XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

lunes, 26 de noviembre de 2007

CORCUBIÓN 2 --- XUVENTUDE 2

O domingo fomos a Corcubión diezmados. Debido a diversas circunstancias o equipo chegou con 12 xogadores, co cal tivemos que xogar os cincuentóns case todo o partido. Pese a todo xogouse un aceptable partido. O Corcubión xogou ben a favor de vento, sobre todo nos primeiros 20 minutos, co seu fútbol clásico de combinación. Domingos marcou o 1-0 y nunha xogada desafortunada para nós, marcaron o 2-0 de corner directo, iso sí, axudado polo vento e o balón que aunque duro (era un mikasa) pesaba tan pouco que parecía un balón de praia. Nos últimos 20 minutos da primeira parte despertamos un pouco y xa empezamos a controlar o partido.
No descanso 2-0 y nos con 12......¡mi madriña o que nos podía esperar na segunda parte!.
Pois non, o equipo saíu coma unha moto. En cinco minutos empatamos 2-2. Primeiro un penalti de libro sobre Bernardo que trasformou "O pelat Sorribas", y a reglón seguido, case sen dar opción ao rival, unha gran triangulación, con pase final de Pardo a Jorge que por velocidade plantouse diante de porteiro y superouno por abaixo. A partires de aquí un toma e daca, con dúas moi boas ocasións nosas, e outra deles.
Resultado xusto, bo fútbol, campo moi bó, ¡noraboa aos de Corcubión por ese campazo! ¡lastima ese maldito vento!, comportamento excelente dos dous equipos e arbitraxe sen complicacións.
Seguimos loitanto para entrar entre os "cinco magníficos".

1 comentario:

Davizinho27 dijo...

Bueno alegrome por ese empate despois de ir perdendo 2 - 0 no descanso.
Esta semana non podo opinar do partido debido a que non estiven presente.
Veña un saúdo