XUVENTUDE 2010/11
MARCADOR DE ENTRADAS
lunes, 3 de diciembre de 2007
E A ESTRELA DO DOMINGO FOI: CUBA. XUVENTUDE 1 - MALPICA 0
E a estrela do domingo foi sen lugar a dúbida CUBA, o noso porteiro, que o parou todo. Partidazo o librado polo noso cancerbeiro, inconmensurable. Dos ou tres man a man, unhas palomitas, unhas estiradillas....en fin...nin un só titubeo. Por iso na victoria acadada contra o Malpica (1-0) o verdadero heroe foi CUBA.
O partido foi mais ben froxiño pola nosa parte.
No primeiro tempo dominamos máis e tivemos máis ocasións que eles, pero na segunda parte San Cuba librounos dunha derrota que non sería nada inxusta, dado que o Malpica tuvo fases nas que nos dou unha boa malleira de fútbol. Pero este deporte e caprichoso e bastou unha gran mañán do noso porteiro e tamén recolocar un pouquiño a posición no campo, para meter estes tres puntos tan importantes no saco.
Ainda así, pese a non facer un bo segundo tempo, poidemos sentenciar se Bernardo tivera atinado nun remate dentro da area que repeliu o pau. O dito, " chapeau" para o cancerbeiro. A seguir así.
O XOVES 6, vamos ao campo das Redondas de Cabana a enfrontarnos ca nosa besta negra O CABANA (pasounos por enriba na primeira volta (1-7 ) e xa nos diron varias marimbas, sobre todo en Cances ). Se gañamos ese partido temos un pé metido entre os cinco primeiros case seguro. Así que .......ollo, ademáis como poderedes apreciar no seu divertido blog (felicidades por él) teñen fichaxes galacticos de última hora e veñen de gañar en Corcubión.
FELICITAR AO SAN LORENZO POR HABER ACADADO O SEU PRIMEIRO PUNTO, SEGURO QUE NON SERÁ O ÚLTIMO NESTA PRIMEIRA FASE. MERECÍADELO POLO XOGO REALIZADO ULTIMAMENTE.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
A verda e que este domingo tivemos a san Cuba na porteria porque senon fora asi vaia malleira nos caería.Na 1ª parte non houbo gran futbol por ningunha das dúas partes pero,o cances tivo mais posesion do balon pero na 2ª foi un autentico monologo do malpica.Para min inmerecida victoria do Cances pero tamen na 1ª volta solo se sacou un punto de Malpica cando se mereceron os 3 pero o fútbol e así.
Xoves hai que vencer o Cabana para estar con pe e medio entre os 5 primeiros.
Saúdos
Publicar un comentario