Victoria contundente no Pinguel por 1-4 con goles de Pallín, Iván, Vega e Moises por parte do Xuventude e gol de Pelé por parte do Ponteceso.
Non puden asistir ao partido e polo tanto non teño reportaxe gráfico. En canto ao que sucediu o partido encarrilouse na primera parte na que o marcador xa reflexaba un claro 0-3.
Os encontros entre o Ponteceso e Xuventude son dignos de ser estudiados, porque do mesmo xeito que eles veñen a Cances e bárrenonos gañándonos todos os partidos, o revés, cando nós visitamos o Pinguel case sempre saímos victoriosos. O fútbol é así de caprichoso. O Pinguel é un campo que se nós da ben e os de Ponteceso o Vinculeiro e outro campo que se lles dá ben.
Non teño máis que dicir. So o seguinte:
CONFIRMADO DEFINITIVAMENTE: O VENRES DÍA 21 A PARTIRES DAS 22,30 FESTORRO NO LOCAL SOCIAL "BAR FERGO" DE CANCES.
Espero que non falte nadie, así que aos que vexades decídille que temos festorro. E xa vos adianto o menú: COCIDO regado con viño, café, aguardiente, e vamos a ver si conseguimos facer algo máis. Non estaría mal unha queimadiña ¿non? ou algo parecido...xa veremos o que argallamos. O dito festorro o VIERNES 21.
1 comentario:
xa vexo que empezades o ano con victoria rotunda e tamén con festorros.....seguide así tanto nunha coma na outra faceta.
Publicar un comentario