A Asociación de Fútbol de Veteranos da Costa comunica a tódo-los clubs de primeira coma de segunda división que é intención da Asociación o proceder a celebrar a primeira xuntanza de clubs da Costa o día 10 de xuño, venres, no Restaurante Aldeola. Nesa xuntanza procederíase a entrega de trofeos da Liga e Copa temporada 2010/2011 E por suposto, celebraríase a cea-baile para celebrar dito acontecemento. Doutra banda, a Directiva da Asociación de clubs da Costa de Veteranos, decidiu que tódo-los equipos que queiran asistir a dito acontecemento deberán retirala súa entrada (coste da mesma 25€), ben a través da Asesoría Asfeco de Malpica ou ben poñéndose en contacto con Modesto Parga, en Ponteceso. O ÚLTIMO DÍA DE PRAZO PARA RETIRALAS ENTRADAS DA CEA-BAILE SERÁ O XOVES DÍA 2 DE XUÑO, a partir de esa data a Directiva non se fai responsable nin pode garantir que vaia haber aforo para as solicitudes que surxan despois desa data. TAMÉN QUEREMOS INFORMAR QUE SE NON SE CHEGA A UN MÍNIMO DE RESERVAS PA DITO ACONTECEMENTO O MESMO SERÁ SUSPENDIDO.A CANTIDADE MÍNIMA DE ASISTENTES QUE TEMOS ACORDADO CO RESTAURANTE ALDEOLA É DE 200 PERSOAS. Pedimos a inestimable colaboración dos equipos a fin de que esta cea sea un éxito, revalorice e de prestixo a Competición da Liga da Costa de Veteranos. Rogamos un pequeno esforzo a fin de acadar unha asistencia razonable e digna a dito acontecemento.
Atentamente, Modesto Parga.
El Comité
1 comentario:
espero que os equipos tomen conciencia e acudan a este acontecemento. Non debería de ser un problema xuntar 200 persoas. Agora é cando se vai a ver que compromiso e solidariedade teñen os equipos e os xogadores. Se esto fracasa é un fracaso de todos, pero sobre todo da liga de veteranos.
Publicar un comentario