O sábado 3 de setembro celebramos o MEMORIAL FACAL 2011. Agradecerlle de forma significativa a presencia da súa familia, representada nesta ocasión pola súa filla MARIA LUISA e pola súa irmán ROSA. Gracias, moitas gracias, sabemos que é un acto largo, e tamén sabemos o esforzo que fixestes para poder acudir.
Agradecerlle tamén a os dous equipos invitados: o equipo da chave A PIPA, de Bértoa, e o equipo de fútbol de veteranos do PONTECESO pola súa presencia e participación nun evento coma este que non ten outro propósito que lembrar a un dos fundadores dos equipos de Chave Fergo e do Xuventude de Bergantiños de veteranos: José-Luis García FACAL.
Tamén agradecerlle a Miguel Calvo por tocar una peza musical durante o minuto de silencio, o árbitro que pitou o partido de fútbol: Luis, e a todos e cada un que de un xeito ou outro contribuiron na celebración do Memorial.
A novidade deste ano foi que houbo dous partidos un de chave nun campo habilitado a tal fin, e un de fútbol. Foi un acto sinxelo no que o final do mesmos os participantes compartiron uns pinchos para recuperar forzas.
Aquí vos deixo todas as fotografias que saquei. Tal e como as saquei:
VIDEO DO MEMORIAL |
MEMORIAL FACAL 2011 |
3 comentarios:
Parece que foi moi bonito. Boa idea o de xogar os dous partidos a vez. Noraboa.
enhoraboa po lo homenaje. ese si que pa o que devia valer esta liga.
Este grupo de amigos é compañeiros de facal, estan a facer un traballo moi bo e xeneroso. Xa o facian antes, cando el estaba con nos é tamen agora que nos deixou.
Son un referente na comarca de bergantiños é a envidia doutras asociacions que posiblemente mais grandes, pero mais cativas en ideales é compañerismo.
Hai pouca xente que sepa honrar os seus amigos coma eles.
Noraboa
Publicar un comentario