XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

jueves, 19 de enero de 2012

SEGUNDA VOLTA: XUVENTUDE 6 -- BERGANTIÑOS 2

Comenzou a segunda volta do campionato e tocounos enfrentarnos ao campión do ano pasado: O Bergantiños. O Vinculeiro segue a ser un campo talisman e conseguimos gañar 6-2, con goles de Leo, Josito, Pallín, Vega e Joaquín.  A victoria tivo un alto precio porque Chuspo o noso porteiro lesionouse nunha rodilla. Esperemos que a cousa non sexa grava. ¡¡ÁNIMO CHUSPO!!. A verdade é que parece que nos mirou un torto, é raro que en cada partido non se lesione un de nós. Paciencia e xa virán tempos millores.
Pouco vos podo dicir do partido porque non asistin a él.
O día 8 de Xaneiro xogáronse os partidos atrasados. Os favoritos da competicion gañaron e como pode verse na clasificación O Corcubión, San Román e Castriz, están imparables. Creo que este ano serán os tres que opten a levar a liga. O Corcubión e toda unha realidade, xa o ano pasado fixo unha gran tempada, e esta ano coas novas incorporación parece ser o equipo a batir, sen embargo o San Román, coma sempre, está ahí, e que decir do Castriz que ven de menos a máis e nos últimos partidos confirma o que todo o mundo tieña previsto o principio da tempada despois de ver o equipazo que xuntou. Estes tres equipos van poñendo terra por medio e con toda seguridad van a disputar a súa liga particular. Quedan moitos puntos por disputar e o que máis e o que menos vai a perder partidos, esto é unha carreira de resistencia e o que sexa máis regular levaráse a liga.
Con respecto a nós decir que a ver se pasamos a mala racha de lesións que nos está a asolar, e a ver se recuperamos xente porque estamos xustiños, xustiños.
Noraboa aos xogadores que disputaron o partido o domingo porque a pesares de estar 13 e o final 12 pola lesión do porteiro, conseguiron un triunfo brillante contra o vixente campión, que aínda que perdiu efectivos segue a ser un equipo en toda a regla
O domingo toca Baio, campo difícil e moi grande........

1 comentario:

un fan do Xuventude dijo...

¡¡¡¡Animo Chupo!!!! espero que a lesión non sexa grave e poidan regresar pronto a portería.