XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

martes, 12 de agosto de 2014

AMIGOS DE MICHEL-XUVENTUDE DE BERGANTIÑOS, 13 de Xullo de 2014

O día 13 de Xullo celebrouse un partido en Cances entre os Amigos de Michel e o Xuventude. Era o colofón a unha temporada rara, na que principalmente o equipo sufriu para manter a categoría debido aos poucos efectivos que acudían cada domingo a xogar. Durante toda a liga poucas veces houbo máis de dous ou tres cambios. Fichas había dabondo, pero as ausencias por unhas causas ou por outras foron frecuentes. A pronta eliminación da copa foi máis un alivio ca unha decepción. O único productivo da tempada foi a a consecución do título de máximo goleador de primeira división que por parte de DIEGO.


Despois de case que dez anos ininterrumpidos moitos dos xogadores  que conformaron aquél primeiro equipo alá polo 2004, decidiron abandonar o Xuventude, que non a práctica do fútbol. Os anos pasan, os equipos son cada vez máis competitivos e comprendo que cando un non ven a pasalo ben xogando o fútbol, senón a sofrir, é completamente normal que se queira deixar, a mín personalmente pasoume fai xa algún anos, ainda que por necesitades haxa que facer ficha.

Cuba, Moi, Joaquín, aguantaron con nós dez anos, desde o principio, Chegaron sendo uns rapaces de 30 anos y marchanse sendo uns maduriños, eso sí, aínda en boa forma. Sempre lle estaremos et agradecidos por vir a unha pequena aldea de Carballo a botarnos unha man. Estamos orgullosos de haber compartido con eles tantos e tantos domingos, tantos e tantos churrascos na sede social do Fergo. O Xuventude de Bergantiños agradécevos os esforzo que fixestes durante dez anos, porque somos conscientes de que vir desde a Coruña a Cances un domingo de inverno pola mañán non é doado. GRACIAS POR SER COMO SODES. O agradecemento faixe extensibles a todos os demáis que sen levar tanto tempo como os anteriores tamén decidiron poñer fin a súa etapa no Xuventude: Fidel, Kiko, Diego....é para aqueles que aínda non o teñen claro de todo, o de deixalo o non, tamén o noso agredecemento, e decirlles a todos que ésta é a súa casa.

Do partido solo dicirvos que foi unha festa que culminou nunha copiosa  comida para case sesenta personas na casa do noso Presidente Tino, pasámolo de maravilla, comemos moi ben, reimos cantamos y bebemos......jejeje, uns máis ca outros.....pero o final todo o mundo feliz. O Presidente que tamén está canso e quere deixalo, estaba feliz, pese a que foi él, unha vez máis quen cargou con todo o peso do traballo e organización. Creo que vai institucionalizar o partido para que así nos poidamos xuntar polo menos unha vez ao ano. Que así sexa.

Esto sigue, así que agora déxovos con unhas fotos do partido, da comida non teño: disfrutádeas e a ver se nos atopamos o ano  próximo.

No hay comentarios: