Por fín rematou a Liga. Xa facía unhas xornadas que para nós sobraba. Hoxe media pachanga no Vinculeiro, comenzou ás 10. O resultado 2-1 ao noso favor: 1-0, Vega que reaparecía. 1-1 Lilo. 2-1 Iván. Partido con pouca historia.
O campión da competición resultou ser o BERGANTIÑOS, campión e invicto, con iso creo que está todo dito. Nadie foi capaz de gañarlle a este equipo de Carballo, o que dí ben as claras a súa superioridade sobre o resto. Non é fácil aguantar toda a liga sin perder un partido, pois ben os de Germán conseguírono, e é por iso o Xuventude de Bergantiños de Cances dalle as maís sinceras FELICITACIÓNS pola grandísima campaña que fixeron. Durante algunhas xornadas intentamos poñerllo difícil pero foi imposible. E xusto recoñecer a súa merecida víctoria. Unha cousa non ten nada que ver coa outra, cando tí xogas contra un equipo éste equipo é o teu adversario, que non inimigo. Lástima non ter unha foto do equipo completo para poder publicala, pero espero subsanalo nun futuro. Reitero, isto xa a nivel persoal, a miña felicitación a todos os xogadores do Bergantiños, grandísimos xogadores, é fágoa extensiva a o seu entrenador, e directiva, en especial a Germán, Ramiro, Chispas, Jesús, Luciano, Lolo, e a toda a xente que acompaña e apoia ao equipo.
Felicitar asimismo ao San Román pola fé que tiveron ata o final, e como non aos dous equipos: San Lorenzo e Buño polo ascenso.
Para rematar felicitar a todos e cada un dos nosos xogadores, polo sacrificio, compromiso, e por acadar a millor clasificación na historia do club, ao entrenador, ao Presidente e a todos e cada un daqueles que, dunha maneira ou de outra, colaboraron e fixeron posible que durante una parte importante da competición poideramos codearnos cos grandes. Recordar especialmente a aqueles que están convalecientes polas lesións, especialmente a Suso Garygar, ao que lle desexamos una pronta recuperación.¡¡ánimo Suso!!
Nos próximos días informaremos máis ampliamente sobre a copa e as novidades que acordaron na Asamblea celebrada o xoves. Parece que ¡por fin! (e xa iba sendo hora) se vai a organizar unha festa de fin de tempada.
Nos próximos días informaremos máis ampliamente sobre a copa e as novidades que acordaron na Asamblea celebrada o xoves. Parece que ¡por fin! (e xa iba sendo hora) se vai a organizar unha festa de fin de tempada.
Agora as fotiños de sempre:
XUVENTUDE 2 - NANTON 1 |
9 comentarios:
FELICITACIÓNS para o Bergan polo campeonato, Para o S. Lorenzo e para o Buño e tamén para o Cances pola sua gran campaña.
Noraboa polo tercer posto fixeste uha tempada cojonuda.
Felicito o bergantiños por acadar o campeonato.
parece que ahora non se fala tanto do Bergantiños,parece que non se acorda nadie del,eso que durante a liga foi o que mais tralla levou.
Vese que as cousas mezclanse,e digo no tema dos directivos e o dos xogadores,¿ou non e asi?
Felicitar o S. Roman por aguantar e poñerlle algo de picante ata o final,tamén o S. Lorenzo polo ascenso e o Buño.
Ahora a Copa,animo a todos,(que xa falta pouco).....que pena despois,¿haberá que facer unha Champions da Costa?
Ahora que todo esta xa rematado na liga a verdade e que hai poucos comentarios,se fosen outros ganadores seria igual?ainda o dudo.Solo o Cances o fixo,felicitou os campeons de ambalas divisions,encima de ser un bo equipo vese que recoñece os meritos dos demais,noraboa pa eles tamen pola campaña que fixeron,lástima que o final se desinflaron un pouco.Noraboa tamen o S.Román polo arreón final,anque solo serviu pa non deixarse durmir os de Carballo,que dito sexa de paso,o unico equipo que non perdeu ningun encontro e sendo dos mais goleadores e o menos goleado,e eso casi sempre ten premio.Noraboa os que ascenden e a ver como atopan eles a categoría,espero que compitan coma este ano,asi a liga deixa de ser cousa de 3.A pasalo ben agora coaa copa,que menudos 1 platos,jajajajajaja.
Sorte a todos e animo pa que esta liga siga adiante
Noraboa os azuis...uy!...queria decir os rojos
Noraboa a todos, o importante e participar.....o color a estas alturas debria ser o de menos
xa, xa ; pero os rojillos sin contestar nos blogs, pero si no campo, que é donde hay que facelo levan unha racha nos tres ultimos anos dificil de superar, andan o deles e con un pouco de sorte a seguir sumando titulos,levan 6 trofeos en tres tempadas. ENHORABOA A TODOS OS EQUIPOS; PERO EN ESPECIAL O BERGANTIÑOS:AUPA BERGAN.Insisto no de German levar o bergan de aficionados.
o s.lorenzo vai ser o tapado da copa.como son as eliminatorias?
Noraboa o Campeon, unha liga intachable, non se pode discutir o titulo. Noraboa tamen os ascendidos, e a vos por dar guerra hasta o final.
Outra cousa: gracias Mino, e moita sorte, ganaredes ese partido como ganaches moitos outros. Ahora entendo porque chegaches tan arriba en esto, e non me refiero a clase futbolistica que tes. A tua axuda o equipo en momentos tan dificiles e unha leccion pa todos.
Saudos a todos e disfrutar da copa.
Publicar un comentario