XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

lunes, 19 de diciembre de 2011

UN SET, O CORCUBION FÍXONOS ON SET: XUVENTUDE 2 -- CORCUBIÓN 6

O domingo xogamos (?), é un dicir, nas Eiroas en Carballo ás 12,00. O resultado foi de escándalo 2-6 a favor de o Corcubión, e polo acontecido no campo poideron ser outros 4 ou 5. Borraronos do campo, pasaronnos por enriba, foi coma se estivesen xogando con un equipo de alevins, non nos viron diante.
Cando cheguei o campo estabamos a perder por 0-2 e era o minuto 15, iso xa o dí todo, despois estuven atendendo ao partido do Barca e Depor e de cando en vez miraba para o campo, total para o que había que ver......... O Corbución sabe ao que xoga, ten xente rápida, tácticamente saben o que fan, xógana ben e sobre todo viñan con moitas ganas de gañar. Foron un ciclón, e  ben poideron levar outros catro o cinco goles máis ao seu favor. Só queda felicitalos foi un repaso importante de un equipo que ten gañas de facer algo grande. Noraboa ao Corcubión.
Pola nosa parte que vou dicir que non sepades, que é un querer e non poder. Nós nos campos grandes non sabemos xogar, non somos bos tácticamente, nin físicamente nin metalmente. Consecuencia cando nos colle un equipo serio como o Corcubión, pasadita al canto. Eche o que hai.
Felicitar tamén a excelente actuación do colegiado CASTI, creo que foi de 10. (Como  sempre aparecen toca-cojones nos comentarios, cando critico a actuación de algún árbitro que o fai mal intencionadamente, pois agora toca loubanzas para Casti, espero que alguien meta no seu móvil este comentario para ensinalo, como parece que se fai cando as criticas non son boas, je,je, eu escóñome de risa). E digo que foi de 10 porque así o percibin eu, non sei os demáis, pero esa é a miña percepción.
Pouco queda que dicir salvo que todo o crédito que con tanto suor nos costou conseguir durante os meses anteriores tirámolo pola borda, coma sempre, no mes de Decembro. Xa o ano pasado nos pasou igual. Creo que nos ataca o "virus do Nadal".
O resto da competición podemola tomar con tranquilidade, con moita tranquilidade, será millor para todos.

FOTIÑOS DO PARTIDO:

13 comentarios:

o cuñado dijo...

Non pasa nada, a seguir pasandoo ben que para eso son estas ligas. O único malo desta primeira volta foi a lesiòn de Bernardo o resto é de nove sobre dez. Estamos xogando todos e despois dunha volta enteira de competición seguimos a ir a xogar todos a maioría dos domingos, e os q non van é porque non poden ou estan lesionados, e eso non é fácil e non creo q haxa moitos equipos q o poidan dicir.
FELICES FESTAS A TODOS E ATA XANEIRO.

UN LAMBÓN dijo...

como carallo vamos a gañar se este ano non se fixo nin unha sola cea, bueno aparte da da Bombonera, outros anos xa levabamos tres polo menos. Sen ceas non hai resultados.

sergio dijo...

Moitos animos berni. Creo que o lambon ten razon,ai que facer mais ceas. Boas festas e a cargar as pilas(mais ben cargar os estomagos)que e o que toca agora,en xaneiro xa voltaremos a xogar,si a Xogar

Anónimo dijo...

Evidentemente Casti e o mellor árbitro da liga,pois esta federado como arbitro,creo que o único...pero meu,dis que estabas a ver o fútbol no bar,e o mesmo tmpo asegurar que o árbitro estibo de 10..non o tomes por onde non é,o mellor dixeroncho os xogadores.Eu o que creo e que o importante e que se fagan respetar,e se teñen que mandar a caseta a dous ou a tres que son os que fan follón,coa debida sanción exemplar por parte do comite,teríamos unha mellor liga.

o vila dijo...

Si,festas agora que empezo o RAMADAN.Animo pa McLaren,que pronto este a darlle a pelota.bo Nadal a todos.ah e decir que o Corcubion ten un grandisimo equipo.do partido non falo,xa escribiu todo Sindo

susoxxl dijo...

Traquilos, queda toda uha segunda volta.
feliz navidadad e que o ano novo veña cargado de cousas boas para todos.

CALIGULA dijo...

O amigo Sindo, outra crítica "constructiva" o seu equipo. Menos mal que é o seu equipo, que se non ... Gustaríame ver algunha opinión táctica pola súa parte que poda mellorar este tremendo desbaraxuste que él comenta, o mellor aprendemos algo, xa que ve as cousas tan claras.
Posicións de xogadores, esquemas de xogo, etc ... Alguén que ten unha opinión tan clara, podía enseñar algo.
Eu persoalmente o que vín foron un par de errores individuais nos primeiros minutos, que nos costaron 2 goles e descompuxeron o equipo. Despois en vez de ter tranquilidade, vin caras largas, miradas o chan, discusions entre compañeiros, e por último o mister que empezou a facer cambios tácticos e posición de xogadores coma se fora Mouriño, o sea unha remexenda. Aínda con todo iso na segunda parte co partido roto, plantouse cara e se non fora polo penalti desposis do 3-1 ou do balón de García con 4-2 lambendo o pau habría que ver como acababa o conto.
Pero claro, si un ta vendo o Barcelona na tele e torce a cabeza e ve o Cances e normal que as comparacións sexan odiosas.

Coma dixera un cabeza cuadrada moi conocido : SEMPRE NEGATIFOOO, NUUUNCAAA POSITIFOOOOO ....

Un bico pa todos, feliz Navidad e feliz año 2012.

Anónimo dijo...

Moita razon ten o caligula este, demasiada caña Sindo. Exceptuando este partido que creo que foi un accidente propiciado por un mal dia en xeral de todos ou case todos, o equipo levaba unha trayectoria boa e por un partido non se pode tirar todo pola borda.
Quero puntualizar ademais que dende fai un mes mais ou menos houbo moitas baixas ( moitas lesions, moitas ceas, etc....) e eso tamen se nota.
E por ultimo tamen comentar que con respecto a posicion dos xogadores, esquemas de xogo e todo iso, estades toleando un pouquiño....
Un exemplo este domingo, moitos xogadores ( Garcia, Pallin, Vega, Joaquin, Malpica ) xogan en varias posicions o largo do partido, iso e unha desfeita.... fixadevos nos demais veredes como non hay tanta revolta,,,
En veteranos un central e central, un interior e un interior e un dianteiro e dianteiro e tanto invento non che e boa cousa....
Podese cambiar un xogador de posicion un partido por necesidade pero non por norma case todos os partidos.....
Felices festas e sorte pa o ano

SINDO dijo...

Non teño por costume contestar aos comentarios pero esta vez sí o vou a facerEsto vai para Calígula, sabes unha cousa, aquí xa nos coñecemos todos, ou eso pensades algúns, e eu o que non son é un hipócrita, cando vexo que o equipo non xoga ben polas circunstancias que sexan, ou porque non lle sae, ou porque o contrario (que non inimigo) e superior, digo e xa está, aínda que para tí non sexa una crítica "constructiva". Se non che gusta a miña forma de facer as crónicas do blog tes todo o dereito a contestar, pero vexo que te das por aludido, sinal inequívoca de que algunha razón debo de ter, sobre todo cando falas en primeira persona do plural.... Non pretendo darlle leccións tácticas a nadie, faltaría máis, porque eu non son Mouriño; pero sí podo, e vouno a facer, dar unha visión do que a min me parece que se fai ben ou mal. Seguramente eres un xogador moi sensible que necesitas moitos aloumiños para poder rendir en plenitude, pero se cadra tamén eres un dos que tende a darlle máis o pico que as pernas. Do entranador non teñas a desfachatez nin de falar del , porque bastante fai con estar ahí, aguantando as críticas e as chorimiqueiras, cando en realidade se volve tolo para poder poñer un once para comenzar a xogar porque todo dios chega as once menos cinco. E non é él o responsable do desbaraxuste que houbo no campo, si vos manda xogar non sitio e non se lle fai caso.....¿que vai facer?.Sí vín o Barca sí, faltaría máis, o que seguramente non te vería "xogar" o que se dice "xogar" seguramente foi a tí, jejee. De todos os xeitos se eres masoquista e che gusta levar choscas, tí mesmo. FELICES FESTAS ¡¡¡PARA TODOS EN XERAL!!!!, pero especialmente para BERNI. Grande Berni, recuperate pronto.

un amigo dijo...

cada vez que perdedes quentanse as cousas.
recordovos que todos xogades no mesmo equipo.

felices festas

outro lambón dijo...

andooo que xa estuvestes ben pior. De todolos xeitos ten razón lambón¿onde collóns van esas festas que faciades?

GUAU dijo...

perder ou gañar ¿que máis dará? Comer, beber, divertirse eso debia de ser o espiritu da competición. E non olvidarse do resto de fo.....ja, ja, ja.. FELICES FESTAS.

CALIGUAL dijo...

O dito, SEMPRE NEGATIFOOOOOOOO, NUNCA POSITIFOOOOOOOOOOO. Vendo a contestación do Sr. Sindo; "quen se pica allos come".