XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

martes, 13 de septiembre de 2011

PRIMEIROS TRES PUNTOS: BERGANTIÑOS 0 -- XUVENTUDE 1

No campo anexo das Eiroas enfrentámonos os domingo o Supercampionisimo das dúas últimas tempadas: O BERGANTIÑOS. Partido clásico de comenzo de temporada no que se nota a falta de rodaxe de case todos os xogadores. O millor de todo foi sin dúbida o resultado 0-1. Regular partido con moito centrocampismo e imprecisións froito destes comenzos en que as pernas aínda non van como a cabeza quere.
Na primeira parte 0-0. Nós tivemos a millor ocasión nun excelente desmarque de Josito que se plantou diante de Rafa, pero este fixo unha magnífica parada e o balón petou no poste. Achuchamos e xogamos máis tempo no campo deles, pero as ocasións claras foron poucas. Eles fixeron dúas contras perigrosas e iso foi todo o seu balance ofensivo nestes cuarenta cinco minutos.
Na segunda parte marcamos no minuto 14. Centra Vega e remata de cabeza no segundo pau Malpica. A partires de aquí empezamos a aturrullarnos, a poñernos inquietos, cometemos algúns erros debido tamén a que eles empezaron a apretar e pasamos algún que outro apuro, coma por exemplo no minuto 82 que nun centro desde a dereita foi rematado por un xogador deles e a pelota pegou no longueiro. Antes Chuspo quitou un mán a mán con outro dianteiro deles.
O dito o millor foi o resultado. O día era propicio para gañar, ou o domingo ou nunca, porque o Bergan que se presentou nas Eiroas tiña pouco que ver co equipo campeón do ano pasado (podedes ver as fotos do equipo). Segue a ser un gran equipo con xogadores impresionantes: Lucho, Urbieta, Pea, Joaquín, Fran, Rafa, Cándido, etc. pero faltaballe medio equipo do ano pasado. Non por iso e menos importante a victoria porque pese as ausencias segue a ser un grandísimo equipo, con xogadores de moito oficio que non se poñen nerviosos e saben o que teñen que facer no campo, fano sencillo e eficaz.
Felicitar a todos e cada un dos xogadores do Xuventude polo esforzo realizado e porque o partido non foi fácil.
Agora coma sempre que vai aos partidos déixovos coas fotos que saquei (esta vez menos para non non vos aburrades, jeje).

15 comentarios:

susoxxl dijo...

Noraboa a todos polo trinfo do sabado.
Xogamos contra un gran equipo a pesar de ter moitas baixas sigue sendo uns dos favoritos ,collemos o leon dormido.

Anónimo dijo...

Parece que o Bergan non e o que era.

Anónimo dijo...

quedou sin as figuras,que demostraron por que estaban ahi.

Anónimo dijo...

Ppppppppppppppprrrrrrrrrrrrrrrr!!!!!!! Non hay cartiños jejeje

Anónimo dijo...

TRANQUILOS QUE OS POBRES QUE QUEDAMOS VAMOS DAR MOITA GUERRA,E OS QUE MARCHARON ELES SABRAN POR QUE ESTABAN NO EQUIPO?UN DO BERGAN

Anónimo dijo...

Un saludo para ese do bergan. non ganaredes a liga pero seguro que o pasaredes mellor.

un de cerca dijo...

Xa gañastes todo durante dous anos, creo que a un precio excesivo pola obriga de gañar todos os partidos. Agora os que quedades tócavos disfrutar xogando, sen tanta presión nin tanta hostia a fin e a o cabo solo se trata de unha liga de veteranos

Anónimo dijo...

e as fotos, que?

eumismo dijo...

Eeu digo si o bergan non e o que era e os demais son o que son quen será o campeón(que ben rima)
pois o xuventude non encontraria figuras na coruña porque a maioria por non dicir casi todos falan o castelan e os da casa no banco eso será que todo dios quere ser campeón eu outro xeito non o vexo,pero bueno reflexión a ca quen.

respondon dijo...

non sabia eu que agora non se podia falar castelán. Ti non terás algo de complexo? debe de ser eso por eso che jode que os demáis o falen. Ti es dos que lles pos portas o mar ¿non sin?, vai por dios que poucas neuronas.

eumismo dijo...

esto e para respondon eu sei que se pode falar castelan pero si o digo e porque por cances non se soe falar non me estou metendo do nacionalismo como algun lle parece so que mellor dito e claro por senon o entendeches
a maioria dos xogadores do cances son da coruña¿ou estou equivocado?e portas eu non cerro nin as da miña casa e menos os de afora,esto do jogo bonito e moito mais facil que meter un idioma no medio pero po que non quere entender busca salida por algún sitio espero que agora o entendas

Anónimo dijo...

e as fotos,

Anónimo dijo...

Eso,eso e as fotos!!!perdon,perdon eso,eso "y las" fotos jejeje

O ADMINISTRADOR dijo...

Por problemas técnicos non puiden subir as fotos ata hoxe. Ahí vos van e disculpade.

respondon dijo...

Isto vai para EUMISMO,xa empezamos a tocar as pelotas, algúns con tal de joder non sabedes o que facer, senón sabedes escribir outra cousa e millor que esteades quietos e calados. Que cojones che importa a ti de donde son os xogadores do Cances ou os do Bergantiños ou os de calquera outro equipo?