XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

miércoles, 9 de noviembre de 2011

XUVENTUDE 4 --- BUÑO 0

O domingo xogamos no campo de Xaviña, en Buño, ás 12. Na primeira parte o resultado 0-0 froito da pelexa que se fraguou no medio do campo e que impediu que ningún dos equipos tivera ocasións claras. Eles tiveron unha por parte de Julio, pero o noso cancerbeiro Javier Ferreiro estuvo listo e limpoulle a pelota antes de que poidera rematar. O dominio territorial, como xa pasou o domingo pasado en Nantón levámolo nós pero non conseguimos chegar adiante con claridade. Na segunda parte foi outra cousa, con un amplio banquiño que garantiza unha certa frescura nos xogadores, comenzaron a chegar as ocasións. Antes de entrar a primeira fallamos unhas tres claras....claras, unhas veces por unha cousa e outras por outra. A lata abriuna o incombustible Garcia que rematou un centro de Josito. O segundo que chegou despois de ter fallados outro par de ocasións, fixoo Bernardo a Centro de Leo.  O terceiro foi polémico por o Buño tuvo unha ocasión clara na nosa área, reclamaron mán don xogador noso, e na contra Josito plantouse diante do porteiro deles e batiuno por baixo.  O cuarto foi gol tamén de Josito, centro desde a dereita que non acerta a despexar o porteiro deles e Josito empurrouna ao fondo da portería.
Bo partido principalmente na segunda parte. Unha vez máis fomos seis cambios o que lle garantiza frescura ao equipo, pero ten o inconveniente de que ás veces os xogadores non disfrutan de todo o tempo que eles quixeran, pero todo non se pode ter, como dí o refrán "non se pode jo....er e máis ter o virgo" .


Agora as fotiños de sempre:



16 comentarios:

Chuspo dijo...

Bo partido o domingo rapaces.Quero decir outra cousa e o segundo partido q escoito nun vanqillo do equipo contrario "mira son a malloria da coruña" e q? Q problema hay con eso,todos vamos os domingos a xogar o futbol e a pasar un rato agradable e darlle unhas patadas a un balon.E sempre falan os equipos q menos teñen q falar ou o buño non hay un par d xogadores q non son d buño.E deixo unha pregunta no aire,cantos equipos hay na liga da costa q todos digo todos os xogadores son d esa zona?Parece mentira q a xente siga facendo esos comentarios!!!

UN dijo...

Sindo o problema non e que un xogue menos ou mais pola cantidad de xente que ides os domingos, o problema e que este ano o manda mais ten a moita xente queimada por facer as cousas como as fai.
En veteranos e menos no cances eu non vin ningun fenomeno que sea millor cos demais, eu vexo bos xogadores uns con unhas caracteristicas e outros con outras pero non se pode manexar e repito menos en veteranos un equipo en funcion de tres ou catro xogadores que parece ser que son mesis.....
e esta e un arma de doble filo porque hay xente que vos vai este ano e se cadra o ano que ven xa non esta, e hay mota xente que leva dende casi que se fundou o equipo tirando do carro todos os anos....
Coidado non vos estoupe o tema e pa o ano nin uns nin outros...

un que pasaba cerca dijo...

o dos comentarios que fagan os comentarios que queiran, porque os de Carballo, xogan en Coristanco, os de Camariñas en Nantón, os de Nantón en Castris, etc, etc, y se nestos momento no Xuventude hai moitos xogadores da zona da Coruña, viñeron uns chamados polos outros. O equipo inicial no que xogaban ata 10 xogadores de Cances acabouse, os anos pasan a xente retírase e gracias as novas incorporacións sigue o equipo, pero ollo o equipo non é dos Surribas, de Tino ou de Sindo, esta xente o único que fai e traballar e intentar que o equipo siga, pero o equipo realmente fano os xogadores, eles bastante fan con colaborar, ¿ou que ventaxe quitan? digovolo eu ningunha, solo traballos e perda de tempo, pero no fondo quen se divirte son os xogadores, eles só traballan. Organizan festas e memoriales que lle dan moito traballo, pero o que quita o proveito son os xogadores que se divirten no campo, eles colaboran con traballo y poñendo cando menos a cuota que poñen os xogadores, e ata vos poido dicir que se aguantan e polos xogadores, se quexeran ser directivos de verdade teñeno facil porque en calquer equipo Federado poden exercer esa labor. ¿En que equipo por 10 euros o mes se disfrutan de catro ou cinco comidas o ano? En nígún, e máis o día que se cansen estou seguro que adios o Xuventude, tempo o tempo.

Xogador do Cances dijo...

Teño unhas preguntas para UN:
-¿Quen é o mandamáis que ten queimada a xente?
-¿Que cousas fai pa queimala xente?
-¿Quén son os Mesis do equipo?
-¿Quén son os que levan dende o comenzo "tirando do carro"?
-¿Quén son os que poden deixar o equipo colgado o ano que ven?
Xa que non temos narices a identificarnos nos comentarios, polo menos as críticas facedeas con nombres e apelidos, e non a medias. O mellor pasa que todo o que dis é mentira e so queres tocar o "carallo". Si das nomes, posiblemente os aludidos pondríanche no teu sitio.

Xogador do Cances dijo...

Por certo, compartir todo o que dí o tercer comentario, e o meu agradecento, e penso que o de todos para os Sorribas, Sindo, Tino, Manolo, etc ... pola labor que fan, sin a cal seguro que non había equipo.

UN dijo...

Pa ese xogador do cances, que polo que di non se entera moito da pelicula, decirlle algunhas cousas:
Primeiro xa vexo como te identificas ti......
Segundo deberias falar mais cos teus compañeiros e enton xa saberias de que falo,e como estas cego vouche dar nomes. Suso xa nin ven, Vila e Manolo nin se cambian si hay xente, pa que. Leo e Javi xa veñen tarde porque xa sabe o que hay. Joaquin, Pallin, Fidel, Vega xa saben cando e canto van xogar antes de empezalo partido. Despois xente lesionada e xoga igual con compañeiros no banquillo, xogadores cansaos pedindo o cambio e non se lles da porque son imprecindibles e enton se cambia de posicion no campo a tres ou catro xogadores pa facer un cambio...
Ti donde xogas ou......
E isto que esou a dicir pensao moita xente e quen che diga que si hay xente non lle importa xogar mais ou manos minte, o que pasa que se calan por non buscar problemas...
Aqui meu o unico imprescindible e o porteiro e porque non hay outro, e ainda asi cando non pode estar siguese xogando porque imprescindible nun equipo de veteranos no hay ninguen...
Cando xe lle da mais importancia o xogador ca persoa malo, e senon tempo o tempo....

mais cerca dijo...

¡¡¡ostias!!! esto estase quentando.
casi vai a ter moita razon o comentario de UN DIJO ese sabe, polo que escrive sabe de que vai todo esto. Pero tranquilos a mostra temola nun equipo que ganou liga -copa,liga -copa.

eumismo dijo...

bueno,bueno mira por donde fai cousa de unhas semans (podese ver en anteriores) eu dixen que a maioria dos xogadores falaban castelan e contestanronme entre outras cousas que debia ter complexo xa nin lle contestei complexo tirao de non falar galego pero bueno.
e referiame atodo esto que se comenta esta semana o fin e o cabo o jogo bonito todo dios opina pero o que di Un e precisamente o que comentei eu con outras palabras pero a que lle doia ou non esa e a realidade.
ser campeons ,subcampeons,ou decimosegundos a estas alturas non debera servir pa nada pero non se pode facer un equipo competitivo mais xogar todos.
apregunta queda no tellado os mellores ou todos(depende a que se lle chame mellores)o que fai a tv.

o cuñado dijo...

Leo chega tarde porque sempre chegou tarde e ademais eu creo que lle gusta ser o ultimo. non porque vaia ser suplente. por certo eu falo galego e entendome perfectamente cos outrose .
Creo q o q deberia facerse e alabalos porque ten moito merito ter q levantarse unha hora antes co resto pa xogar e ser dos preiros en chegar chova ou neve e non faltar nunca.
se xogamos todos aqui e porque nos gusta e o pasamos ben senon non iriamos todos os partidos 18 ou 19.

Anónimo dijo...

Pois Fidel,Pallin e Vega o outro día creo que xogaron bastante tempo

deja vu dijo...

O que está pasando aquí xa pasou antes en outros equipos,pero tranquilos,cando xogando os que en teoría son mellores,non se gane nada tampouco e se mire po banquillo e estes que xogan este ano xa non estén porque irán a outro equipo a ganar títulos,e non haxa mais ca un cambio,a xente preguntarase porque marchou fulanito ou menganito.O mismo can con distinto collar;lease,bergantiños,buño,ponteceso,cabana,etc.

ollos que ven dijo...

Vamo a ver polo que estou vendo ao Xuventude vanlle 19 ou 20 xogadores todos os días, o adestrador parece que os pon a xogar a todos, e intenta repartir os minutos sin desesquilibrar o equipo mais do necesario o lóxico é que non xogue todo o mundo o queira, e polo que eu vin nulgún partido, por exemplo contra o Cabana, o entrenador psaas putas para que todos poidan xogar, pareceme unha falta de respeto con él o que se está a decir aquí. O que ten que ter algun dos queixicas que lle parece que non xoga tempo suficiente e concentrarse mas en axudar os compañeiros no campo e deixarse de lerias. Parece de nenos pequenos: aquel xogou mas ca mi.....por favor que eso pasa nos infantiles. En canto a sembrar a discordia intentado facer dous grupos ides jodidos, primeiro "os da Coruña" como lles chama algún son de donde lle cadra: de Arteixo, de Villarrodris, incluso algún naciu en Coristano, ¿e cal é o outro grupo? ¿os de carballo? que un naciu en Leiloyo, na Laracha, en Malpica, anda a cargar...non vades a conseguir o que vos propoñodes, podedes soltar a meder que queiradades pero non o vades a conseguir..

Anónimo dijo...

teño que darlle a razon a algun dos comentarios que aqui se estan poñendo, polo que se ve no cances algo esta apasar e os mandatarios do equipo anter que sentarse e comentar estes desacordos que se estan producindo e espero que esto non perjudique o equipo xa que estadelo facendo moi ben.

un aficionado dijo...

Pero ¿Que carallo pasou en Buño?
Si chegades a perder po proximo partido tera que xogar o adestrador solo, asi non teria moitos problemas cos cambios e como di o deja vu esto pasoulle a outros equipos antes (o home e o unico animal que tropeza co a misma pedra duas veces) e seguira pasando.

o vila dijo...

Hay grupitos.que va, é broma.Eu en cances paso de carallo,tanto cos da coruña coma cos demais.quen goberna de onde eres,eu nacín en Mens,vivo en carballo e caseime en vimianzo.De onde son?.os "da coruña"estan contentos en cances e nos con eles.A maioria levan no equipo un lote de anos,alguns dende o primer ano de veteranos.xa estou un pouco farto dalguns comentarios que se fan.en todalas casiñas hai seus problemas,pois a tratar de arranxalos e o carallo.e se non xogo é porque non quero.sobranme os minutos que me dan.o corpo xa non é o que era.un saudo a todos. pd-GARCIA estas coma un toro

Xogador do Cances dijo...

Sabio Vila, coma sempre os teus comentarios reflexan o espiritu deste equipo e deste grupo. No Cances non hay nengún problema e todos nos levamos de puta madre. O que pasa con algún xogador que ten menos minutos e unha evolución natural de todolos equipos. Ou é que nos vos acordades de xente que estivo no primeiro ano como Antonio, Ramón, Sindo, o difunto Facal, Sorribas, etc... que se foron apartando de xogar a medida que entraba xente máis nova. Hoxe en día os Javier, Vila, Suso, Manolo, etc ... son xente que ven igual os partidos, xogen ou non (cousa que non vexo en moitos equipos). En poucos anos os Pallín, Joaquín, Moi, tamén irán deixando paso a xente que ven con máis forza coma Suso Gary, Isidro, Josito, Fidel, etc...