XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

lunes, 28 de febrero de 2011

FOI UN SOÑO .....FOI UN SOÑO E NÓS ESTABAMOS ALÍ: XUVENTUDE 0- BERGANTIÑOS 1

Como dí a canción: foi un soño....foi un soño e nós estabamos alí, ata hoxe polo menos. Non puido ser e o Bergantiños gañou no Vinculeiro por 0-1, gol de Victor. Partido xogado de poder a poder, con poucas ocasións de gol. Na primeira contabilizar una de Victor e outra de Roberto, e una de Vega, isto na primeira parte. Neste periodo o que si gañamos foi en tarxetas 4 nós e 0 eles. Na segunda parte máis do mesmo, as defensas controlaban aos dianteiros, iso ata o minuto 15 da segunda parte: disputa entre Vila e Nicanor que levou os dous ao chan, o xogador do Bergan dalle co pé a pelota. O saque de banda o árbitro dallo ao Bergan, os nosos non están atentos e por enriba falla a defensa, resultado 0-1. A partires de aquí foi un querer e non poder. Eles fixeron un tiro o longueiro nunha falta ao borde da áerea que pitou o árbitro,  finalmente Vega tuvo o empate no minuto 90 cando despois de un saque de banda chegoulle o balón  dentro da área pequena pero o disparo saiu por enriba do longueiro. Aínda tiveron eles outra falta ao borde da área que sacou Chuspo con unha gran parada.
Moito premio levou o Bergan hoxe do Vinculeiro tal e como transcurreo o partido. As derrotas temos que saber aceptalas, así que felicitamos o equipo de Carballo que cada vez está máis cerca de repetir título.
FELICITAR AOS XOGADORES porque creo que hoxe sí fixemos un moi bó partido, pero insuficiente para gañar a este equipo, ademáis como teñas só un erro eles aprovéitano, e foi o que pasou. Adios a toda esperanza para seguir loitando polo título. Levamos 6 partidos perdidos e iso non converte a un equipo en campión. Ademáis fáltanos ese plus para competir contra os grandes aos que NON fomos capaz de gañarlle este ano. Só queda disfrutar dos partidos que quedan e dar por finiquitada a esta tempada, que foi a millor desde a fundación do equipo. Agora será o San Roman o que intente disputarlle a liga o Bergan e o Corcubión tamén aínda que algo máis lonxe.
Esta segunda volta non ten nada que ver coa primeira e caemos en picado, menos mal que a salvación xa estaba conquerida fai tempo.
Por certo quédanos un partido contra o Corcubión e o Comité quere que se xogue esta semana. Creo que non vai ser posible, salvo que o xoguemos as 11 da noite cousa que con toda seguridade non vai a suceder, xa que xogar un dia de traballo despois de sair de traballar as 7 ou 8 e ter que desprazarse unha hora para ir e outra para vir, non é de recibo.

Estas son as fotos do partido.
XUVENTUDE 0 - BERGANTIÑOS 1

domingo, 20 de febrero de 2011

QUINTA DERROTA E MÁIS LONXE DO LIDER: CASTRIZ 1 -- XUVENTUDE 0

Antes de iniciar a crónica A FAMILIA DO XUVENTUDE BERGANTIÑOS QUERE DARLLE O MÁIS SENTIDO PÉSEME A TODO O EQUIPO DO VETERANOS DE CASTRIZ POLO FINAMENTO DO SEU QUERIDO COMPAÑEIRO, E EN PARTICULAR A TODA A SÚA FAMILIA POR TAN SENTIDA PERDA.
Agora en nombre propio quero darlle as grazas a todos e cada un dos xogadores e o corpo técnico por facernos disfrutar e soñar durante 2/3 de temporada. Creo sinceramente que é a millor temporada en canto a resultados desde que se fundou o equipo, aínda que non sexa na que millor se xogou. Teño que reconocerlle o esforzo e o compromiso a cada un dos integrantes do equipo. O feito fieto está e xa nadie no lo vai a quitar. Así que GRACIAS outra vez.
Hoxe perdemos máis que merecidamente en Castriz e o resultado aínda é curto, porque na primeira parte fixemos o pior partido que eu acordo desde a fundación do equipo. Menos mal que o noso porteiro Chuspo nos salvou os mobles en dúas ocasións, senón o resultado sería máis abultado. So apretamos algo nos 20 primeiros minutos da segunda parte, pero eles pasaronnos por enriba e gañaron merecidamente. Un equipo que vai de segundo na liga e con opcións non pode ter a actitude que tivemos nós hoxe porque non tiramos un tiro no medio dos tres paus e iso e algo incompatible con gañar partidos.
Partido malo de solemnidad pola nosa parte que finiquitaron eles con unha falta máis que discutible, xa que se era falta era dentro da área e polo tanto penalti. De todos os xeitos o partido perdémolo nós porque xogamos mal, moi mal.
O millor que podía pasar sería que rematara a liga porque os partidos que nos esperan son jodidos, sobre todo vendo a condición en que están moitos dos xogadores, así que unha recomendación, olvidarse das tonterias da titulitis, porque esa é unha quimera, e dedicarse a xogar o millor posible e sobre todo divertidevos porque ben o merecedes pola excelente campaña que estades a facer. Un tamén debe de recoñecer hasta donde pode chegar e creo que esté o momento de recoñecer que chegamos a donde podemos e nada máis, PERO SE AÍNDA VOS SENTIDES CON FOLGOS PARA FACER ALGO GRANDE DAQUELA PENSADE QUE DEPENDEDES DE VÓS MESMOS E GAÑANDO TODOS OS PARTIDOS ATA O FINAL DARIADES UNHA CAMPANADA SONADA, todo depende de vós
De todos os xeitos foi unha mágoa porque estanse a dar resultados moi raros: O Bergan seica as pasou canutas para empatar no último minuto contra o Cabana que parece espertar. O San Román cortoulle as alas ao Corcubión e xa está ahí pelexando polo campionato, aínda que lonxe igual ca nós.
Na parte de abaixo Cabana, Vimianzo, Castriz están loitando por saír do bache e non caer na segunda división.
Quedan cinco partidos e en Cances teñen que xogar: Bergan, Sar Roman e Nantón, case nada, teremos que facer "dia de club" para facer una boa recaudación..jejejejejeje.
Quedan cinco partidos, e a nós outro máis contra o Corcubión, que disque o temos que xogar antes das catro últimas xornadas, pero non sei cando porque como non sexa un día pola semana ás 10 da noite......non vexo cando pretenden que o xoguemos......no......estamos avidados. Nós xa avisamos na reunión que isto podía suceder agora que non nos veñan con caralladas. Como non se escoita a xente e só se vai a buscar o calendario pois así andan as cousas despois.
Agora unas fotiños:
CASTRIZ 1 - XUVENTUDE 0

lunes, 14 de febrero de 2011

REGRESO O VINCULEIRO CON VICTORIA: XUVENTUDE 6 -- CAMARIÑAS 0

Regreso ao Vinculeiro Stadium nun día de auga no que campo aguantou pefectamente. Partido medio descafeinado. O Camariñas diezmado presentouse con poucos xogadores e case que non se pode xogar o partido. Finalmente decidiron xogar pero en inferioridade numérica xa que eran só 8. Na primeira parte 1-0 gol de Alberto. Eles, aos que se lles da ben o campo, cerráronse ben atrás e nós como non estivemos finos fixo que o marcador se movera tarde, alá polo minuto 3o gracias a que Alberto marcou a saída dun corner. A precipitación foi a nota dominante deste primeiro tempo. Na segunda parte penalti sobre Leo que pouco a pouco vai collendo forma despois de tanta inactividade, transformou Vega. O 3-0 gol de Roberto Mella de cabeza. O cuarto e quinto obra de Alberto e Bernardo e o 6-0 gol de Leo. Pouca hisotira ten o partido polas circunstancias relatadas. Pola nosa banda bastantes ausencias incluidos os tres porteiros que temos fichados: Cuba porque este ano non está dispoñible, e os dous Oscar por motivos personais. Outra vez máis Javier foi o porteiro e temos que agradecerllelo porque sempre que se necesita está ahí. Todo sigue igual O Bergan como un foguete hacia o título do que parece que definitivamente se despide para mín un dos millores equipos desta liga, ou polo menos o que más me gustou xogando contra nós: o Nantón que perdiu contra o Vimianzo que parece un rival difícil nos últimos partidos. O San Román e Bertoa aprazaron o partido e na cola o At. Milagrosa case que está condenado e agora loitan pola permanencia: Cabana e Vimianzo xunto o Castriz o cal visitaremos nós o domingo. O Corcubión sigue ao seu e pode ser o gran "tapado" da competición. En segundo San Lorenzo e Buño camiñan firme cara a primeira división. Unhas fotiños:

lunes, 7 de febrero de 2011

NON PUIDO SER: BAIO 0 --- XUVENTUDE 0

Non puido ser. Esta mañán non podemos gañar en Baio porque nos encontramos con un gran equipo enfronte. Souberon xogar as súas bazas e vése que coñecen perfectamente como xogar nun campo tan grande. O partido rematou 0-0. Na primeira parte poucas chegadas e a única con perigro deles. O seu dianteiro centro plantouse diante de Chuspo e intentou superalo con unha vaselina, pero o noso porteiro fixo unha gran parada e evitou que eles se adiantaran. Pola nosa parte nesta primeira parte pouco que decir, bregamos moito pero non estivemos finos trenzando xogadas. Lamentar a lesión de Iván no minuto 15 que nos mermou considerablemente o noso poder ofensivo. Na segunda parte saimos máis enchufados e nos primeiros 20 minutos volvemos a ser nós. Combinamos, profundizamos e xogamos o fútbol, froito desto dúas ocasións de Vega, unha delas moi clara, pero esta vez o noso fino dianteiro non tiña o día e marrou. A partires de aquí perdemos o control do partido e xogamos con máis corazón que acerto. Cando ás forzas dos dous equipos se mermaron o partido converteuse nun correcalles con acercamento ás dúas áreas, pero solo eles nunha ocasión conseguiron poñernos en perigro, novamente Chuspo aguantou o man a man e enviou o esférico a corner.
Destacar que houbo ausencias importantes: Malpica lesionado, Pallín ao parecer tamén lesionado, Salva por razón laborais e finalmente Suso Villar e Roberto, co cal o banquillo foi xustiño para este partido. A ver se se vai recuperando xente para os próximos partidos.
Bo resultado ante un bo equipo que sabe o que fai. Seguimos ahí aínda que perdemos a oportunidade de acercarnos o Bergan que tamén empatou o Corcubión. Ollo o Corcubión que ten un partido menos contra nós, e de gañarnos poríase segundo. O San Román gañoulle o Nantón que xa está a unha distancia considerable do líder. Na parte baixa victoria do AT. Milagrosa e Vimianzo e empate o Cabana que pasa a estar en postos de descenso. Cada vez queda menos e isto está que arde, aínda que o Bergan ten unha cosiderable distancia sobre o perseguidores e aínda permanece invicto.
Agora as fotiños de rigor:
BAIO 0 -- XUVENTUDE 0

Para rematar vou a publicar una foto do BAIO un equipo moi querido para mín do que gardo moi bós recordos de cando vestín os seus colores alá polos anos 70, xa choviu de carajo, jejejejeje: