XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

jueves, 24 de noviembre de 2011

XUVENTUDE 3 - BÉRTOA 2

Nin idea do que pasou o domingo, non fun, así que non hai fotos nin nada de nada.

VIERNES CEA NA BOMBONERA (CARBALLO)

Van faltar algúns da Coruña: Rio, Pallín, Joaquín, Fidel, Josito, en fin sintoo por eles que se lo pierden.

domingo, 13 de noviembre de 2011

¡¡¡Y VENGA LA BURRA AL TRIGO!!!. SAN ROMÁN 1 - XUVENTUDE 1

Xogamos na Laracha. Sabiamos que nos esperaba un partido duro e difícil, con un rival que non se nos da ben, un rival duro que xoga a italiana, correoso, que sempre da a cara, pero a todo iso hoxe houbo que añadirlle a climatoloxía. Foi unha mañán terrible con un vento racheado que era incomódisimo para xogar.
Empezamos a favor de aire e no minuto 5 Joaquín agarrou un balón fora da área y golpeona magistralmente co exterior e metiuna pegado ao pao, Cotelo non puido facer nada: 0-1. Ata o minuto 20 xogamos bastante ben, a partires de aquí eles pelexando duramente conseguiron meternos no noso campo pero a defensa controlou ben e case que non tiveron ocasións claras. Pola nosa parte dous despistes deles poideron dar lugar a que marcaramos o segundo pero Josito non acertou nun mán a man, e un roubo de García non conseguiu Josito chegar  él.
Na segunda parte  e en contra de vento xa sabíamos que tiñamos que sufrir, eles apretaron duro e case que non non deron opción de chegar a súa portería. Tiveron un par de ocasións, pero en xeral a defensa nosa respondiu e poucas opcións lle dou. Empataron no minuto 50, sí, sí, no minuto 50, no minuto 50 da segunda parte.  Sacaron una falta no medio de campo na parte dereita, dous xogadores deles estaban detrás da nosa defensa en fora de xogo claro, o balón chegou a Nacho e empatou. Desde a miña posición parecia que recibira en fora de xogo pero algún dos nosos di que non. O partido prolongouse ata o minuto 53 ou 54.
Polo xogo desplegado poderíase dicir que o empate foi xusto, eles empurraron e nós co resultado a favor defendemos, sin embargo todo estuvo condicionado pola actitud do señor do pito.
Minuto 15 da segunda parte falta de Isidro a Nacho, pita o árbitro que estaba ao lado deles, Nacho levántase cabreado dalle cas mans no peito a Isidro e tiro ao chan, tirouno, non se tirou él.  O árbitro que estaba presente acojonase e mostralle tarxeta amarela a Nacho, tamén lle mostrou tarxeta a outro xogador do San Román por protestar. Primeiro erro clamoroso tiña que ser roxa directa por agresión sen balón, vemolo todos os días na tele (Levante-R. Madrid).
 Minuto 25 balón na área pequena Chupo tírase ao chan, colle a pelota e Nacho que tamén se tirara por ela e  que estaba algo revolucionado, pegalle ca plancha no peito, o árbitro fai amago de quitar tarxeta pero ao ver quen era acojonase outra vez. Segundo erro clamoroso.
Minuto 30 Isidro un dos millores xogadores do partido corta unha vez mais o balón e vaise dos contrarios, un xogador do S. Román, o que protestara na xogada da amarela de Nacho e que vira tarxeta, colgaselle da camiseta e Isidro levo arrastro  ata que non pode máis e cae ao chán, o árbitro a cinco metros acojonase e non lle enseña a segunda amarela. Xa van tres. Na primeira parte ao noso Fidel sí lle quitou tarxeta por agarrar levemente a un deles, deixou acabar a xogada e amarela.
O partido prolongouse ata o minuto 53-54, él saberá por qué e eu tamén, esperou a que poidera empatar o San Román, iso é todo.
Vou a facer una pequena reflexión persoal: Creo que ao Xuventude se lle está a faltar ao respecto, así de claro. Cando temos oportunidade de gañarlle a un dos "grandes", o trencilla de turno jódenos, pero non nos jode de calquer maneira, jodennos adrede. A un ábitro perdoaselle que non vexa un fora de xogo, unha mán, un fora de banda, ou unha agresión coma a que sufriu hoxe Isidro, él estaba de espaldas e non podía velo. O que non se lle perdoa é que se lle tome o pelo aos xogadores do Xuventude e ao club. Un árbitro pode ter un fallo, pode errar, pero non debe de fallar intencionadamente, por acojamiento, por amiguismo, ou xa estou pensando porque así está estipulado. ¿Cómo coño pode ser que sempre se equivoquen flagrantemente con nós nestes partidos? ¿qué coño vos fixemos para que nos tratades así? Se algo no se lle pode perdoar a ningún árbitro e a mala fe  e que te jodan intencionadamente, e iso foi o que fixo hoxe Miguel, non lle saiu un mal partido non, quixo jodernos e jodiunos, pero ademáis fixoo descaradamente. Xogamos 54 minutos na segunda parte sin saber porqué, tiña que haberlle expulsado a Nacho no minuto 15 ou no 30. Nacho que foi o xogador máis determinante do partido, o millor xogador sobre o campo,  ao que non soubemos parar e o que empatou o partido.
Vou facer preguntas como fai algún ¿por qué cojones nos estades a facer isto a nós? ¿por qué? ¿por qué sempre nos jodedes cos “grandes”?, porque temos antecedentes recientes, o mesmo  fixo o ano pasado Iván, que aínda ten os santos cojones de  dicir que o puxemos a caldo no blog  y que non nos quere pitar ¿será porque tes a conciencia sucia?¿pero que merda esperades? Se sodes vos os que nos estades jodendo a propósito. ¿tendes alguna consigna? Supoño que non, solo faltaría. ¿estorba o Xuventude? ¿Vamos a ter que empezar a regalar trofeos ou camisetas para os árbitros, como fixeron outros que están más considerados ca nós, para que nos tratedes xustamente?, pois non señor, non señor.
O colmo  foi que ao final según me informou o adestrador o árbitro estaba ofendido,  hai que joderse.  Parece que dixo que non nos volvía a pitar, non polos xogadores, senón por algún dos do público. Referíase  a mín,  porque lle dixen gritando varias veces, despois do empate deles e indignado ante a súa actuación :  “eres un sinvergüenza” "eres un puto sinvergüenza". Non é que me sinta orgulloso da frase nin moito menos, pero dita está, e non é nada persoal, respetoo como persona,  e a frase está referida ao ámbito deportivo, a sú laboura como árbitro neste partido. Foi quizas una frase inapropiada pero teño a conciencia tranquila ¿ti podes dicir o mesmo?. O  que sembra ventos recolle tempestades e o que sembraches no campo foi un furacan de despropósitos.
En definitiva creo que se lle faltou ao respecto ao equipo, pero sobre todo aos xogadores que loitaron pola victoria hasta a extenuación, e os que felicito pola súa actitude,  eso xa pasando por alto que lle chamaches a un deles “subnormal” ou algo parecido. Así que me da igual que  nos queiras pitar ou non. Hoxe non foches xusto con nós, e non o foches porque non che dou a gaña, non tiveches erros sin querer, cometichelos adrede. De todos os xeitos  se estás tan ofendido podes  facer un anexo a acta dicindo que che chamei “sinvergüenza”, eu estouno reconocendo aquí públicamente e como miembro da directiva o COMITÉ  podrá tomar as medidas que estime pertinentes.  
A miña intención é falar o mínimo dos árbitros,   sei que o seu traballo non é facil, pero tanta tomadura de pelo xa pasa de castaño oscuro. A partir de agora o que intente jodernos desta forma terá a súa correspondiente crónica, lle guste ou non lle guste, dame absolutamente igual, mentras exista neste país a liberdade de expresión eu vou a denunciar estas mangantadas feitas a propósito. Se teño que desvincularme do Xuventude para non perxudicalos así o farei. Dixit.
Aquí vos deixo as poucas fotos que quitei:


O Presidente á vista dos acontecementos ocurridos tuvo unha reunión de alto nivel para recibir asesoramiento e poder reconducir a situación, os reporteiros deste medio conseguiron cazalo "in fraganti", esperemos que o aconsellaran ben. Esta é a primicia:



miércoles, 9 de noviembre de 2011

XUVENTUDE 4 --- BUÑO 0

O domingo xogamos no campo de Xaviña, en Buño, ás 12. Na primeira parte o resultado 0-0 froito da pelexa que se fraguou no medio do campo e que impediu que ningún dos equipos tivera ocasións claras. Eles tiveron unha por parte de Julio, pero o noso cancerbeiro Javier Ferreiro estuvo listo e limpoulle a pelota antes de que poidera rematar. O dominio territorial, como xa pasou o domingo pasado en Nantón levámolo nós pero non conseguimos chegar adiante con claridade. Na segunda parte foi outra cousa, con un amplio banquiño que garantiza unha certa frescura nos xogadores, comenzaron a chegar as ocasións. Antes de entrar a primeira fallamos unhas tres claras....claras, unhas veces por unha cousa e outras por outra. A lata abriuna o incombustible Garcia que rematou un centro de Josito. O segundo que chegou despois de ter fallados outro par de ocasións, fixoo Bernardo a Centro de Leo.  O terceiro foi polémico por o Buño tuvo unha ocasión clara na nosa área, reclamaron mán don xogador noso, e na contra Josito plantouse diante do porteiro deles e batiuno por baixo.  O cuarto foi gol tamén de Josito, centro desde a dereita que non acerta a despexar o porteiro deles e Josito empurrouna ao fondo da portería.
Bo partido principalmente na segunda parte. Unha vez máis fomos seis cambios o que lle garantiza frescura ao equipo, pero ten o inconveniente de que ás veces os xogadores non disfrutan de todo o tempo que eles quixeran, pero todo non se pode ter, como dí o refrán "non se pode jo....er e máis ter o virgo" .


Agora as fotiños de sempre:



viernes, 4 de noviembre de 2011