XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

lunes, 28 de febrero de 2011

FOI UN SOÑO .....FOI UN SOÑO E NÓS ESTABAMOS ALÍ: XUVENTUDE 0- BERGANTIÑOS 1

Como dí a canción: foi un soño....foi un soño e nós estabamos alí, ata hoxe polo menos. Non puido ser e o Bergantiños gañou no Vinculeiro por 0-1, gol de Victor. Partido xogado de poder a poder, con poucas ocasións de gol. Na primeira contabilizar una de Victor e outra de Roberto, e una de Vega, isto na primeira parte. Neste periodo o que si gañamos foi en tarxetas 4 nós e 0 eles. Na segunda parte máis do mesmo, as defensas controlaban aos dianteiros, iso ata o minuto 15 da segunda parte: disputa entre Vila e Nicanor que levou os dous ao chan, o xogador do Bergan dalle co pé a pelota. O saque de banda o árbitro dallo ao Bergan, os nosos non están atentos e por enriba falla a defensa, resultado 0-1. A partires de aquí foi un querer e non poder. Eles fixeron un tiro o longueiro nunha falta ao borde da áerea que pitou o árbitro,  finalmente Vega tuvo o empate no minuto 90 cando despois de un saque de banda chegoulle o balón  dentro da área pequena pero o disparo saiu por enriba do longueiro. Aínda tiveron eles outra falta ao borde da área que sacou Chuspo con unha gran parada.
Moito premio levou o Bergan hoxe do Vinculeiro tal e como transcurreo o partido. As derrotas temos que saber aceptalas, así que felicitamos o equipo de Carballo que cada vez está máis cerca de repetir título.
FELICITAR AOS XOGADORES porque creo que hoxe sí fixemos un moi bó partido, pero insuficiente para gañar a este equipo, ademáis como teñas só un erro eles aprovéitano, e foi o que pasou. Adios a toda esperanza para seguir loitando polo título. Levamos 6 partidos perdidos e iso non converte a un equipo en campión. Ademáis fáltanos ese plus para competir contra os grandes aos que NON fomos capaz de gañarlle este ano. Só queda disfrutar dos partidos que quedan e dar por finiquitada a esta tempada, que foi a millor desde a fundación do equipo. Agora será o San Roman o que intente disputarlle a liga o Bergan e o Corcubión tamén aínda que algo máis lonxe.
Esta segunda volta non ten nada que ver coa primeira e caemos en picado, menos mal que a salvación xa estaba conquerida fai tempo.
Por certo quédanos un partido contra o Corcubión e o Comité quere que se xogue esta semana. Creo que non vai ser posible, salvo que o xoguemos as 11 da noite cousa que con toda seguridade non vai a suceder, xa que xogar un dia de traballo despois de sair de traballar as 7 ou 8 e ter que desprazarse unha hora para ir e outra para vir, non é de recibo.

Estas son as fotos do partido.
XUVENTUDE 0 - BERGANTIÑOS 1

33 comentarios:

Anónimo dijo...

Que putada!, solo vos podiades evitar que levase a liga calquera dos dous equipos mais antipaticos da liga.
Noraboa pola campaña igualmente

Anónimo dijo...

Empezamos ben a semana...jaja

Un de cances dijo...

Totalmente de acordo coa cronica de sindo, moi boa temporada do equipo pero primeiro para disputarlle os grandes hai que morder arriba e nos arriba somos moi flouxos, pa o ano que ben se queremos ese plus que nos fai falta pa disputar a liga teremos que ir pensando en fichar dianteiros, o que fallan os nosos dianteiros non o fallan os demais e pa mostra un boton, segundo e tamen estou de acordo con sindo primeira volta moi boa xogando con dous medios centros un defensivo e outro ofensivo e segunda volta moi frouxa dende que se nos deu por xogar con dous medios centros defensivos e estar mais pendente de non perder que de xogar o futbol, tamen pa mostra un boton.
Espero que isto sirva de leccion pa aprender todos dos errores cometidos tanto dos xogadores como dos que fan o equipo e pensar xa no ano que ben.....
Moitas felicidades o Cances por tan boa temporada...

Anónimo dijo...

Non fichedes a ninguen pois creo que se acaban os plastidolares e xa queda a liga mais aberta.
Enhoraboa polo grupo

Anónimo dijo...

non perdades o tempo en especular cos candidatos, o san román non ten nada que facer este ano, e o corcubión moito menos, claro

Anónimo dijo...

Acabastes a polvora personalmente creo que estades nos posto que merecedes tendes bo equipo pero non para luchar pola liga ,si quedades como o ano pasao xa non esta nada mal.

Anónimo dijo...

eso de darlle a noraboa pola campaña ai que esperar o final por que moito me temo que esto sigue en caida libreeeeeeeeeee.

Un de Carballo dijo...

Os dianteiros que tedes son moi frouxiños por non decir outra cousa.....

Anónimo dijo...

esta semana os comentarios son bastante acertados, baixo meu punto de vista a liña que tedes mais frouxa e a dianteira. Na defensa e no medio campo non tedes nada que envidiarlle a ningun equipo pero arriba non tedes quen vos marque goles e se vos fixades nos demais practicamente todos os equipos de mitad de tabla pa arriba teñen algun un home gol...
Ademais tamen estou de acordo que o equipo xoga bastante millor cando non xoga con xente tan defensiva no medio campo e mezcla coma na primeira volta un home defensivo con outro de toque.
Creo que da mitade do campeonato pa diante cando vichedes que tiñades opcions de gañar a liga vos preocupastes mais de amarrar os partidos que da identidade que tiñades de xogar ben o futbol e iso penso que tamen vos pasou factura.
Felicidades pola boa temporada ainda que pensoque podiades haber feito algo mais.....

garygar dijo...

Enoraboa chavales!a pesar das baixas e do equipo que tiñades enfrente dixeronme que derades a talla,e a todos aqueles que din o dos dianteiros ,arriba para tin para tan,somos o equipo mais goleador da liga e sen nin galactico,ai queda eso.por ultimo das as gracias a todos aqueles que vos preocupastes pola miña operacion,todo saliu ben e espero empezar pronto a rehabilitacion. e outra cousa queria decir,xa lle gustaria a moitos equipos da nosa liga ter o grupo que temos nos...animo chavales e haber se acabamos en champions,jaja.saludos a todos. por certo a ver se os anonimos dan a cara dunha vez."cobardes"

susoxxl dijo...

Noraboa amigos fixemos un bo partido o resutado mais xusto seria un empate xogamos contra un gran equipo. Temos que pasar pagina e animarnos para os siguientes partido creo que temos quedar moita guerra na liga.Saludos a todos e a levantar esa cabeza animos moitos animos.

Zurdita dijo...

probade unha semaniña a capar os anónimos e que teñamos que usar todos un nombre rexistrado....veredes cantos quedamos, varios dos anónimos salen do mismo teclado, fijo. Perderíades cantidad, pero ganariades en calidad....e en educación

aficionado dijo...

O ultimo anónimo tamen se queixa do que él mismo fai,¿de que te queixas logo?Se queres reñirlle os demais da ti a cara,que vexo que tamen eres un anónimo mais.Creo que esta semana(de momento),ainda non se lle faltou o respeto a nadie

aficionado dijo...

ZURDITA,ti erelo mellor pa opinar,oh.Eu podo escribir como queira,anónimo ou non,que non saberás quen son,de todolos xeitos,a ver se entendes esto:
"O ladrón cree que todos son da sua condición".
Mais nada,pensa...se eres capaz,claro

David dijo...

Sindo noraboa polo teu traballo coas fotos e cos resumes de todos os partidos a os que asistiches.Espectacular a foto da parada de Chuspo

Anónimo dijo...

que non se faltou o respeto? jajajajaja ay ahora si oh!!, hay faltadas a patadas, cada semana duas ou tres jordas,..pero e igual, que a algun inda lle gusta

Anónimo dijo...

que tal el colegiado?.tuvo que ver en el resultado...?.la delantera del cances no puede ser tan mala cuando es el equipo que mas goles lleva.no sera que la defensa del bergantiños es la mejor de la liga?...

Anónimo dijo...

o Bergan xornada a Xornada deixa os rivais sen opcions, como non fallen eles os demais nada lle fan.bueno soñade ... que acbaredes donde sempre como pretendiades ganar se non tirastes nin un tiro entre os tres paus. Saudos

Un dijo...

Si sodes o equipo mais goleador da liga con 53 goles a favor a dia de hoxe pero o dianteiro voso que mais goles leva son 9.....
SIN PALABRAS, FALTAVOS GOOOOOOOL.....

Anónimo dijo...

Seguidor?....de quen?...do demo do inferno?....vaitooooooooooo

O ADMINISTRADOR dijo...

Non tiven tempo de ler os comentarios ata agora e vendo unha vez máis que algún non sabe para que se crean estos blogs, como estades a comprobar fixen unha poda daqueles comentarios que estimei que non merecen estar aquí nin en ningún lado. Aqui non se vai coartar a libertade de expresión sempre e cando a opinión con conleve insultos, ameazas e falta de respeto el consideración, si eso e creo que se produce CORTOOOOOO. Un conselliño para que respeten a un ten que respetarse un a sí mesmo e os que fan ese tipo de comentarios non poden respetar a nadie porque eles mesmos non se respetan a sí mesmos.
O que siga por esa linea automáticamente queda suprimido.

Fran dijo...

o seguidor ese fai ben tempo que merece unha vareadas oh. tes bo lecer ter que andar vixiando a estes elementos, deus che conserve a pacencia amigo sindo, porque o día que acabes con ela...

Anónimo dijo...

Esta vez os fenomenos e decir os que din por ahi que son dos milloriños que ten esta liga . Xogaron?
si xogaron moi ben non o poideron facer si non tirastes un tiro entre os tres paos no campo do cances que e pequeno non digamos si xogarades no campo de paiosaco.O final ganou o que tiña que ganar.

O OLLO QUE O VE TODO dijo...

hostia! agora parece que os de Cances, o equipo simpático que todos querían, vos convertistes nos malos da película. Vexo moito rencor nos comentarios desta semana, moito rencor. Parece que moitos destes cobardes anónimos que vos están a criticar, que no fondo estaban acojonados por se lle ganabades o Bergantiños, estanse a vengar de vós. Non lle fagades nin puto caso a estes impresentables, cobardes, xente sin dignidade que non teñen o que teñen que ter para siquiera poñer un nome aínda que sexa ficticia para poder responderlle. Ten razón Fran tes boa pacencia aguantar estos energúmenos, sobre todo despois de recoñecer que o recoñeces nas crónicas. Aquí escribe moita xente con unha soa neurona que por enriba está lisiada. Felicidades o Bergan e tamén o Xuventude porque foi un partido de poder a poder, e iso sábeno os xogadores, e felicidades tamén polo comportamento correcto de todos dentro da normalidadde.

carballes dijo...

enhoraboa o bergan, pero tamen o xuventude.O bergan leva tempo xuntando xogadores e o final fixeron o seo equipo .Ahora seique ficharon a Solé o do español, eu non quixera ser oseu adestrador porque como vaian todos. Este ano ficharon a Molk, Carliños ,Ambrosio, victor, ahora a este ,e siguen a manter os do ano pasado.Asi van, germanovich o poder,xa podia coller os de terceira en tres anos en segunda e soñando.soo hay que rematar a faena

Anónimo dijo...

isidro que tal? mucha polemica la semana pasada,pero debio estar bien que nadie comenta nada sobre el.

O ollo de halcón dijo...

Isidro fixo un partido políticamente correcto, sin que se lle vira moito o plumeiro. Sacoulle o Xuventude 4 tarxetas amarelas na primeira parte, case que todas por protestar, e pitou máis de media ducia de faltas directas a gol, que algunhas foron e outras non foron, iso sí o Cances pitáballas no medio do campo, por si acaso. Na xogada do gol foi decisiva a súa decisión porque era unha fora de banda clara para o Cances, e él pitouna para o Bergantiños, consecuencia gol. Nesta segunda parte quitoulle 2 ou tres tarxetas o Bergan, tamén por darlle o pico, sería por remordemento. Eu daríalle un aprobado raspado, iso sí o Cances poucas faltas tivo a favor o borde da área.

Moi de tarde en tarde dijo...

Hai que joderse.A verdade é que teñen un equipo cun nivel moito máis alto co dos demais.A min ,particularmente,paréceme mellor o ambiente tipo "peña",é dicir,de que os compoñentes comparten algo máis que esos moentos do partido en si.Non sei se me explico.Espero que este comentario non ofenda a ninguén,claro.

laconadas dijo...

tes razón oh!, donde esté un cocido nun cabanote con amigos inda que non xogaran en primeira nin en segunda que se quite todo o demais. Os titulos xa os ten todos a duquesa de alba

Anónimo dijo...

Ai quen tivera cabanote ...

sejidor dijo...

Quen tivera lacón.......

Sabedes de alguen que xogase en primeira?Ou referidevos a 1 de veteranos,jejejejeje.
Mal pensados........
parece que os do Bergantiños fan amigos vaian onde vaian,jejeje,pois eu vexos moi normaliños,coma os demais,nin mais nin menos.Sorte po que queda de liga,que e moi,moi interesante e incierta tamen,jajaja

Un do Bergan ... dijo...

Estase a falar moito do Bergan e do Xuventude. Falan dos fichaxes do Bergan que parece que xogaron en 3ª división, preferente, etc ... E logo os do xuventude ¿Non veñen tamén de xogar en categorias elevadas e algún de cobrar no fútbol?. Porque parece que os únicos que fichan son os do Bergan.

Anónimo dijo...

olliño a designación do colexiado do San Román-Cabana. Moito tomate nese partido.