XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

lunes, 14 de marzo de 2011

O SAN ROMÁN FÍXONOS UN SETE: XUVENTUDE 2 -- SAN ROMÁN 7

Partido nun Vinculeiro Stadium en aceptables condicións, aínda que un pouco rápido. Dous equipos, dous conceptos, dous obxectivos, dúas actitudes. O Xuventude coa tempada xa feita e terminada desde a derrota contra o Castriz e Bergan, o San Román coa mínima esperanza de quedar campión se o Bergantiños falla. Dúas actitudes (dí o diccionario que a actitude "e a disposición de anímo manifestada de algún modo", pois ben o Xuventude tomouno coma un trámite e o San Román coma un requisito para poder aspirar a algo máis.
Comenzou o partido coa agresividade clásica que esgrime o San Román, e que é por todos coñecida,  e dicir, a italiana, rozando a ilegalidade en todas as accions, metendo o pé, vamos o de sempre, tiveron unha primeira oportunidade os 5 minutos despois de un corner que inventou o árbitro, previo fora de xogo descarado dun delantero deles. 0-1 Tira un delantero rebota nun desfensa e "gol churro". 1-1 Corner que saca Joaquín e esta vez "gol churro" noso que marca, creo que Nacho en propia meta. A partir de aquí algún dos nosos xogadores, puxose as pilas e tamén empezaron a meter o pé e gañarse un pouciño o respeto dos contrarios que nos estaban avasallando coa súa presión.  Uns minutos despois patadón  a Bernardo  no vértice esquerdo dentro  da área do San Román que se escoitou ata nas minas de  Monte Neme, pero como non se tirou ao chan, como era previsible o "colexiado" nin se enterou: "siga, siga"... de pena.
1-2 Comenza a comedia, fora de xogo claro de un delantero deles que intenta intervir na xogada, bloquea a un defensa noso, creo que a Leo, e aproveita a situación o seu compañeiro para seguir coa pelota e marca. Gol moi protestado polos nosos,  non recoñecido polos contrarios, que coma sempre teñen razón en todo, ou polo menos creen tela.
2-2 Cerca do final da primeira parte, German dalle unha patada por atras no xemelo a Bernardo, o árbitro pita falta e creo que tarxeta, non sei si para él ou para outro, porque unha vez máis protestarona, coma todas as do partido. Cando está colocando a barreira o porteiro Cotelo , Joaquin ve que vai cara o centro da porteria, saca a falta sin que o árbitro pite e sorprendeo. O trencilla duda, pero como a conciencia remordíalle, dou gol. Eles protestaron airadamente, esta vez, e sen que sirva de precedente, tiñan toda a razón. Gol completamente ilegal. Ata o final desta parte un inferno con protestas continuas por todos e xogo brusco.
Así rematou a primeira parte.
Comenza o segunda: 15 minutos de toma e daca con millor xogo pola nosa parte con respecto o que fixemos nos primeiro 45 minutos. Cando a cousa esta máis igualada, un despiste polo centro da zaga, xogada combinativa deles e 2-3. O primeiro gol "decente" do partido. Seguen  as protestas. Sobre o minuto 20 pelota larga sobre Manolo Sorribas "el abuelo" como tivo a ben chamarlle un dos xogadores contrarios (xa se ve a pouca catadura moral e pouca educación que ten, fai falla ter cojones para rirse doutro xogador por ter certa idade, porque seguramente cando  este elemento teña a idade de Manolo: 55 tacos, andará arrastrado polo sofá, sen poder levantarse del,  o tempo pon a cada ún donde merece), o que ibamos,  o lenguas éste, arréalle un codazo en toda regla a Manolo, a pelota chega a Malpica que encara a Cotelo, patada por atrás do último home deles, Malpica dispara caendo e Cotelo, para mín fora da área, toca a pelota coa mán.  Vamos un tres en uno. O resultado foi corner, ni tarxeta polo codazo, nin pola falta sendo o último defensa, ni mán do porteiro, nada de nada, só foi corner. O único rédito que quitamos da xogada foi a lesión de Malpica.  Outra vez protestas, nin puto caso, faltaría máis. Xa sabemos como é Gerardo mete a cabeza no medio dos hombros e turra e turra, e siga..siga. Despois de mil discusións inútiles finalmente sacamos o corner, despexan eles para a banda dereita, non estamos listos para facer a falta correspondiente, contraataque e 2-4. Morreu o partido. Desde aquí todo foi do San Román. Uns minutos despois novo burato polo centro do campo e chegan ata o punto de penalti donde Alberto derriba ao dianteiro. Penalti e segunda amarilla, cando debía ser roxa directa. Quedamos con 10 e todos correndo coma polos sen cabeza. O San Román xoga a placer e  fai o 2-6 e 2-7 moi facilmente.  Menos mal que o trencilla, agora sí, nos "axudou" porque lle escamoteou dous ou tres penaltis ao San Román, que unha vez máis seguía sendo animando, pese a ir gañando 2-7, polo seu millor hincha que desde a portería a grito pelado decía:  "vamos azules...vamos azules".
Pitido final, as risitas de rigor daqueles que son unineuronales, que tamén os hai,  e fin do partido.
Que nadie se crea que está crónica é unha disculpa ou crítica contra o árbitro para justificar a chosca. Non oh.....nada máis lonxe da realidade,  a crítica vai para nós mesmos, hai xeitos e xeitos de perder, e tamén rivales cos que perder pero de unha maneira máis decorosa. Saber perder é un arte, e cando o contrario xoga millor ca tí, como foi neste caso, temos que achantar,  pero non é mesmo perder por 2-3 que  perder 2-7, sobre todo cando loitas pola posibilidade da segunda plaza e por enriba ao final tes que aguantar o que tes que aguantar e xa sabedes o que me refiro..De todos os xeitos toda a responsabilidade desta pasada é nosa. Unha vez máis os "grandes" aínda nos quedan "moi grandes".
Quedan tres partidos para acabar esto dunha vez por todas.
Ala agora unhas fotiños da desfeita:
XUVENTUDE 2 --- SAN ROMAN 7

46 comentarios:

SEGUIDOR dijo...

Me pareceu entender na crónica que xogou "O Pelat" Sorribas. E logo, a que se debeu esta novedade. Tan mal anda a cousa de Xente?
Esto cheirame a caida en picado do xuventude ...

seguidor 2 dijo...

Non oh non Manolo Surribas o do pelo branco, o Pep-lat agora non hai maneira de que deixe a batuta. e no noso PEP-LAT jejejejejejej

Anónimo dijo...

Seguidor non estaba no campo,que si non vía a formación novedosa últimamente no Vinculeiro Stadium de Pelat jajaj

Anónimo dijo...

parece que polo menos algun dos "grandes",da menos patadas,que xoga e deixa xogar un pouco mais co S.Roman,supoño que xa sabedes a quen me refiro,que eso tamen se debe decir,en vez de meterse sempre con eles por outros derradeiros.A ver se esto remata dandolle o que se merece cada un,poñendo a guinda a quen a merece,e vos pelexade por un 3 posto que creo que o merecedes.Xa esta rematando,animo

Anónimo dijo...

O sanroman e o equipo mais antideportivo e impresentable de todos (primeira e segunda).

Anónimo dijo...

por eso no se puede comparar a los jugadores del bergan con estes.Por que pienso que los del bergan la mayoria sabe ganar o perder.Otra cosa seran las directivas,

un do bergan dijo...

o san roman si que e unha selecion.con a mayoria de xogadores de 30 poucos anos.a forma de eles xa se viu na liga de mais de 40.haber si asi dadevos conta de que o bergan e un equipo que vai o del pero sempre respetando o rival,sobre todo a mayoria dos xogadores.

vaitooo dijo...

o bergan? si oh!! jajajaj outros que tal bailan. A algún deles facíalle falta saber mirar algo cara baixo e non tanto cara riba
vaitoooooo

un de cabana dijo...

Cabana, minuto 20, Mino é AGREDIDO por un xogador do Vimianzo. Revólvese con motivos mais que xustificados. Resultado: os dous expulsados, mais 2 expulsados mais do cabana por protestar (eso o que pon na acta, porque sacar sacou 6 ou 7 rojas o muy animal)
Despois de levar a ostia, encima levamos os expulsados, e temos que reanudar con 8 xogadores pa xogar 70minutos. Esto é consecuencia dunha nova sabia decisión do comité que foi designar a Pombo pa este partido, sabendo os antecedentes do personaje no noso campo.
O colomo ahora é que o comite, que estaba ali presente, obliganos a xogar esta semana, ¡o sábado!, cando volvemos a ter partido o domingo. Houbo partidos aplazados que botaron 3 meses esperando por fecha e nos disque temos que xogar dous partidos no mismo fin de semana. Non se viu cousa igual. A frase do sr. do comité o final do partido queda pa historia: "tendes razón oh....peerooo"...hai que joderse. Temos razón, claro, pero temos que xogar con 8 despois de levar as ostias. Nos fomos xogar o futbol e ibamos ganando 1-0 e dominando con claridade, foi o rival o que decidiu ir a jerra.
Eu teño claro e xa o manifestei, por min non xogamos o que queda dese partido, e que lle den polo cú. A dignidade está por encima da permanencia en primeira.

Diaz Verga dijo...

Pareceme que mesturar Cabana con dignidade a estas alturas sona a chiste.
Si non estades de acordo coa designacion arbitral, pode pitar algun dos vosos que fai ben o chiflo.

Un de cances dijo...

Por primeira vez nesta temporada teño que dicir que a cronica de o noso querido Sindo, criticando o noso equipo pareceme moi, moi moi inxusta....
Primeiro Sindo si eles como ti moi ben dis xogan o limite da legalidade non ten que ver con disputar ou non o partido ou dar a cara, os nosos xogadores a gran maioria o luns as 8 da mañan teñen que ir traballar e por moi sucio que xoge o contrario non se debe entrar nesas guerras.
Segundo como moi ben di algun por aqui a media de idade dos xogadores do san roman andaran nos 30 e poucos salvo algunha excepcion o que significa que por ley fisicamente anda ben e nos pola nosa parte temos xogadores que habia que facerlles un monumento coma manolo, pedriño, suso, garcia ou javier que estan disputando todos os domingos con toda esta xente.
Terceiro e creo que e de recibo ninguen falou das numerosas baixas que tiñamos este domingo, xente importante coma chuspo, moises, pallin, vega, ivan, etc....
Pois a todo esto lle sumas a maravillosa actuacion arbitral e ainda asi ata o minuto 20 mais ou menos da segunda parte e sin xogarse nada non coma eles o equipo plantoulle cara o partido e tivo as suas opcions, de feito se se pitara a clamorosa xogada de malpica igual estariamos falando doutro resultado..
Non se xogou en igual de condicions Sindo e o equipo estivo ahi....
E verdade que os grandes todabia nos quedan grandes pero creo que a explicacion e moi simple, tanto o san roman, coma o bergantiños, coma o nanton teñen mellor plantilla que nos, non hay manolos sorribas neses equipos e si os ahi non xogan, fan a plantilla pensando en gañar a liga e cada ano fichan mellores xogadores que veñen de xogar en activo por eso e por todo isto o merito do noso equipo e moi grande por estar pelexando con todos eles...
Se o principio da temporada vos dixeran que a falta de duas xornadas ibades estar loitando pola terceira plaza moi poucos apostarian por eso..
Felicidades enormes o cances, temos que estar enormemente contentos co equipo e ca temporada.
Sindo de todas formas creo que es un crak e parte de todo este exito tamen e teo.
O noso ben querido Facal se nos esta vendo de seguro que estaria orgulloso de vos...
Aupa cances....

Anónimo dijo...

Cabanés elojo non tendes blog?
Akí falase do Cances

Anónimo dijo...

O san roman o que ten e que compite,cousa que poucos equipos saben facer coma eles,a edade non e o problema,teñen varios xogadores de mais de 40 que andan mellor cos de 30.Xa se ve na liga de super veteranos.

Outro d cances dijo...

Anonimo, aqui falase do que a cada un lle salga dos guevos, que e un blog PUBLICO.
No blog do cabana, coma no da ponte, fai tempo que non fala nadie, en parte por culpa de anonimos coma ti. E non me extranaria que co tempo pase o mismo aqui. Hay moito cazurro suelto

Outro de cabana dijo...

Compañeiros, neste foro non temos moitas simpatias.... Retiraaadaaaa!!!....

PD: Trankilos que o sabado xa nos mandan a isidro ou ramarama e xa rematamos o conto

Anónimo dijo...

Aki falase do Cances? jajajaja. xa fai tempo que se fala de casi todo menos do cances, esto xa é o blog da liga enteira. E mentes sindo teña pacencia que siga sendo asi. Sentidiño oh e democracia!!

Un de cerca de Cances dijo...

Esto vai para os de Cabana, aquí creo que Sindo deixa falar a todo o mundo sempre e cando non lle hinchen as pelotas e lle falten a xente. E creo que entre a xente de Cances sodes apreciados, o que digan os demáis é cousa deles, sempre que falten. Así que anímovos a denunciar todo o que queirades. En canto a xogaro o sábado, preguntade a guerra que tuvemos nós cos do Comité polo partido contra o Corcubión. O Xuventude na asamblea xa o avisou, pero nin Dios lle fixo caso. NECESITANSE UNHAS XORNADAS O FINAL DE CADA VOLTA PARA ESTOS MENESTERES, claro que mentras non se lle faga ver o Comité, éste seguirá a facer o que lle pete do carallo.

SINDO dijo...

Pído disculpas se alguen do noso equipo interpretou mal a crónica. Quizás non estuve acertado, xa sei que fixestes o que pudestes e moito máis, tendo en conta as baixas que había. Tamén xa lle din as grazas a todos e cada un dos compoñentes do equipo pola grandísma campaña que estamos a facer. Sei perfectamente as nosas limitacións, pero son sincero, jódeme moito...moito perder por tantos goles, e jódeme porque no fondo sei que sabemos meternos atrás e evitar estas goleadas, pero tamén sei que o noso non é defender o resultado senón intentar xogar o fútbol. Así nada que reprocharlle ao equipo, todo o contrario, darlles as gracias,

Viva san fins dijo...

Gracias meu,non esperaba menos. Ata en esto dades exemplo. Si opinamos aqui e porque por desgracia o noso blog esta no paro, unha lastima porque temolo pasado moi ben con el. Ata ahora, eu polo menos, fixeno co debido respeto, e si todos puxesen o seu nome eu tamen daria a cara, de feito gustariame que fose asi e creo que os administradores tamen o preferirian.
O meu compañeiro puxo de manifesto uns feitos que seguramente moita xente quixera coñecer, e a denuncia e moi clara: esta liga non e tan importantisima coma para facer xogar 2 veces en dous dias a 4 vellos que somos. Todo porque o sr Pombo decidiu abandonar o partido que él mismo escarallou. E ben certo tamen que o noso modo de ver e unha inxusticia ter que xogar con 8 homes despois de sufrir unha tremenda agresion. Eles ben sabian a quen tiñan que darlle duro, unha pena.
Saudos

rojillo hasta la muerte dijo...

bergantiños number 1 en todo , mal que ye pese a alguns :goles a favor , en contra ,teñen xente sempre a pesares de insistencia de alguns en menospreciar o que fan, pasaron de estar na cola a subcampeons liga e copa,campeons liga e copa ,invictos hasta o momento e con moitas posibildades de iniciar o segundo doblete.insisto que germanovich ten que coller o Bergan seniors seguro que volveria a cuspide.Bergan o poder.

Chico Ye-Ye dijo...

Bergan numero 1 en .... temas deportivos, que foi o que mencionaches.
No resto ... un nido de víboras, por moito que "ye" pese a vostede

un ex dijo...

Esto non ten sentido ningún.Pero con que carallo pensa o Comité, co cú? este debelle parecer que o único que ten que facer a xente e xogar o futbol. Como coño lle dís a parienta, a moza, na casa que tes que xogar 2 partidos en 24 horas? que corpo aguanta esto?. Esta é a unica liga de veteranos que ten estos problemas, case que hai que ser profesional. E e verdade os de Cances xa avisaron pero non lle fixeron caso porque a xente solo vai as asambleas para conocer o calendario. Non ten sentido. Asi que o sábado xoga o Cances-Corcubion e o Vimianzo-Cabana. O domingo outra vez. Agora ben cada un ten o que merece e senon pa eso ta a asamblea. Cada vez estou mais contento de haber deixado todo esto, cheira a podrido.

SEGUIDOR dijo...

SINDO, Gracias por este maravilloso Blog e páxina Web que tanto nos gusta e entreten a moitos.

Outro de Cances dijo...

So darlle a razón a "un de cances", a sua crónica pareceme moi acertada, sobre todo no tema das baixas, onde xogadores coma Pallín no aspecto ofensivo y Moisés no defensivo, levan anos demostrando que marcan diferencias neste equipo.

aficionado dijo...

Para VAITOO:ti seguro que non tes motivos pa falar dos xogadores do Bergan,o que pasa e que a envidia non che deixa abrir os ollos,e eles se miran parriba será porque non teñen porque avergonzarse coma algun,(vai por ti),e estan orgullosos de levar a cabeza alta,e non teñen enemigos nos campos,e remitome os feitos,senon,mira as tarxetas que levan,e a maioria por darlle a lengua,pero non por patear o que non sexa unha pelota.

aficionado dijo...

Os de Cabana,(esta vez non sei os feitos),pero este ano estades nas liortas todas,ben certo e que o arbitro xa e reincidente con vos,ou vos con él,pero tamen e certo que non sodes dos que calades precisamente,anque tamen digo que patadas non dades,algo bo si que tedes.Tamen quizás tedes razon no asunto de xogar mais adiante,se a outros lle permiten eso,debe ser igual pa todos.
A can famento todo son pulgas....

un de cabana dijo...

A fama non temos da mellor, eso xa o sabemos, pero non ten moito sentido que se designe a un árbitro que xa suspendiu 2 veces un partido nas redondas, fose polo que fose. A animadversión de Pombo co Cabana e de Cabana con Pombo e coñecida dende anos atrás, e falo incluso antes de existir a liga de veteranos. O comité sabe eso de sobra.
Pombo non ten a tranquilidade suficiente para pitar un partido así. Foiselle das mans o conto, coma sempre. Mino foi agredido, si o collen ben escarállano vivo. Eso é así. Como ti ben dis, aficionado, nadie pode queixarse dunha patada a destempo de ningún xogador noso nadie. Protestamos canto queremos, eso é certo, e xa pagamos por eso, que de feito temos que xogar a reanudación con 8 xogadores por ese motivo. O cal é inxusto. Aquí castígase mais falar que agredir.
A todo esto a ver si hay partido porque dos 8 que estaban xogando 2 polo menos creo que ballan...asique...xa se fala de pasar de todo.

xogador do Bergantiños dijo...

Pa ROJILLO:
Eu creo que te pasas 3 pueblos,o mas.....
Pareceme que esas cousas sobran,deixate de bobadas e sé algo humilde,que pola túa culpa metennos a todos nestes follons,sí,dixen a todos,pois eu son un do Bergan e esto non me parece ben.O que pensen os demais hai que aceptalo,(cada un ten ideas propias),pero non incites a rollos patateros.

aficionado dijo...

Non pasedes de todo,pois ademais de perdelos puntos,(secadra non vos importa),pero porriba carganvos cunha sancion,e eso jode mais,xa casi hai que pensar que o Comité fai coma Trafico,o deles e sancionar sin mirar os feitos,o caso e que chegue o carto,jejejejeje.
Animadevos,que xa esta rematando esto e po ano que ben Dios dirá.
Pasaremos a ver o que resta de encontro,a ver se vos dedicades a xogar,(que equipo tedelo),e pasade de darlle o palique,que xa vedes o que pasa.

aficionado dijo...

¿En que campo xogades?
Pos de cabana

Un Tocapelotas dijo...

Así que faltarorn uns cuantos,e,a maioría,por non dicir todos,de onde son?

ABELLÁN dijo...

Toca reflexionar e organizar esto ben, xa que tomou o camiño que tomou. Para eso está a asamblea, e para preparar a seguinte asamblea nada mellor que aproveitar este foro para debatir e aportar ideas novas.
O traballo de Modesto, mellor ou peor feito, é de agradecelo porque eu non o quero nin de coña, pero agora toca organizar a liga como é debido e eso solo ten un camiño: FEDERARSE.
Polo menos virían árbitros, que de entrada serían neutrales xa que non os coñecemos, non como pasa agora que nos están pitando ex-compañeiros e ex-rivales un día e outro. Desaparecería tamén eso de chamar o comité para influenciar nas decisións. Xa que a liga se toma tan en serio, en parte lóxico, pois hai que organizala seriamente.

A todo esto, súmome a seguidor: GRACIAS SINDO POR ESTE FORO

Anónimo dijo...

Estou soñando. Varios comentarios calmando os animos e falando obxetivamente dos seus equipos.
Noraboa, ese é o camiño que hai que seguir nesta liga.
Cada un aceptar os seu defectos e virtudes e pasalo ben

non me molan os anonimos dijo...

E se xa acabaron podendo opinar uns cos outros, libremente, e sabendo quen é quen, eso xa sería a hostia!!
Tan difícil será que nos rexistremos todos e sepamos con quen falamos?...eu creo que non

Anónimo dijo...

Tranquilos,todos,que esto esta rematando.O CASO E NON LEVAR UN GOLPE......¡¡¡¡¡

tonecho dijo...

colega abellan en esta liga hay arbitros suficientes lo que pasa es que todos tenian que arbitrar a todos y no un arbitro ir 6 veces a castriz y ninguna a leiloyo por ejemplo

Unknown dijo...

Levo tempo sin comentar nada porque as veces pareciame, con todos respetos, que a maioria dos comentarios eran pouco constructivos e en moitos casos con animo de ofender. Ojala se manteña a linea desta semana e este foro sirva de plataforma para mellorar a liga, que sin duda ten moito que mellorar. Como di algun, o traballo de Modesto ten o seu valor, eu tampouco o houbese feito, pero agora chegou o momento de dar un paso adiante e organizar todo esto con xeito. Non sei cal e o xeito pero hai que buscarllo.
Gracias tamen Sindo polo blog, o teu esforzo e o da xente dos outros blogs merece un recoñecemento.

Aramis dijo...

Liga Federada = Liga Rematada
Deixadea estar como está pois unha liga non é máis que o que queiran ser os que a compoñen

Sentidiño ohhhh. sentidiño dijo...

aramis na primeira aparición cagouna. INFORMATE ANTES DE ESCRIBIR.

O Bardo de Varcia dijo...

Por que o Comité actual non fai unha xestión relacionada coa integración do Fútbol de Veteranos na Federación Galega de Fútbol?É algo que se me acaba de ocorrer máis que nada porque agora si que hai un Presidente en dita Federación que ,seguramente,lle dedicará tempo a un tema deste calado.Eu xa non estou no choio este do fútbol,pero non esquezo que foi e é unha das miñas paixóns sen ningún xénero de dúbidas.Insisto:Señores do Comité Local Organizador,que non caia en saco roto este comentario.Se sae ben,estou seguro,será un avance extraordinario en todos os sentidos.É unha idea,só iso.Parécevos ben?Veña Sindo ,Tino,Sorribas...Ánimo!

Anton dijo...

Fai tempo que opinei decindo que a solucion e federarse, pero nin se plantea nas asambleas...nadie sabe por qué. O acontecido ahora cos partidos suspendidos, que se xogue un partido trascendental pa 2 equipos 24 horas antes de outros tamen trascendentales, que na circular da semana aparezcan todos os arbitros designados menos o dese partido suspendido.....e todo realmente extraño e revirado.
Como dixo xa algun: Modesto, gracias polos servicios prestados (de indudable valor) pero esto ahora venche moi grande. Si a Federarse!

Ce erre 46 dijo...

Federarse XA!
Xa sei que os que non queren federarse dirán que non sale gratis, e así é, pero GARANTÍZASE A IMPARCIALIDADE E O CRITERIO ÚNICO QUE AGORA MESMO NON HAI.
Por favor, que algún delegado con voto na asamblea propoña esto na próxima ocasión.

Ce erre 46 dijo...

Por certo, hoxe contóume un paxariño o acontecido en cabana, o contido da acta e a resolución do comité. SURREALISTA. Empezando pola actuación dese nefasto colegiado que non solo ten enemigos en cabana, e seguindo pola nefasta actuación de Modesto, que pa mais inri estaba no campo véndoo todo. O de xogar o sábado por imperativo legal xa é o cachondeo elevado o cuadrado. UN DESPROPÓSITO INCONCEBIBLE. E ademais agora disque o Cabana pode recuperar un dos expulsados porque seique foi expulsado despois da suspensión...en fin, os delegados que tomen cartas no asunto na proxima asamblea ou acabamos coa liga

Cabana Churripitichurri Tracatráaaaaaa dijo...

2-0, reventados, pero 2-0
A pesar de Pombo e desta barbaridad de xogar dia si dia tamen, a pesar de que o can flaco solo lle veñen as pulgas, intentaremos estar en Primeira, o noso sitio!!

tonecho dijo...

porque a cabana van tres arbitros y a cances va uno solo porque no fue el arbitro del partido de cabana que era pombo

Cabanes dijo...

E porque temos k xogar hoxe e mañan?...e por que nos poñen a isidro mañan k ven a por nos coma sempre?...e po que...... Por que esto estase convirtindo nunha puta merda, o comite foiselle esto das mans fai moito tempo