XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

domingo, 9 de diciembre de 2007

DERROTA EN NANTÓN: NANTÓN 2- XUVENTUDE 0

Hoxe o Nantón derrotounos 2-0 nun campo en moi bo estado, pese as choivas. O partido terminou 0-0 na primeira parte na que o equipo local tivo a posesión, pero sempre controlado, sobre todo por Vila, fántástico como sempre como medio defensivo (¿cántos kilómetros recorrería?), pero non tiveron nin unha ocasiónde gol, por contra nos tivemos una e media, e digo media, porque unha foi de verdade, Pallín aproveitou un pase en profundidade e plantouse na área, escorado a dereita, pero o balón no quiso entrar e saiu pegado o pau; e media. porque o mesmo Pallín saiu do noso campo e cando se ía só cara a portería o árbitro pitou fora de xogo. Na segunda parte continuou a mesma historia, moito control deles, sobre todo nos primeiros quince minutos, pero nada de efectividade. O partido rompiuse cando o Nantón sacou un corner sen perigro, despexamos, recolliuna na línea media un xogador do Nantón, mandouna cara a parte dereita de nosa defensa e cando Ramón quixo ir a pola pelota, cruzouse o árbitro facéndolle unha "placaxe" que lle impediu chegar ao balón, e o delanteiro aproveituou para mandar a área un pase raso que un dos seus compañeiros materializou. Pasados uns minutos, roubaron una pelota na nosa defensa e sentenciaron o partido. En resumen, no partido de hoxe foi superior o Nantón sobre todo en dominio, pese a que nos estrelamos un tiro no pau e tivemos inclusive co 2-0 algunha que outra ocasión.
Hoxe volvemos a ser 13, porque Leo nada máis saír lesionouse, pero pese a todo, a actitude do equipo foi magnífica. Esperemos recuperar a xente importante que nos falta para a segunda parte da liga....e sobre todo manter este espíritu de equipo, porque así espérannos moitas tardes de bó fútbol, a veces e tan importante a actitude coma os resultados.
De todos os xeitos temos que seguir luchando se queremos entrar non "top ten" porque o Vimianzo gañou hoxe en Cabana 0-4 e quedan 9 puntos por disputar. Dependemos exclusivamente de nós.
Que sepades que xa teño os estatutos da ASOCIACIÓN DEPORTIVO-CULTURAL XUVENTUDE DE BERGANTIÑOS DE CANCES feitos. Nun principio van ir nove como membros fundadores e directiva provisional. Teñen que firmar os estatutos, a acta fundacional, e traer unha copia do DNI os siguentes: Tino, Manolo Rodríguez, O Vasco, Facal, Luis de Áurea, Luis "O Míster", "Pelat Sorribas", Sindo e Manolo Sorribas. Isto, insisto, é provisional e ten como fin formar a Asociación, despois poderá celebrarse unha Asamblea para elixir nova DIRECTIVA. Por favor, a ver si o domingo que ven podemos ter todo listo.
FELICIDADES AOS AMIGOS DE DO SAN LORENZO POR ACADAR O SÚA PRIMEIRA VICTORIA, ESTABA VISTO QUE ERA CUESTIÓN DE TEMPO, O SEU XOGO E OS RESULTADOS ASÍ O FACÍAN PREVER. Esta é a grandeza do fútbol, a semán pasada o D. Carballo derrotou o líder e esta semán perdiu co colista. Non hai enemigo pequeno e aquí todo o mundo sabe o que ten que facer coa pelota.

4 comentarios:

Davizinho27 dijo...

Aquí estou cumplindo co meu comentario semanal.
O partido de hoxe foi moi disputado e con gran dominio de balon do Nanton sen crear ocasions de gol,para min resultado totalmente inxusto.Gustoume moito a actitude do Cances sobre o terreo de xogo moi ben plantado e con un orden exquisito.Vou destacar a actuación de Vila que foi o q cortou todo o xogo no centro do campo,impresionante na súa labor,acompañado dun gran Sindo que tamén fixo unha labor exquisita e por último destacar a gran actuación de Ramón no lateral dereito sobre todo na segunda parte.

Veña un saúdo

XUVENTUDE DE BERGANTIÑOS dijo...

Grazas polo comentario e polas loubanzas inmerecidas no que a mín respecta. Quedanme poucas carreiras por botar, a máquina xa non da máis de sí ¡e menos mal, xan van centos de miles de kilómetros! Vamos dedicarnos ao "sillon bol" que é máis descansado. Grazas tamén por ser o único que participa neste foro. Os demaís parece que "pasan", e como da chollo de carallo, creo que un día destes vou a cerrar o chiringuito.

Anónimo dijo...

vamos vamos xa sera para menos que o estas a facer moi ben tanto na faceta de redactor coma de xogador,e hai que ter moi en conta as cronicas que fai daviziño que lee os partidos coma nadie,saudos a ambo-los dous dende coruña

XUVENTUDE DE BERGANTIÑOS dijo...

Moi ben Vega. Daviziño, parece que xa temos outro socio máis neste conto de internet, a ver si se anima máis xente. Que esto é para pasalo ben. En canto a tí Vega, que te recuperes o más ràpido posible de esa lesión tan grave e inoportuna. Quédanche moitos....moitos...goles que marcar co Xuventude...moitos e bós (vaia golazo ao Nantón na primeira volta).Así que ánimo...moito ánimo.
Un saúdo desde Carballo