XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

jueves, 22 de noviembre de 2007

O DOMINGO A CORCUBION: HAI QUE DAR O DO DE PEITO

O domingo desprazámonos a Corcubión para disputar un partido que pode ser importantisimo para nós. Caso de gañar daríamos un paso de xigante nas nosas aspiracións de meterse no "top ten" (si home, si, coma os do tenis), ese grupo de elite que terá a sorte de disputar a "ensaladeira de ouro" e gañar este torneo intercontinental da costa da morte. Claro que como os de San Román sigan por ese camiño vai a ver que facerlle una liga aparte. ¡Compañeiros baixade un pouco o acelerador que estades aburrindo o personal!
Non teño noticias de como quedou a despedida de Xaquín, tampouco teño reportaxe fotográfico sobre o evento. Supoño que algún ainda estará recuperándose.
Estamos ultimando os estatutos para convertirnos nunha asociación deportivo-cultural, esto último queda moi fino. Os que queiran ser socios fundadores que traian unha copia do DNI. Isto ten que estar listo antes de Navidad.
En fin, darlle a benvida a DAVIZINHO, o único que escribe comentarios neste blog, porque os demáis a verdade non participades un carajo. Sigue así DAVIZINHO, estou pensando seriamente en darche o cargo de redactor-comentarista dos partidos, porque insisto os demáis están muermos. Nin mandan fotos o correo-electrónico, ni fan comentarios, nin na de na........

No hay comentarios: