XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

lunes, 19 de septiembre de 2011

XUVENTUDE 3 -- BAIO 3

Partido de ataque o disputado polos dous equipos. Na primeira parte o Baio nos primeiros 35 minutos non nos viu diante e froito do seu excelente xogo metiunos un 0-3  en menos que canta un galo. O primeiro gol deles foi digno de primeira división, un tiro co exterior do pé que se foi cerrando cara a porteria e ante o que nada puido facer Chuspo. A partires do minuto 35 da primeira parte comenzamos a xogar millor e chegamos un par de veces, pero o gol non caiu da nosa parte.
Comenzou a segunda parte e o equipo arriscou: tres defensas, o medio do campo máis poblado y sobre todo non nos precipitamos. Comenzamos a chegar con perigro. No foi ata o minuto 15 aproximadamente en que marcamos o primeiro gol. Foi un penalti pitado por Gerardo. Esto dounos alas e empuxamos cada vez máis. Conseguimos o segundo gol nunha xogada que eles marcaron en propia meta. Este segundo gol dounos aínda máis alas e estivemos a punto de empatar nunha salida en falso do porteiro deles, pero un defensa salvou debaixo dos paus. Sobre o minuto 32 conseguirmos empatar. Foi un xogada ben levada con pase de Pallín a Vega que dentro da área dalla a Malpica que entraba libre marcaxe e con un dereitazo pegado ao pau conseguiu o que nadie pensaba, levantar un 0-3. A partires de aquí puxémonos un pouciño acelerados y por querer ir polo partido case que nos marcan eles, xa que nos conlleron en dúas contras, que finalmente salvaron os defensas.
Partido bonito xogado por ambos conxuntos ao ataque. Este Baio coas novas incorporacións, pode dar moitas sorpresas.
Agora as fotiños de rigor, que dito sea cada vez son menos, por iso de non aburrir ao persoal.

5 comentarios:

un curioso dijo...

Bueno hai que mirar a botella medio chea. O bó é que remontachelle 3 goles e iso nunca é fácil, seguir así que vades ben.

un amigo dijo...

Sodes uns fenomenos,noraboa seguide asi . Un empate despois dun 0-3 non e nada malo.

O que sinte algún dijo...

O Bergantiños botou man de Pepe Lista, Urbieta e mais Ismael.Só faltan Luciano e Suso Villar.Cómo é posible isto despois de largarse de maneira que se largaron.Cambio de directiva, xa.Non se entende.O que queren é xogar como todo dios,e, os demais que ajuanten.

un da aquí dijo...

non entendo moi ben o que queres decir SINTE pero ¿acaso non teñen dereito a xogar Pepe, Urbieta, Ismael, Luciano e todos os demáis?, creo que son xogadores de veteranos, e isto é unha competición de veteranos, polo menos este ano xogan, porque os anos anteriores estaban de floreros, e se marcharon fixeron ben, nadie madruga para estar un dia de agua no banco sin sair a xogar un puto minuto.

Oque sinte dijo...

O comentario vai nesa liña , nin máis nin menos.Totalmente de acordo contigo, "un da aquí".