados moitos partidos, e metéulle 7 o Cabana.
Falando de xogadores que marcan diferencias, estou seguro que si se lle pregunta as 20 persoas entre xogadores e directiva que normalmente van os partidos, seguro cada un dá unha lista diferente do outro. Non todo o mundo ve o fútbol da mesma maneira. O exemplo máis claro e o pelat "mou" Soribas.
O Cabana metelle 7 ahora mismo o peor de segunda, con todo o respeto.
Si se fala de 4 ou 5 xogadores pois dade os nomes, por que aqui a xente tira a pedra pero logo escondemola man, si sacades un tema en concreto falade as cousas claras, e senon non faledes bobadas.
Pa o que di si se suspendiu algun partido porque faltaran eses catro ou cinco dos que se fala pois claro que non, primeiro porque normalmente non fallan os partidos e si e o caso pode faltar un ou dous, e o que se esta a dicir e mais claro auga e que si eses catro ou cinco faltaran sempre non estariades ahi arriba, deixade de ser hipocritas....
E pa o que di que si lles preguntan os 20 xogadores quen lles parecen mais importantes no equipo podoche asegurar que habra algunha discrepancia nalgun xogador pero a gran maioria coincidiria de pleno porque non ve o que non quere ver ou o que non ten ni puta idea de futbol e pensa que si.
E pa o ultimo que di que se digan nomes, eu non son quen comentou o destes catro ou cinco xogadores pero pa min moises, pallin e joaquin que levan varios anos con vos, xunto cun central que xoga na liga de carballo tamen que creo que se chama alberto e un pelao que tedes no medio campo, esa xente davos moita vidilla.....
Sin menospreciar nin moito menos o resto que creo que tedes moi boa xente.....
Sorte e a o toro que ainda hay liga....
o baio? 7?.....eu perdin a conta...pfffff....mal momento pa deixar de fumar...
Os que non entra neses cinco estan ahi de relleno.O mellor e que xojen eles solos haber que pasa.Estarian vos si os outros non deran o callo como o dan en todos os partidos. Quero recordar que con tres deses nombrados descendiuse a segunda.
Miña humilde opinion e que o cances esta ahi porque todos luchan e traballan como cosacos levanse ben e son un equipo os vos e os malos ( si os teñen)esa e a clave.
sorte po domingo
Pa o anonimo anterior que non se entera da pelicula e fala por falar, ninguen di que os demais non de o callo nin que non sexan importantes, por eso se chama EQUIPO o que se di e que coma en todos os equipos do mundo, exceptuando parece ser vos, hay xogadores mellores ca outros, hay quenes corren mais ca outros, haynos mais gordos, mais fracos, mas altos, mas baixos, etc....
E dicir que lle joda a quen lle joda tedes alguns xogadores que xogan mellor ca outros porque teñen mellores cualidades,e os demais que corren e loitan e pelexan coma nadie dentro das sus cualidades son tan importantes coma os outros pero ti si tes 20 homes que corren e loitan e pelexan coma nadie non estas peleando pola liga, pero si tes 15 homes que pelexan e loitan coma nadie e 5 que che desequilibran un partido estas donde estades vos...
Sorte pa o domingo e valorade o que tedes que cando non o teñades vos vades a acordar do conto..
po carballes en todos os equipos hai nos mais vos e o que non son tan vos pero neste momento en cances hai un equipo que son todos vos e eso e o importante e con esa mentalidad dalle para que este ano estean luchan por o liderato e non lle deas voltas e entre eles parece que se levan ben tanto os da parte da coruña como os de carballo.
sorte
os vos son os do bergantiños que parecian que estaban acabados e ainda estan haber si lle gana algien.pareceme que non e todo por os cartos e todo por que son futbolistas que xogaron en outras categorias. e non cona casi todos nos que non pasamos da costa.ou coma eses tan vos do cances que veñen das peñas peñas da coruña.
anonimo,pa falar hay q saber d q se fala e d qen se fala...
pero o cances ten un xogador q foi campion galego,campion de españa,xogou en 2ºb,3º,regional preferente,1º,2º,3º...
asi q xabes q non e solo o bergantiños.
bueno.....como xa olleo en profundidade os comentarios e o asunto principal versa en que temos moitos xogadores de fora, vouvos a dicir unha cousiña para que a entendades no Xuventude de Cances, ou Xuventude Bergantiños, TODOS OS XOGADORES SON DE CANCES. En primeiro lugar porque teñen ficha co Cances, e en Cances xogaran, beben rin e celebran festas, e sobre todo están comprometidos co e equipo, en segundo lugar porque aínda que non naceran en Cances levan tanto tempo con nós que xa son coma da familia, e en terceiro e último lugar por eles mesmos se consideran vinculados o equipo. Eu sinto que algún lles joda, pero é así. A ver se de unha puta vez se acaba o marulismo adeano e retrógrado de considerar diferentes e distantes aos que viven a uns kilómetos de nós, porque as ataduras, as cercas, os balados, as "fronteiras", e o ser distinto porque non vives onde vivo eu, son anacronismos ideológico-culturales de unhas mentes retorcidas, estáticas e sobre todo moi pouco evolutivas.
Dixit...
Eso e cátedra, señor Sindo, càtedra!.
Que aprendan do teu comentario cara arriba todos.
Sindo, quéixome de que saio pouco nas fotos dos partidos.¿Será que son pouco fotoxénico?. Cando saco de portería debo ter pinta de futbolista, je, je, je. De todas formas cando saia, mira de facer algo de fotoshop para que non se vexa tan ceñida a camiseta. Veña chavales sacádelle ferro o asunto. Vémonos ...
O BERGANTIÑOS TEN VARIOS QUE XOGARON EN 2 B,NON SEADES..........E QUE CADA UN FAGA O QUE PODA CO QUE TEN E DEIXE DE MIRAR CON MALA OSTIA OS DEMAIS,QUE ESTO E TAMEN PA PASAR O TEMPO E FACER ALGO DE DEPORTE.
ABUR
Publicar un comentario